Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Novo aumento de contaxios e de casos activos de coronavirus. Nas ultimas 24 horas diagnosticáronse algo máis de 2 mil novos casos. Unha cifra tan alta non se regxistraba desde mediados de febreiro.

Os conselleiros de Sanidade debaten hoxe sobre se chegou o momento de retirar a máscara nos interiores. Dende Galicia, o comité clínico mostrase prudente, pero a inmunóloga Afria González cre que chegou a hora de avanzar na relaxación desta medida.

Xornada reivindicativa en Ferrol cando se cumpre medio século da morte de dous traballadores de Bazán por disparos da policía. Os sindicatos consideran que é tamén unha xornada para seguir coas accións reivindicativas.

A familia de Débora Fernández satisfeita tras detectarse restos de ADN masculino nas unllas do cadáver da moza. Mañá declara en Tui como investigado o exnoivo de Déborah, o principal sospeitoso para a policía.

O tempo. temos máis nubes qe claros. As chuvias vanse ir xeralizando conforme avance a tarde.

O sector pesqueiro agarda que se aproben compensacións pola suba dos prezos do gasoil. O próximo martes haberá unha reunión no ministerio. Pero, de momento, moitos xa decidiron que para non perder cartos é mellor non sair a faenar.

Núñez Feijóo xa é candidato á prsidencia do partido Popular e mañá empesa a percorrer España en campaña interna, pero de momento non aclara cando vai deixar a presidencia da Xunta.

E novidade no caso da morte da moza Déborah Fernández. Un día antes de que compareza no xulgado a súa exparella, coñeceuse que se atoparon restos de ADN na unllas da victima.

O tempo. Baixaron as temperaturas mínimas e van seguir as chuvias... que serán xeralizadas pola noite.

Álberto Núñez Feijóo acaba de presentar en Madrid, xa de forma oficial a súa cadidatura a presidencia do Partido Popular a Nivel Nacional. Este venres comezará a campaña electoral coa que percorrerá o país. Baixo o lema "Preparados" Feijóo presentouse en Génova como a alternativa para vencer a Sánchez.

Moi Boas Tardes.... E continúa a preocupación polo impacto económico da Guerra de Ucraína. A suba dos preszos do gasóleo e da electricidade está a probocar o cese da actividade de moitos sectores. No da Pesca, tralo parón da flota de Celeiro poderían sumarse tamén as de Vigo.

Viaxamos no autobús que leva axuda humanitaria de Lalín á fronteira da guerra. Traerá de volta a medio cento de refuxiados.

As confrarías galegas decidirán o sábado un posible amarre da flota polo alto prezo do gasóleo. Moitos armadores xa dediciron por conta propia non sair a faenar porque a actividade non é rendible.

Stellantis anuncia a suspensión temporal da cuarta quenda do sistema 1, a última que estaba a traballar. O sindicato CUT convocou unha concentración ante a sede da Xunta para denunciar as consecuencias negativas que teñen as sucesivas paradas pra os traballadores.

O SERGAS diagnosticou outros 1.900 novos positivos de coronavirus. Agora os casos activos son case 17.500. Pero, os hospitalizados baixan dos 400 por primeira vez desde Reis.

Unha de cada tres botellas da denominación de orixe Rías Baixas xa se vende no exterior. En 2021 exportou case un 17 por cento máis. Danse así por superadas as crises do Brexit e a pandemia, e non temen grandes repercusións da guerra en Ucraína.

O tempo. Rexístranse ventadas fortes na costa norte e chuvias que serán máis intensas no oeste.

Complicase a viabilidade dalguns sectores polas consecuencias derivadas da invasion rusa de ucraina. Os que estaban peor, como a pesca ou a gandaría, son, lóxicamente, os primeiros en resentirse e non ven outra saida que o cesamento da actividade. O contrario sería traballaar a perdas.

Pero non son os únicos....

Hoxe Núñez Feijóo formaliza a súa candidatura á presidencia do PP... antes pasará polo Parlamento galego, e non esquecemos as mobilizacions do 8-M.

Hoxe teremos o ceo cuberto e hai aviso por forte vento no litoral norte.