Tres de cada catro municipios galegos teñen avisos por escaseza da auga e 32 deles están en alerta por seca | Estabilizado o incendio forestal de Ponteareas tras queimar unhas 60 hectáreas | Para previr os incendios, cada vez máis comunidades de montes empregan o gando, para limpar e manter a raia a vexetación. En Vincios, en Gondomar, utilizan vacas, cabras e ovellas de razas autóctonas galegas | O Concello de Santiago homenaxea o que foi alcalde republicano da cidade Ánxel Casal, asasinado hai hoxe 90 anos. 19-08-2026
Tres de cada catro municipios galegos teñen avisos por escaseza da auga e 32 deles están en alerta por seca. Repasamos como está a situación nas zonas máis afectadas | O último incendio forestal do que informa a Xunta comezou a arder onte á tarde en Ponteareas e esta mañá deuse por estabilizado tras queimar unhas 60 hectáreas | Para previr os incendios, cada vez máis comunidades de montes empregan o gando, para limpar e manter a raia a vexetación. En Vincios, en Gondomar, utilizan vacas, cabras e ovellas de razas autóctonas galegas | O Concello de Santiago homenaxea o que foi alcalde republicano da cidade Ánxel Casal, asasinado hai hoxe 90 anos. Ademais de político, Ánxel Casal foi unha figura decisiva no galeguismo de antes de guerra civil. 19-08-2026
A calor vai apertar esta tarde, sobre todo no sur de Galicia. A Xunta e os servizos meteorolóxicos advirten de temperaturas que van roldar os corenta graos en boa parte de Ourense, na zona do Miño de Pontevedra e mesmo nas Rías Baixas | A comunidade de montes de San Vicente, no Grove, levará aos xulgados á Deputación de Pontevedra. Nos anos 20 cedéronlle terreos na beira do mar para construír un hospital para tuberculosos, que na actualidade opera como hotel de xestión privada. Piden que se restaure o uso público ou unha indemnización | Cúmprense 90 anos do asasinato de Federico García Lorca. O poeta tivo unha intensa relación con Galicia. Rosalía de Castro serviulle de inspiración e escribiu na nosa lingua. 18-08-2026
Os termómetros seguen disparados e hoxe aínda subirán máis as temperaturas sobre todo na metade sur. Hai varias alertas vermellas activadas en Valdeorras e nos vales do Miño en Pontevedra e Ourense onde poden chegar aos 42 graos, por riba dos 37 poden ter nas Rías Baixas, en aviso laranxa e arredor dos 35 na Montaña de Lugo. Na metade norte temperaturas por riba dos 30 graos en Lugo e Santiago, 28 en Ferrol e uns 26 na Coruña. Temperaturas que empezan a descender a partir de mañá. 18-08-2026
A calor vai apertar esta tarde, sobre todo no sur de Galicia. A Xunta e os servizos meteorolóxicos advirten de temperaturas que van roldar os corenta graos en boa parte de Ourense, na zona do Miño de Pontevedra e mesmo nas Rías Baixas | Na cidade de Ourense comezan as obras para crear un refuxio climático | Deportivo regresa á Primeira División cun empate no marcador e certas protestas nas bancadas | Federico García Lorca tivo unha intensa relación con Galicia. Rosalía de Castro serviulle de inspiración e escribiu na nosa lingua. . 18-08-2026
A calor vai apertar esta tarde, sobre todo no sur de Galicia. A Xunta e os servizos meteorolóxicos advirten de temperaturas que van roldar os corenta graos en boa parte de Ourense, na zona do Miño de Pontevedra e mesmo nas Rías Baixas | Na cidade de Ourense comezan as obras para crear un refuxio climático, una zona que axude a rebaixar as temperaturas ata en tres grados | Deportivo regresa á Primeira División cun empate no marcador e certas protestas nas bancadas. A novas incorporacións no equipo foron quen de evitar un resultado máis negativo | Cúmprense 90 anos do asasinato de Federico García Lorca. O poeta tivo unha intensa relación con Galicia. Rosalía de Castro serviulle de inspiración e escribiu na nosa lingua. Agora, el é quen serve de inspiración para outros creadores. 18-08-2026
O encoro de Baíña, que fornece a Baiona, a un terzo da súa capacidade. Este e outros concellos galegos manteñen restricións no uso da auga pola seca, sen previsión de chuvias a curto prazo | Aos que estean de vacacións, este ano vailles custar un pouco máis saír cear ou tomar algo nunha cafetería. Os prezos na hostalaría encarecéronse en Galicia un catro por cento desde hai un ano | A un ano dos peores incendios forestais do século en Galicia, que afectaron sobre todo á provincia de Ourense, lembrámolos co fotógrafo Brais Lorenzo, que documentou esa vaga de lumes. 17-08-2026
Loce o sol en toda Galicia e seguirá apertando a calor polo menos ata mediados de semana. Hoxe de novo con alerta vermella en 35 concellos da montaña de Ourense e interior de Pontevedra. Altas temperaturas en toda a metade sur con máximas por alí que poden superar os 37 graos nas Rías Baixas e ata 40 interior. Calor tamén no norte con temperaturas ao redor dos 30 graos en cidades coma Ferrol, Santiago ou Lugo. 17-08-2026
O encoro de Baíña, que fornece a Baiona, a un terzo da súa capacidade. Este e outros concellos galegos manteñen restricións no uso da auga pola seca | Os prezos na hostalaría encarecéronse en Galicia un catro por cento desde hai un ano | O Deportivo da Coruña volve xogar un partido na primeira división da Liga, oito anos despois | A un ano dos peores incendios forestais do século en Galicia, lembrámolos co fotógrafo Brais Lorenzo, que documentou esa vaga de lumes. 17-08-2026
O encoro de Baíña, que fornece a Baiona, a un terzo da súa capacidade. Este e outros concellos galegos manteñen restricións no uso da auga pola seca, sen previsión de chuvias a curto prazo | Aos que estean de vacacións, este ano vailles custar un pouco máis saír cear ou tomar algo nunha cafetería. Os prezos na hostalaría encarecéronse en Galicia un catro por cento desde hai un ano | O Deportivo da Coruña volve xogar un partido na primeira división da Liga, oito anos despois. Será esta noite ante o Elx en Riazor. O adestrador do Dépor, que acaba de renovar á fronte do equipo, pide a unión do deportivismo | A un ano dos peores incendios forestais do século en Galicia, que afectaron sobre todo á provincia de Ourense, lembrámolos co fotógrafo Brais Lorenzo, que documentou esa vaga de lumes. 17-08-2026
No aniversario dos grandes lumes que arrasaron Galicia e en especial a provincia de Ourense conversamos con Brais Lorenzo.
O fotoxornalista leva máis dunha década documentando os incendios.
Foi premiado co World Press Photo polo traballo "Terra queimada".
O seu traballo reflicte a súa preocupación polo medio ambiente.
A clave da lonxevidade pode estar na xenética, nos hábitos ou na alimentación.
Julio Casas é un centenario de Bóveda, en Lugo. Acaba de recibir o recoñecemento e o cariño da súa familia.
Aos mandos do seu coche chega a feira de Rubián para comer polbo coa familia regado cun grolo de viño.
Até o 31 de xullo de 2027 poderanse abater sen límites no número de exemplares, tanto machos como femias.
O obxectivo é protexer o gando e cultivos, ademais de reducir a súa presenza nas estradas.
Agricultores e sindicatos están de acordo coa medida mentres ecoloxistas considérana inxustificada.
O Pazo de Meirás, residencia de verán do ditador Franco durante décadas, é desde hoxe Lugar de Memoria Democrática. Na declaración publicada no BOE lembra que foi un dos principais símbolos de poder da ditadura | Comeza a operación especial de Tráfico de mediados de agosto. Agárdanse máis de 840.000 desprazamentos polas estradas galegas debido as vacacións e as numerosas festas desta fin de semana | A praia da Punta, en Vigo, pechada ao baño pola elevada presenza de bacterias fecais na auga. Un episodio de contaminación que nas últimas semanas obrigou a izar a bandeira vermella en outros areais da ría viguesa | Hai xusto un ano sete incendios sen control queimaban decenas de miles de hectáreas na provincia de Ourense. Hoxe, nas zonas máis afectadas, a imaxe segue sendo a da destrución. 14-08-2026
Temperaturas algo máis baixas. As máximas roldaran os 25 graos polo norte, arredor dos 30 terán polas Rías e en Ourense poden chegar aos 37. A principal novidade serán os ceos máis cubertos no norte pola entrada dunha fronte pouco activa que mañá ata o mediodía podería deixar algunha chuvia. Despois Galicia recupera progresivamente a influencia do anticiclón con temperaturas máis frescas o sábado e de novo, con calor o domingo. 14-08-2026
Comeza a operación especial de Tráfico de mediados de agosto. Agárdanse máis de 840.000 desprazamentos polas estradas galegas | O Pazo de Meirás é desde hoxe Lugar de Memoria Democrática | A praia da Punta, en Vigo, pechada ao baño pola elevada presenza de bacterias fecais na auga | Hai xusto un ano sete incendios sen control queimaban decenas de miles de hectáreas na provincia de Ourense. Hoxe, nas zonas máis afectadas, a imaxe segue sendo a da destrución. 14-08-2026
Comeza a operación especial de Tráfico de mediados de agosto. Agárdanse máis de 840.000 desprazamentos polas estradas galegas debido as vacacións e as numerosas festas desta fin de semana | O Pazo de Meirás, residencia de verán do ditador Franco durante décadas, é desde hoxe Lugar de Memoria Democrática. Na declaración publicada no BOE lembra que foi un dos principais símbolos de poder da ditadura | A praia da Punta, en Vigo, pechada ao baño pola elevada presenza de bacterias fecais na auga. Un episodio de contaminación que nas últimas semanas obrigou a izar a bandeira vermella en outros areais da ría viguesa | Hai xusto un ano sete incendios sen control queimaban decenas de miles de hectáreas na provincia de Ourense. Hoxe, nas zonas máis afectadas, a imaxe segue sendo a da destrución. 14-08-2026
Unha experiencia inesquecible para todos os que a presenciamos. Centos de milleiros de galegos mirabanos onte ao mesmo tempo ao horizonte para observar un fenómeno irrepetible | En Lugo a eclipse durou case un minuto e medio polo que pagou a pena esperar despois de 121 anos. Milleiros de persoas compartiron un deses momentos díficiles de explicar e imposibles de repetir para varias xeracións | O IPC aumenta medio punto no último mes e sitúase no 4,1% en Galicia, unha das comunidades onde máis subiron os prezos en xullo. A suba estivo impulsada de maneira principal polo encarecemento da vivenda, a luz e os carburantes | Comenza a recollida de uva en Valdeorras, na que se converte na vendima máis temperá da historia desta denominación de Orixe. 13-08-2026
Loce o sol en toda Galicia nun día que seguimos con moita calor. Pola tarde activase unha alerta laranxa por máximas superiores aos 39 graos no sur de Lugo, en Valdeorras e no Miño de Ourense. No resto, lixeiro descenso na metade norte pero os termómetros superan os 30 graos en puntos coma Santiago, Pontevedra ou Lugo. 13-08-2026
Entre as nubes nalgúns puntos costeiros, ou con ceo totalmente despexado na maior parte do territorio. Así transcorreu o paso por Galicia da eclipse total | A suba do IPC interanual sitúase no 4,1 % no mes de xullo en Galicia, impulsada polo aumento dos prezos da vivenda, a electricidade e os combustibles | Comenza a recollida de uva en Valdeorras, na que se converte na vendima máis temperá da historia desta denominación de Orixe, debido ás altas temperaturas das últimas semanas | O Real Madrid conquista o Trofeo Teresa Herrera, ao vencer ao Deportivo da Coruña por 1-0 con gol de Brahim. 13-08-2026