Tres de cada catro municipios sofren escaseza da auga | Estabilizado o incendio de Ponteareas | Gando autóctono para previr incendios | Ánxel Casal
19/08/2026 00:25:06Tres de cada catro municipios galegos teñen avisos por escaseza da auga e 32 deles están en alerta por seca. Repasamos como está a situación nas zonas máis afectadas | O último incendio forestal do que informa a Xunta comezou a arder onte á tarde en Ponteareas e esta mañá deuse por estabilizado tras queimar unhas 60 hectáreas | Para previr os incendios, cada vez máis comunidades de montes empregan o gando, para limpar e manter a raia a vexetación. En Vincios, en Gondomar, utilizan vacas, cabras e ovellas de razas autóctonas galegas | O Concello de Santiago homenaxea o que foi alcalde republicano da cidade Ánxel Casal, asasinado hai hoxe 90 anos. Ademais de político, Ánxel Casal foi unha figura decisiva no galeguismo de antes de guerra civil. 19-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad