Os monicreques son estes días os protagonistas en Rianxo. Titiriberia, o festival de títeres tradicionais trae á vila unha chea de actividades e espectáculos que buscan conservar e renovar o patrimonio do teatro de monecos.
Volver á vila e emprender. É o que fixo unha parella de Pontedeume, na Coruña, os dous enxeñeiros. Exerceron a profesión polo mundo adiante e nos tempos da covid decidiron o retorno. Montaron un negocio de comercio electrónico co que lles gustaría animar a outros xoves empresarios.
Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a vendima comeza cun adianto de tres semanas respecto á data media da última década. Agárdase boa cantidade de uva que se dedicará, en parte, a elaborar viño sen alcohol, que cada vez ten máis demanda.
En xullo rexistráronse 1,3 millóns de noites de hotel, practicamente as mesmas o que ano pasado, e aumentou lixeiramente o número de visitantes. Iso a pesar do prezo dos aloxamentos, case un sete por cento máis caros| Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a recollida da uva arranca cun adianto de tres semanas. Agárdase boa cantidade de uva | As illas de San Simón e Santo Antón, na ría de Vigo, son desde hoxe Lugar de Memoria Democrática | En Rianxo, os monicreques son estes días os protagonistas. Titiriberia, o festival de títeres tradicionais trae á vila unha chea de actividades e espectáculos que buscan conservar e renovar o patrimonio do teatro de monecos. 21-08-2026
A fin de semana comeza con grandes claros sobre todo no centro e sur despois de que fora remitindo a chuvia que caeu nas primeiras horas. Mañá agardamos tempo anticiclónico pero cara a tarde noite poderían rexistrarse algunhas chuvias que serán máis probables o domingo pola influencia dunha borrasca situada ao oeste de Portugal. As temperaturas volven subir a partir de mañá con máximas roldando os 30 graos. 21-08-2026
En xullo rexistráronse 1,3 millóns de noites de hotel, practicamente as mesmas o que ano pasado, e aumentou lixeiramente o número de visitantes | Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a recollida da uva arranca cun adianto de tres semanas | As illas de San Simón e Santo Antón, na ría de Vigo, son desde hoxe Lugar de Memoria Democrática | En Rianxo, os monicreques son estes días os protagonistas en Titiriberia, o festival de títeres tradicionais. 21-08-2026
En xullo rexistráronse 1,3 millóns de noites de hotel, practicamente as mesmas o que ano pasado, e aumentou lixeiramente o número de visitantes. Iso a pesar do prezo dos aloxamentos, este ano case un sete por cento máis caros | Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a recollida da uva arranca cun adianto de tres semanas respecto á data media da última década. Agárdase boa cantidade de uva | As illas de San Simón e Santo Antón, na ría de Vigo, son desde hoxe Lugar de Memoria Democrática. Os usos que lles dean agora deben sen compatibles coa memoria e a reparación das vítimas | En Rianxo, os monicreques son estes días os protagonistas. Titiriberia, o festival de títeres tradicionais trae á vila unha chea de actividades e espectáculos que buscan conservar e renovar o patrimonio do teatro de monecos. 21-08-2026
Comeza unha das celebracións gastronómicas más tradicionais de Galicia, a festa da empanada de Bandeira, en Silleda. Nesta edición cumpre 50 anos. María José, unha cociñeira afeccionada que gañou o concurso en dúas ocasións, explícanos os segredos da empanada de xoubas.
As aprehensións de cocaína multiplicáronse en Galicia durante o ano pasado, mentres descenden no resto de España. Comisáronse aquí case 9.400 quilos, un 385 % máis que en 2024, segundo os datos do Ministerio do Interior. Tamén aumentaron as intervencións de haxis e marihuana. En 2025 rexistráronse case 700 detencións relacionadas co narcotráfico en Galicia.
As aprehensións de cocaína multiplicáronse por cinco en Galicia durante o ano pasado, mentres descenden no resto de España. Comisáronse aquí case 9.400 quilos | Un estudo da Universidade de Santiago conclúe que nos últimos seis meses só se recolleron na comarca de Compostela 181 litros de chuvia, a cuarta parte do habitual. As cifras indican que a zona está nunha situación de 'seca severa' | Unha empresa de Nigrán desenvolve unha tecnoloxía pioneira para que os satélites poidan orbitar a terra a moita menos altura da habitual. Terán que superar a resistencia da atmosfera, pero a cambio facilitarán imaxes máis precisas e comunicacións máis rápidas | Viaxar de vagar, durmir sobre raís e descubrir o norte mentres o propio traxecto se converte en parte das vacacións. Esa é a proposta do Transcantábrico Gran Luxo, un tren turístico con máis de corenta anos de historia e só catorce habitacións. 20-08-2026
Mudou o tempo con descenso notable de temperaturas e co regreso das chuvias. Cumpríronse os prognósticos e a entrada dunha fronte pouco activa durante a madrugada deixou precipitacións na metade norte que se irán estendo ó resto da comunidade. Agora pola tarde abriranse claros na metade oeste e as temperaturas quedarán en valores baixos para a época do ano. As máximas oscilarán entre os 22 graos previstos en Lugo e os 27 que agardan en Ourense. 20-08-2026
As aprehensións de cocaína multiplicáronse por cinco en Galicia durante o ano pasado, mentres descenden no resto de España | Un estudo da Universidade de Santiago conclúe que nos últimos seis meses só se recolleron na comarca de Compostela 181 litros de chuvia, a cuarta parte do habitual. A zona está en 'seca severa' | Unha empresa de Nigrán desenvolve unha tecnoloxía pioneira para que os satélites poidan orbitar a terra a moita menos altura da habitual | Comeza a festa da empanada de Bandeira, en Silleda. 20-08-2026
As aprehensións de cocaína multiplicáronse por cinco en Galicia durante o ano pasado, mentres descenden no resto de España. Comisáronse aquí case 9.400 quilos | Un estudo da Universidade de Santiago conclúe que nos últimos seis meses só se recolleron na comarca de Compostela 181 litros de chuvia, a cuarta parte do habitual. As cifras indican que a zona está nunha situación de 'seca severa' | Unha empresa de Nigrán desenvolve unha tecnoloxía pioneira para que os satélites poidan orbitar a terra a moita menos altura da habitual. Terán que superar a resistencia da atmosfera, pero a cambio facilitarán imaxes máis precisas e comunicacións máis rápidas | Comeza unha das celebracións gastronómicas más tradicionais de Galicia, a festa da empanada de Bandeira, en Silleda. Nesta edición cumpre 50 anos. 20-08-2026
28 persoas poden gozar desta exclusiva viaxe entre San Sebastián e Ferrol.
Unha experiencia que inclúe aloxamento, excursións e gastronomía.
Os salóns proceden de antigos coches de comezos do século XX.
A primeira viaxe foi en 1983.
Desenvolven a tecnoloxía para que o satélite se sitúe en órbitas máis baixas do habitual.
O sistema permite unha propulsión constante para que non perda velocidade e non se precipite.
Espertou o interese da OTAN sendo esta empresa é a primeira española na que inviste o seu fondo de inversión.
Non hai data para a primeira demostración. Se funciona ábrese unha nova vía para os satélites.
O concello ourensán de Avión conta con máis dun milleiro de hórreos, a maioría moi ben conservados. Máis do sesenta por cento concéntranse en case un cento de eiras, o que o converte no municipio galego co de maior número de agrupacións.
A comunidade de montes de San Vicente, no Grove, levará aos xulgados a Deputación de Pontevedra. Hai case un século cedéronlle terreos na beira do mar para construír un hospital para tuberculosos, que na actualidade opera como hotel de xestión privada. Piden que se restaure o uso público ou unha indemnización.
Cada vez máis comunidades de montes empregan o gando para limpar e manter a raia a vexetación, e así previr os incendios forestais. En Vincios, en Gondomar, utilizan vacas, cabras e ovellas de razas autóctonas galegas.
Tres de cada catro municipios galegos teñen avisos por escaseza da auga e 32 deles están en alerta por seca | Estabilizado o incendio de Ponteareas tras queimar unhas 60 hectáreas | Para previr os incendios, cada vez máis comunidades de montes empregan o gando, para limpar e manter a raia a vexetación. En Vincios, en Gondomar, utilizan vacas, cabras e ovellas de razas autóctonas galegas | O Concello de Santiago homenaxea o que foi alcalde republicano da cidade Ánxel Casal, asasinado hai hoxe 90 anos. Ademais de político, Ánxel Casal foi editor e unha figura decisiva do galeguismo. 19-08-2026
Empeza a remitir a calor abafante este mércores no que amencemos con néboas e nubes baixas e algúns orballos polo norte. Cara última hora irá entrando unha fronte que pode deixar algunhas chuvias no litoral norte e noroeste pola noite e posibilidade de chuvascos no sueste da provincia de Ourense. As temperaturas mínimas quedaron sen cambios con noite tórrida aínda en moitos puntos. As máximas hoxe oscilarán entre os 25 graos da Coruña e os 36 de Ourense. 19-08-2026