Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A central térmica de Endesa parará esta noite debido á falta de carbón. Os camioneiros que transportan o mineral desde o orto de Ferrol secundan, de momento, o paro do transporte.

Na pesca, aínda que hai un acordo, a situación está lonxe de normalizarse. Os barcos do cerco veñen de decidir que o luns reanudarán a actividade na confianza de que neste periodo se restableza a normalidade no transporte.

Non hai unanimidade no paro da hostalaría. A Confederación de Empresarios de Hostelaría de Galicia non apoia. De momento só o fai unha das dúas asociacións de Santiago.

O Consello da cultura estrea en formato podcast "A camisa", unha peza teatral de Lauro Olmo. A obra narra en cinco capítulos o drama da emigración. E unha homenaxeó autor no centenario do seu nacemento.

O tempo. Aumenta algo a inestbilidade pero seguen as temperaturas altas.

Os acordos no transporte e na pesca pouco ou nada fixeron mudar a situacion de momento.

No transporte, na solución pactada non está a plataforma convocante dos paros polo que haberá que agardar se acepta a proposta do goberno. Na pesca, algo parecido.. a maioría dos armadores manteñen o amarre á espera de que se concreten ás medidas de apoio. No caso da pesca tamén inflúe que aínda que saian a faenar terían dificultade para para distribuir as capturas.

E o goberno non enviará un equipo técnico para buscar o Villa de Pitanxo, afundido en terranova. As familias non ocultaron a súa decepción

A actividade pesqueira vaise retomando en Galicia ainda que de maneira desigual. A flota do Cerco prefire seguir amarrada ata que se aproben as medidas anunciadas polo ministro de pesca. Mentres a Federación galega confradías sí chama aos mariñeiros a traballar.

Moi Boas Tardes...Unha actividade que retoman a pesar de que continúan os paróns no transoporte. Esta tarde os camióneiros volveron sair as rúas de Santiago e Vigo. Esixen que non se lles exclúan das reunións co Ministerio e Goberno coma a que se celebra en Madrid.

E as familias dos 21 desaparecidos no Vila de Pitanxo están desilusionados coa decisión do Goberno, de non retomar a busca dos corpos.

Disgusto das familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo. O Goberno comunicoulles que non vai enviar ningún para tentar localizar arrastreiro afundido no caladoiro de Terranova.

A industria do mexillón está paralizada tamén pola folga no transporte e os prezos dos carburantes. Os bateeiros non recollen o produto das cordas polos costes do gasoleo e a industria non traballa pola falta de mexillón e de subministros.

Cambios no protocolo de illamento dos positivos en coronavirus. Desde o luns, Galicia illará só ós contaxiados vulnerables. Sanidade pide manter as mesmas medidas de precaución.

En Vigo 17 plataformas en defensa da sanidade pública da comarca mobilizáronse fronte a delegación da Xunta. Piden recursos e profesionais para os centros das súas vilas, nos que a situación din é insostible.

O tempo. Predominan os ceos despexados, só hai algunhas nubes na na metade leste. As temperaturas case de verán.

O sector pesqueiro volve ó traballo. Non atopou concreción nas medidas que se van aprobar para compesa-los pola suba do gasóleo, pro dan unha marxe de confianza ó ministerio. Volven ó traballao sen saber se as capturas poderán chegar ós puntos de venda porque a que segue é o paro de transporte. Hoxe hai unha nova reunión no ministerio, pero non están os convocantes da protesta.

E hoxe as familias dos mariñeiros do Villa de Pitanxo agarda que o Goberno lles expoña o plan para acceder ó arrastriro