Preparativos para os desprazamentos masivos pola eclipse | Declarada a Alerta por seca no Lérez e o Anllóns | Viñetas desde o Atlántico, na Coruña
11/08/2026 00:10:00Preparativos para contemplar a eclipse, ante unha previsión de desprazamentos masivos. A Coruña anuncia un dispositivo histórico con máis de 400 efectivos de seguridade | A Xunta declara o nivel de alerta por seca no sistema do río Lérez e no do río Anllóns e costa da Coruña, como consecuencia da escaseza acumulada de precipitacións e a diminución progresiva dos caudais | A declaración da emerxencia cinexética polo xabaríl busca protexer o gando e cultivos, e reducir a súa presenza nas estradas. Agricultores e sindicatos dan a benvida a esta medida, mentres que os sectores ecoloxistas considerana inxustificada | Na Coruña, a banda deseñada é a protagonista. Máis de 70 autores invitados e 24 exposicións nas diferentes salas da cidade. 'Viñetas dende o Atlántico' fai especial fincapé no cómic social e en recuperar o público infantil e xuvenil . 11-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado