Preparativos para os desprazamentos masivos pola eclipse | Protesta contra apertura comercial en domingos e festivos | Cita co cómic, na Coruña
11/08/2026 00:25:01Preparativos nos puntos máis destacados para contemplar a eclipse, ante unha previsión de desprazamentos masivos. A Coruña anuncia un dispositivo histórico con máis de 400 efectivos de seguridade, bombeiros e protección civil. Haberá aparcamentos disuasorios, reforzo de liñas de autobús e desvíos nos accesos ás principais zonas de visualización | A autorización da Xunta aos comercios para abrir en domingos e festivos provoca unha nova protesta, en Vigo. Comisión Obreiras, apoia a folga convocada para este sábado | Protexer o gando e os cultivos e evitar a presencia cada vez maior de animais nas estradas. Son os obxectivos da emerxencia cinexética aprobada pola Xunta para o xabaril. Unha medida que permite abatir exemplares sen cupo e a diario | Xa está en marcha Viñetas desde o Atlántico, a cita, na Coruña, cos mellores artistas da banda deseñada. Unha edición que fai fincapé no cómic social e e busca recuperar o público no máis novo a afección ás novelas gráficas. 11-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado