gal tx2
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 20-08-2026

Multiplícanse as aprehensións de cocaína en Galicia | A Comarca de Santiago está en 'seca severa' | O tren turístico Transcantábrico Gran Luxo

20/08/2026 00:10:02
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 20-08-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 2 20-08-2026
Telexornal Galicia 2 20-08-2026 00:10:02 20/08/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

As aprehensións de cocaína multiplicáronse por cinco en Galicia durante o ano pasado, mentres descenden no resto de España. Comisáronse aquí case 9.400 quilos | Un estudo da Universidade de Santiago conclúe que nos últimos seis meses só se recolleron na comarca de Compostela 181 litros de chuvia, a cuarta parte do habitual. As cifras indican que a zona está nunha situación de 'seca severa' | Unha empresa de Nigrán desenvolve unha tecnoloxía pioneira para que os satélites poidan orbitar a terra a moita menos altura da habitual. Terán que superar a resistencia da atmosfera, pero a cambio facilitarán imaxes máis precisas e comunicacións máis rápidas | Viaxar de vagar, durmir sobre raís e descubrir o norte mentres o propio traxecto se converte en parte das vacacións. Esa é a proposta do Transcantábrico Gran Luxo, un tren turístico con máis de corenta anos de historia e só catorce habitacións. 20-08-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado