A Xunta activa ata o sábado unha alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e laranxa na montaña de Ourense, interior da Coruña e centro de Lugo, por risco para a saúde. As máximas en boa parte de Galicia superarán os 30 graos. Cómpre buscar sombra, beber auga e evitar o exercicio físico nas horas de máis calor.
Educación dálle a benvida aos máis dun milleiro de novos profesores que se incorporan este curso aos centro educativos da Xunta, destacando a renovación que supoñen do cadro docente do ensino público. Estréanse como funcionarios en prácticas, teñen 32 anos de idade media e o 70 por cento son mulleres.
A xunta activa, desde hoxe ata o sábado, unha alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e laranxa na montaña de Ourense, interior da Coruña e centro de Lugo, por risco para a saúde | Educación dálle a benvida aos máis dun milleiro de novos profesores que se incorporan este curso aos centro educativos da Xunta. Estréanse como funcionarios en prácticas, teñen 32 anos de idade media e o 70 por cento son mulleres | Na Coruña, as obras do paseo da Ría do Burgo están a piques de concluír. Unha ambiciosa construción que comezou trala rexeneración da ría e que unirá de xeito peonil os concellos da Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre | No que vai de verán, máis de 17.400 persoas pasaron a ver ‘A derradeira leición do mestre’, unha das obras máis simbólicas de Castelao. É a exposición temporal máis visitada na historia do Museo de Pontevedra. 03-09-2026
Os termómetros xa se achegan ao mediodía aos 33 graos no Monte Aloia en Tui. Estanse a cumprir as previsións cun aumento notable das temperaturas. A Xunta activa un alerta vermella por calor no interior de Pontevedra. Meteogalicia avisa de que se poden superar os 36 graos no Miño de Pontevedra e Ourense e no sur de Lugo nesta tarde de intensa calor en toda Galicia. 03-09-2026
Educación dálle a benvida aos máis dun milleiro de novos profesores que se incorporan este curso aos centro educativos da Xunta | Numerosa asistencia ás concentracións en moitos concellos galegos en apoio a Ceuta e contra a xestión que o Goberno está facendo da crise | O Dépor investiu 26 millóns en fichaxes, así que entra con forza en Primeira e semella que aspira a algo máis que a permanencia | No que vai de verán, máis de 17.400 persoas pasaron a ver o cadro ‘A derradeira leición do mestre’, unha das obras máis simbólicas de Castelao. É a exposición temporal máis visitada no Museo de Pontevedra. 03-09-2026
Educación dálle a benvida aos máis dun milleiro de novos profesores que se incorporan este curso aos centro educativos da Xunta. Estréanse como funcionarios en prácticas, teñen 32 anos de idade media e o 70 por cento son mulleres | Numerosa asistencia ás concentracións en moitos concellos galegos en apoio a Ceuta e contra a xestión que o Goberno está facendo da crise. En Santiago, outra manifestación para condenar a reacción racista a utilización política da crise | O Dépor investiu 26 millóns en fichaxes, así que entra con forza en Primeira e semella que aspira a algo máis que a permanencia | No que vai de verán, máis de 17.400 persoas pasaron a ver o cadro ‘A derradeira leición do mestre’, unha das obras máis simbólicas de Castelao. É a exposición temporal máis visitada na historia do Museo de Pontevedra. 03-09-2026
A volta ao cole pon a proba a capacidade das librarías, o sector editorial e as empresas loxísticas. No polígono da Reigosa, en Pontecaldelas, visitamos a sede de Arnoia, a segunda distribuidora de España de libros e material escolar. Actualmente ten en stock cinco millóns e medio de exemplares e milleiros de artículos con destino a librarías e papelerías.
Dentro dunha semana comeza o curso escolar, pero nos colexios xa están traballando para que arranque sen problemas. Limpar, ordenar, organizar programas e actividades... Trátase de que estea todo listo cando chegue o alumnado a encher as aulas.
O paro aumentou un 2,2 por cento en agosto en Galicia, máis que a media do conxunto do estado. Os servizos e, en menor medida, a agricultura e a industria son os sectores nos que máis se incrementou | Dentro dunha semana comeza o curso escolar, pero nos colexios xa están traballando para que todo arranque sen problemas. Limpar, ordenar, organizar programas e actividades... | Visitamos a sede de Arnoia, a segunda distribuidora de España de libros e material escolar | As familias de acollida despídense estes días dos nenos saharauís dos campamentos de refuxiados de Tinduf cos que compartiron o verán. Galicia é a comunidade que máis nenos acolle no programa Vacacións en Paz. Este ano foron máis de 300.. 02-09-2026
Seguen a subir as temperaturas neste mércores no que agardamos unha tarde de auténtico verán con máximas que poden chegar en moitos puntos aos 30 graos. Máis frescos polo norte, na Coruña apenas pasaran dos 23 e con máis calor en Ourense onde poden acadar os 34. Ascenso térmico que continuará mañá cando de novo se volverán activar avisos por calor. 02-09-2026
O paro aumentou un 2,2 por cento en agosto en Galicia, máis que a media do conxunto do estado. Os servizos e, en menor medida, a agricultura e a industria son os sectores nos que máis se incrementou | Dentro dunha semana comeza o curso escolar, pero nos colexios xa están traballando para que todo arranque sen problemas | Na Ribeira Sacra xa están en plena vendima. Agardan recoller 5.500 toneladas | As familias de acollida despídense estes días dos nenos saharauís dos campamentos de refuxiados de Tinduf cos que compartiron o verán. 02-09-2026
O paro aumentou un 2,2 por cento en agosto en Galicia, máis que a media do conxunto do estado. Os servizos e, en menor medida, a agricultura e a industria son os sectores nos que máis se incrementou | Dentro dunha semana comeza o curso escolar, pero nos colexios xa están traballando para que todo arranque sen problemas. Limpar, ordenar, organizar programas e actividades... | Na Ribeira Sacra xa están en plena vendima. Comezaron a colleitar a uva a mediados de agosto, máis cedo que nunca nesta denominación de orixe. Agardan recoller 5.500 toneladas | As familias de acollida despídense estes días dos nenos saharauís dos campamentos de refuxiados de Tinduf cos que compartiron o verán. Galicia é a comunidade que máis nenos acolle no programa Vacacións en Paz. Este ano foron máis de 300. 02-09-2026
Setembro comeza con cambios nos prezos dos carburantes. O gasóleo baixa, porque a partir de hoxe se lle aplica una rebaixa fiscal de 20 céntimos, que antes era só de dez, e sobe a gasolina á que agora se lle rebaixa a subvención a cinco céntimos | O primeiro Consello da Xunta do curso aprobou hoxe unha partida de 60 millóns de euros para axudar aos concellos a garantir o abastecemento de auga aos veciños, a pesar da situación de seca | A seca, a avespa velutina e a praga da varroa reduciron este ano a menos da metade a produción de mel en Galicia. Reclaman das administracións un plan para rescatar un sector de grande importancia medioambiental. 01-09-2026
Tarde de ceos despexados agás no extremo norte. Despois dunha mañá que amenceu fresca con temperaturas que caeron ata pouco máis de tres graos en Calvos de Randín. Agora agardamos máximas moi semellantes ás de onte arredor dos 25 graos, 31 en Ourense. Temperaturas que empezarán subir mañá e sobre todo a partir do xoves. 01-09-2026
Setembro comeza con cambios nos prezos dos carburantes. O gasóleo baixa, porque a partir de hoxe se lle aplica una rebaixa fiscal de 20 céntimos, que antes era só de dez, e sobe a gasolina | O Consello da Xunta do curso aproba unha partida de 60 millóns de euros para axudar aos concellos a garantir o abastecemento de auga aos veciños | A seca, a avespa velutina e a praga da varroa reduciron este ano a menos da metade a produción de mel en Galicia. Reclaman das administracións un plan para rescatar o sector | A rúa máis cara para comprar vivenda en Galicia está preto de Canido, en Vigo. 01-09-2026
Setembro comeza con cambios nos prezos dos carburantes. O gasóleo baixa, porque a partir de hoxe se lle aplica una rebaixa fiscal de 20 céntimos, que antes era só de dez, e sobe a gasolina á que agora se lle rebaixa a subvención a cinco céntimos | O primeiro Consello da Xunta do curso aprobou hoxe unha partida de 60 millóns de euros para axudar aos concellos a garantir o abastecemento de auga aos veciños, a pesar da situación de seca | A seca, a avespa velutina e a praga da varroa reduciron este ano a menos da metade a produción de mel en Galicia. Reclaman das administracións un plan para rescatar un sector de grande importancia medioambiental | A rúa máis cara para comprar vivenda en Galicia está preto de Canido, en Vigo. Unha rúa de chalés con xardín e acceso directo á praia que custan arredor de dous millóns de euros. 01-09-2026
Entramos no cárcere de Teixeiro para asistir a un concerto. Aquí a música forma parte do tratamento penitenciario. A través dela buscan desenvolver a motivación, as habilidades sociais e a reinserción dos internos.