Condicións favorables para disfrotar esta tarde da eclipse | O CECOPI pide planificar os desprazamentos | O Real Madrid chega para xogar co Deportivo
12/08/2026 00:25:00Así é a previsión de Meteogalicia de cómo estará ceo, dende as sete da tarde ata as nove, unha vez rematado o fenómeno astronómico: Despexado en prácticamente toda a zona da eclipse total, agás nas comarcas de Bergantiños e parte da Costa lucense, e incerteza na cidade da Coruña | O presidente da Xunta e o delegado do Goberno, reunidos no Centro de Coordenación Operativa, o CECOPI, coinciden en recomendar aos cidadáns planificación e paciencia. Anunciaron un reforzo dos servizos de transporte público en dirección ás zonas de maior visibilidade | 32 concellos galegos están xa en situación de alerta por escaseza de auga, nas concas do río Lérez e do Anllóns, con prohibición de encher piscinas, regar xardíns o duchas nas praias e fontes ornamentais | O Real Madrid, chega a Coruña para enfrontarse ao Deportivo, na súa volta á Primeira logo de oito anos fóra da máxima categoría. Desputarán o Trofeo Teresa Herrera, pouco despois da eclipse. Un partido que poderán seguir en directo en Televisión Española aquí na primeira e en RTVE Play. 12-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado