Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pendentes da evolución da lúa e do sol, entre as nubes nalgúns puntos costeiros, ou con ceo totalmente despexado na maior parte do territorio. Así transcorreu o paso por Galicia da eclipse total, un fenómeno astronómico histórico, que deixa comentarios para tódolos gustos | A suba do IPC interanual sitúase no 4,1 % no mes de xullo en Galicia. Uha cifra que sitúa a nosa comunidade medio punto por riba da media do conxunto de España, impulsada polo aumento dos prezos da vivenda, a electricidade e os combustibles. Os alimentos, en cambio, dan un lixeiro respiro e baixan seis décimas respecto ao mes anterior | Comenza a recollida de uva en Valdeorras, na que se converte na vendima máis temperá da historia desta denominación de Orixe, debido ás altas temperaturas das últimas semanas, que adiantaron a maduración. Os colleiteiros contan con superar os 8 millóns de quilos | O Real Madrid conquista o Trofeo Teresa Herrera, ao vencer ao Deportivo da Coruña por 1-0 con gol de Brahim. O encontro supón o peche da pretemporada para o conxunto coruñés, logo do seu ascenso a primeira  . 13-08-2026

Mirar o ceo sempre espertou a curiosidade da humanidade. Pero moito antes dos telescopios espaciais ou das misións á Lúa, foron instrumentos como astrolabios, globos celestes ou esferas armilares os que permitiron comprender o Universo. O Museo Centro Gaiás percorre esa historia nunha exposición que convida a descubrir como aprendemos astronomía.

Condicións favorables de visibilidade en prácticamente toda a zona da eclipse total. Así é a previsión de Meteogalicia de como estará ceo, dende as sete da tarde ata as nove | primeira eclipse solar total que será visible en Galicia en máis dun século provoca unha enorme expectación. A cidade da Coruña destaca como un dos mellores lugares para observarla | Programar os desprazamentos con antelación e seguir as indicacións das autoridades. Son as recomendacións para esta xornada de eclipse dende o Centro de Coordenación Operativa, o CECOPI | O Real Madrid de Xose Mourinho xa descansa no seu hotel de concentración en Coruña antes de desputar esta noite en Riazor contra o Dépor o trofeo Teresa Herrera. Un clásico dos amigábeis do noso fútbol, marcado pola eclipse total que se vai poder ver na cidade media hora antes. 12-08-2026

Mantense a influencia das altas presións, cunha masa de aire moi cálido, con ceos despexados en toda Galicia. A partir de media tarde volven entrar as nubes baixas polo norte. As temperaturas experimentan un lixeiro ascenso, con alerta laranxa por máximas por riba dos 39 graos no Miño de Ourense, Valdeorras e Sur de Lugo. 12-08-2026

Condicións favorables de visibilidade en prácticamente toda a zona da eclipse total. Así é a previsión de Meteogalicia | O presidente da Xunta e o delegado do Goberno, reunidos no CECOPI coinciden en recomendar aos cidadáns planificación e paciencia | 32 concellos galegos están xa en situación de alerta por escaseza de auga, nas concas do río Lérez e do Anllóns, con prohibición de encher piscinas, regar xardíns o duchas nas praias e fontes ornamentais | O Real Madrid, chega a Coruña para enfrontarse ao Deportivo, na súa volta á Primeira logo de oito anos fóra da máxima categoría. 12-08-2026

Así é a previsión de Meteogalicia de cómo estará ceo, dende as sete da tarde ata as nove, unha vez rematado o fenómeno astronómico: Despexado en prácticamente toda a zona da eclipse total, agás nas comarcas de Bergantiños e parte da Costa lucense, e incerteza na cidade da Coruña | O presidente da Xunta e o delegado do Goberno, reunidos no Centro de Coordenación Operativa, o CECOPI, coinciden en recomendar aos cidadáns planificación e paciencia. Anunciaron un reforzo dos servizos de transporte público en dirección ás zonas de maior visibilidade | 32 concellos galegos están xa en situación de alerta por escaseza de auga, nas concas do río Lérez e do Anllóns, con prohibición de encher piscinas, regar xardíns o duchas nas praias e fontes ornamentais | O Real Madrid, chega a Coruña para enfrontarse ao Deportivo, na súa volta á Primeira logo de oito anos fóra da máxima categoría. Desputarán o Trofeo Teresa Herrera, pouco despois da eclipse. Un partido que poderán seguir en directo en Televisión Española aquí na primeira e en RTVE Play. 12-08-2026

A falta de precipitacións preocupa en varias poboacións.

32 concellos están en alerta por seca e terán que tomar medidas.

Non se pode usar auga da traída para usos que non sexan esenciais como regar xardíns, baldear rúas ou encher piscinas.

A localidade costeira de baiona, en Pontevedra, que aumenta a súa poboación polo verán, está pendente do encoro de Baíña, se non hai chuvias nas próximas semanas terán que conectar o suministro a Vigo.

Unha eclipse total non só muda a apariencia do ceo durante uns minutos: tamén pode ter consecuencias sobre a saúde e o estado de ánimo. É o chamado efecto asombro, unha emoción intensa que a ciencia relaciona coa conexión cos demais e coa percepción da nosa propia pequenez.

Preparativos para contemplar a eclipse, ante unha previsión de desprazamentos masivos. A Coruña anuncia un dispositivo histórico con máis de 400 efectivos de seguridade | A Xunta declara o nivel de alerta por seca no sistema do río Lérez e no do río Anllóns e costa da Coruña, como consecuencia da escaseza acumulada de precipitacións e a diminución progresiva dos caudais | A declaración da emerxencia cinexética polo xabaríl busca protexer o gando e cultivos, e reducir a súa presenza nas estradas. Agricultores e sindicatos dan a benvida a esta medida, mentres que os sectores ecoloxistas considerana inxustificada | Na Coruña, a banda deseñada é a protagonista. Máis de 70 autores invitados e 24 exposicións nas diferentes salas da cidade. 'Viñetas dende o Atlántico' fai especial fincapé no cómic social e en recuperar o público infantil e xuvenil . 11-08-2026

A entrada de aire cálido do sur fai subir aínda máis as temperaturas. Néboas matinais pola costa e o interior, que levantan ao longo da mañá para dar paso a ceos despexados. As temperaturas máis altas no sur de Lugo e no val do Miño en Ourense, onde se activa unha alerta amarela por chegar aos 38 graos. 11-08-2026

A Coruña anuncia un dispositivo histórico con máis de 400 efectivos de seguridade, bombeiros e protección civil | A Xunta declara o nivel de alerta por seca no sistema do río Lérez e no do río Anllóns e costa da Coruña, como consecuencia da escaseza acumulada de precipitacións | A autorización da Xunta aos comercios para abrir en domingos e festivos provoca unha nova protesta, en Vigo | Protexer o gando e os cultivos e evitar a presencia cada vez maior de animais nas estradas, obxectivos da emerxencia cinexética aprobada pola Xunta para o xabaril | Xa está en marcha Viñetas desde o Atlántico, a cita, na Coruña, cos mellores artistas da banda deseñada. 11-08-2026

Preparativos nos puntos máis destacados para contemplar a eclipse, ante unha previsión de desprazamentos masivos. A Coruña anuncia un dispositivo histórico con máis de 400 efectivos de seguridade, bombeiros e protección civil. Haberá aparcamentos disuasorios, reforzo de liñas de autobús e desvíos nos accesos ás principais zonas de visualización | A autorización da Xunta aos comercios para abrir en domingos e festivos provoca unha nova protesta, en Vigo. Comisión Obreiras, apoia a folga convocada para este sábado | Protexer o gando e os cultivos e evitar a presencia cada vez maior de animais nas estradas. Son os obxectivos da emerxencia cinexética aprobada pola Xunta para o xabaril. Unha medida que permite abatir exemplares sen cupo e a diario | Xa está en marcha Viñetas desde o Atlántico, a cita, na Coruña, cos mellores artistas da banda deseñada. Unha edición que fai fincapé no cómic social e e busca recuperar o público no máis novo a afección ás novelas gráficas. 11-08-2026

Coa conta atrás xa en marcha para o evento astronómico, Confírmase que estará despexado en máis do 80 por cento dos concellos onde a eclipse será total | A instalación no porto de Ferrol do maior fabricante de coches eléctricos chineses preocupa ao ministerio de Defensa. Os organismos encargados da seguridade alertan pola proximidade das instalacións ao Arsenal naval e aos estaleiros de Navantia | O Turista francoarxentino que estaba illado nun domicilio en Galicia por un caso de hantavirus recibe a alta, tras dar negativo na proba PCR | A avespa velutina segue gañando terreo en Galicia. No primeiro semestre deste ano aumentaron un 85% os avisos, con máis de 12.000 niños retirados. Os apicultores alertan das graves consecuencias que están a ter nas colmeas | A Coruña volve converterse desde hoxe na capital do cómic coa inauguración da nova edición de Viñetas desde o Atlántico. 10-08-2026

Comeza a semana con suba de temperaturas sobre todo polo sur. Despois dunha mañá de nubes baixas e brétemas, os ceos quedan despexados. As máximas oscilan entre os 25 graos na Coruña e os 35 de Ourense. Temperaturas altas, ao redor dos 30, tamén en cidades coma Santiago, Pontevedra, Lugo ou Ferrol. 10-08-2026

Meteogalicia confirma que o ceo estará despexado en máis do 80 por cento dos concellos onde a eclipse será total | Preocupación do ministerio de Defensa pola proximidade da planta de SAIC en Ferrol a instalación militares | Máis de 10.000 peregrinos chegan a Santiago, durante a fin de semana | O Turista francoarxentino que estaba illado nun domicilio en Galicia por un caso de hantavirus recibe a alta | No primeiro semestre deste ano aumentaron un 85% os avisos de presencia de avespa velutina, con máis de 12.000 niños retirados. 10-08-2026

Meteogalicia ofrece a previsión do estado do ceo para o momento da eclips con zonas en bermello, na costa norte, nas que ameaza nubosidade. Confírmase, en cambio, que estará despexado en máis do 80 por cento dos concellos onde a eclipse será total | A Xunta insta ao goberno central a facer compatible a seguridade nacional coa instalación no porto de Ferrol da primeira fábrica europea da compañía chinesa SAIC. Así o indicou o presidente da Xunta tras facerse pública a preocupación do Ministerio de Defensa pola proximidade da planta a instalacións militares estratéxicas | Máis de 10.000 peregrinos chegan a Santiago, durante a fin de semana, que se confirma como a de maior afluencia do que vai de ano. En soidade ou en compañía, os recén chegados califican o Camiño como unha experiencia única que transforma as súas vidas | Os avisos para retirar niños de velutina aumentan un 80 por cento no que vai de ano, con máis de 12.000 intervencións realizadas. Os apicultores din que e o peor ano dende a chegada da especie invasora en 2013. 10-08-2026