Restricións de auga pola seca | Os prezos na hostalaría encarecéronse n un catro por cento desde hai un ano | Brais Lorenzo, a imaxe dos incendios
17/08/2026 00:25:00O encoro de Baíña, que fornece a Baiona, a un terzo da súa capacidade. Este e outros concellos galegos manteñen restricións no uso da auga pola seca, sen previsión de chuvias a curto prazo | Aos que estean de vacacións, este ano vailles custar un pouco máis saír cear ou tomar algo nunha cafetería. Os prezos na hostalaría encarecéronse en Galicia un catro por cento desde hai un ano | O Deportivo da Coruña volve xogar un partido na primeira división da Liga, oito anos despois. Será esta noite ante o Elx en Riazor. O adestrador do Dépor, que acaba de renovar á fronte do equipo, pide a unión do deportivismo | A un ano dos peores incendios forestais do século en Galicia, que afectaron sobre todo á provincia de Ourense, lembrámolos co fotógrafo Brais Lorenzo, que documentou esa vaga de lumes. 17-08-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado