Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Nuñez-Feijóo, ha animado a cualquier persona que tenga un proyecto para el PP a presentarse en el próximo Congreso extraordinario para dirigir el partido, y ha dicho que él anunciará su decisión este miércoles tras la reunión de la Junta Directiva del PP de Galicia. Así lo ha asegurado tras la Junta Directiva Nacional del PP, en la que el todavía líder del partido, Pablo Casado, ha intervenido y donde se ha aprobado la celeración de un Congreso los próximos días 2 y 3 de abril tra sla crisis en el PP causada por el enfrentamiento entre la dirección del partido y la presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, entre acusaciones de "posible tráfico de influencias" y espionaje, por unos contratos para la compra de mascarillas por la Comunidad de Madrid.

Foto: El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoó, a su llegada a la reunión Ejecutiva Nacional del PP que se celebra este martes. EFE/ Rodrigo Jimenez

Hoxe empeza a conta atrás para que o Partido Popular inicie unha nova etapa cun novo presidente. Se non hai sorpresas será o terceiro galego. Tras Manuel Fraga e Mariano Rajoy, agora semella que tomará o liderado do PP Alberto Núñez Feijóo. Alomenos así llo piden tódo-los dirixentes rexionais. O propio Pablo Casado, durante a súa intervención na Xunta directiva do PP, a que convocará o Congreso extraordinario, para o 2 e 3 de abril, tivo palabbras de agradecemento para o presidente do PP galego. Dixo que sempre contou con él e que Feijóo tamén o terá a sua disposición.

Se non hai cambios, Feijóo anunciará mañá a súa candidatura..Hoxe de momento non falou.

Emerxencia sanitaria na Coruña que permite á empresa Tragsa asumir o servizo do lixo, o concello xa identificou a algunhas das persoas responsables dos actos vandálicos contra ós camións e contedores, esta noite de novo, vairos contedores foron queimados.

Preocupación dos veciños de Grixoa, en Santiago, polo temor a que o novo plan de restauración da canteira de Miramontes traia consigo outro vertedoiro.

Novas mobilizacións dos veciños do Couto, en Oleiros, pra reclamar un paseo de peóns e diminución da velocidade permitida nun tramo perigoso con parada do transporte escolar.

Finaliza a actividade nos puntos de cribado sen cita nas áreas sanitarias de Santiago-Barbanza e Coruña-Cee ante a boa evolución da pandemia.

O alcalde de Santiago pon data a finalización da parte principal das obras de Concheiros, será o 11 de marzo

O Partido Popular da hoxe o primeiro paso para o relevo de Pablo Casado coa convocatoria dun Congreso extraordinario e mañá o presidente do PP galego dirá, se como parece, presenta a súa candidatura.

En Galicia, a oposición considera que o seguinte será deixar a presidencia da Xunta.

Este martes estamos pendentes tamés de Alcoa: reunión no ministerio para avaliar o plan que debe concluir coa reapertura da actividade. E, coñecemos a sentenza que condena a Ana Sandamil a prision permanente revisable. A primeira muller en Galicia cunha sentenza semellante

Prisión permanente revisable para Ana Sandamil. A nai da pequena de sete anos, Desirée Leal, entrará en prisión, logo de que a Audiencia Provincial de Lugo ratifique a condena de asasinato. O xurado xa a declarara culpable dos feitos o pasado 16 de febreiro.

Mentres as familias dos mariñeiros do Vila de Pitanxo, pensan en denunciar a empresa armadora do arrastreiro. Din que as explicacións que lles deron sobre o naufraxio non son claras e queren que se investigue a fondo. Así o anunciaron esta mañá tras reunirse en Pontevedra coa Subdelegación do Goberno, para coñecer a que axudas poden acceder as familias e os plans de reanudación da busca.

O concello da Coruña contrata outra empresa para retirar o lixo amoreado nas rúas, estuda sancionar á actual concesionaria, que ata agora non explica cal é o motivo da situación

Familiares dos mariñeiros do Villa de Pitanxo estudian emprender accións legais para esclarece-las causas do naufraxio. Non lles convencen os argumentos da armadora. O Delegado do goberno, José Miñones, que estivo hoxe con elas nunha reunión en Pontevedra agarda que esta semana xa se lle poida tomar declaración ós tres superviventes e máis adiante se poida acceder ó buque afundido en terranova. entón poderase sumar máis información sobre o que provocou o naufraxio.

Sen solución ó conflito da recollida do lixo na Coruña... hoxe comezan os reforzos da concesionaria nas quendas de mañá e tarde pra intentar sacar as bolsas dos contedores ateigados e das rúas ante os problemas das quendas nocturnas...

Preocupación en Val do Dubra pola intención dunha empresa de instalar un vertedoiro na parroquia de Niveiro, veciños e concello rexeitan o proxecto.

Queixas tamén da asociación de veciños de EIRÍS pola ampliación do complexo hospitalario, denuncian o gasto de fondos públicos nunhas instalacións moi deterioradas e avogan por construir un novo hospital.

Último día pra votar polo carballo do Banquete de Conxo pra que a árbore compostelá sexa a árbore europea do ano.

Nos deportes, o Deportivo xa non é lider de Primeira Federación tras empatar a cero co San Sebastian.