Un cento de emprendedores conviviron durante tres días na Estación de Montaña de Manzaneda e en San Xoán de Río para atopar solucións aos problemas de mobilidade e vivenda deste pequeno concello ourensán. É unha proposta innovadora que quere trasladarse a outros territorios con necesidades semellantes
Arranca, na Coruña, o xuizo contra os irmáns acusados de apropiarse dun boleto de lotaría primitiva premiado con 4,7 millóns de euros, en 2012. Un deles rexentaba unha administración e o outro era delegado provincial de Lotarías. Piden para eles seis anos de prisión | Novas protestas, simultáneas, diante de distintos centros, contra o que cualifican de deterioro da atención primaria. A Asociación SOS Sanidade Pública reclama máis participación dos profesionais na toma de decisións | O Consello da Xunta aproba unha nova Vacinación reforzada contra a gripe para todos os maiores de 65 anos. Tamén adiánta aos dous anos a idade para recibir a segunda dose da inmunización contra o sarampelo | Emprendedores reunidos en busca de solucións aos problemas do mundo rural. Unha iniciativa no concello ourensán de San Xoan de Río que busca exportar fórmulas de mobilidade e acceso á vivenda para dinamizar zonas despoboadas
Xuízo, na Coruña, pola apropiación dun boleto de lotaría primitiva premiado con 4,7 millóns de euros, en 2012. Un dos acusados é o loteiro que asegurou ter atopado o boleto no mostrador do establecemento. O seu irmán que entón era delegado provincial de lotarías tamén se senta no banco dos acusados | A Xunta prohibirá o uso do teléfono móvil na educación para usos pedagóxicos ata 3º da ESO, entre os 14 e 15 anos, e también que se realicen grabacions das clases ou a sua difusión a través das redes | SOS Sanidade Pública reclama máis apoio a Atención Primaria. Este luns, convocaron manifestacións simultáneas en varios centros de saúde, para denunciar o que consideran un desmantelamento do primeiro nivel asistencial | Botadura en Vigo do buque Proserpina A22, que apoiará operacións militares de intervención subacuática. É o primeiro que constrúe o estaleiro vigués Freire para a Armada Española
Arranca, na Coruña, o xuizo contra os irmáns acusados de apropiarse dun boleto de lotaría primitiva premiado con 4,7 millóns de euros, en 2012 | A Xunta prohibirá o uso do teléfono móvil na educación para usos pedagóxicos ata 3º da ESO | Novas protestas, simultáneas, diante de distintos centros, contra o que cualifican de deterioro da atención primaria convocadas por SOS Sanidade Pública | | Botadura en Vigo do buque Proserpina A22, que apoiará operacións militares de intervención subacuática
Ascenso de temperaturas con máximas en torno aos 16 graos. Situación intermedia entre altas e baixas presións con aire marítimo que deixa un ambiente máis húmido, nun día de ceos grises e con chuvias febles máis probables nas provincias atlánticas
- O Ministerio de Sanidade proporá adiantar os cribados na próxima reunión da Comisión de Saúde Pública
- María Varela leva meses recollendo sinaturas para pedir que a primeira mamografía se faga aos 40 anos
Antón Patiño, unha das figuras clave da pintura galega contemporánea, expón os seus traballos máis recentes en Santiago. Case unha vintena de pinturas realizadas nos últimos tres anos, que ofrecen unha visión actual da súa obra, na que continúa investigando o xesto, a materia e a construción do espazo pictórico
Hai 50 anos, falecía Ramón Otero Pedrayo na súa casa de Ourense, o 10 de abril de 1976. Milleiros de persoas despediron ao Patriarca das Letras Galegas nun concorrido funeral que encheu as rúas da cidade. Dicían adeus a un referente que quixo ser enterrado vestido co hábito franciscano e coa bandeira galega sobre o peito
O consumo da cocaína está a aumentar nas áreas urbanas e a Conselleira de Sanidade sitúaa como o principal problema na loita contra o uso das drogas.
É un dos datos recollidos nun estudo de drogas nas augas residuais, que tamén inclúe o alcol e deduce que cada galego consume de media unha cervexa ó día.
María Varela entrou no hospital por unha lumbalxia e saíu cun cancro de mama irreversible. Tiña corenta e dous anos e en Galicia os cribados empezan aos cincuenta. Tralo diagnóstico, emprendeu unha campaña en change.org pedindo que a primeira mamografía sexa aos corenta e en só catro meses conseguiu máis de 55.000 sinaturas. Hoxe as leva ao Ministerio de Sanidade coa esperanza de que a súa loita sirva para axudar a outras mulleres.
Histórica toma de posesión no Pazo de Fonseca da USC. Rosa Crujeiras convértese na primeira muller en asumir o Reitorado dunha universidade galega. Reclama unha mellora do financiamento e promete traballar pola máxima excelencia académica | Aumenta o consumo da cocaína nas áreas urbanas galegas. Así o revela o estudo sobre presenza de substancias psicoactivas nas augas residuais que hoxe deu a coñecer a consellería de Sanidade. Di que os valores rexistrados están, en todo caso, por debaixo de outras zonas de Europa | O Goberno proporá adiantar os cribados de cancro de mama aos 45 anos. E o compromiso co que saíu a galega María Varela do Ministerio de Sanidade. Di que o seu obxetivo e que a primeira mamografía sexa aínda máis cedo, aos 40. A súa campaña conta xa co apoio de cerca de 90.000 sinaturas | Cúmprense 50 anos do falecemento en Ourense de Ramón Otero Pedrayo, figura referente da cultura, coñecido como o Patriarca das Letras Galegas. Hoxe no Telexornal lembramos como foi o seu funeral, convertido nun acontecemento multitudinario
Toma de posesión histórica no Pazo de Fonseca da USC. Rosa Crujeiras convértese na primeira muller en asumir o Reitorado dunha universidade galega. No acto, presidido por Alfonso Rueda, Reclama unha mellora do financiamento e promete traballar pola máxima excelencia académica | Remata no Pazo do Hórreo o debate sobre o estado de autonomía, no que se lograron por unanimidade 11 resolucións das 52 aprobadas. Ainda con eses consensos de última hora, a oposición de PsdeG e Bng cargou contra as medidas estrela anunciadas polo presidente, como o control das baixas laboráis | O consumo da cocaína está a aumentar nas áreas urbanas. É un dos datos recollidos nun estudo de drogas nas augas residuais, presentado pola Conselleria de Sanidade, que tamén inclúe o alcol e deduce que cada galego consume de media unha cervexa ó día | Tal día como hoxe, hai 50 anos, falecía Ramón Otero Pedrayo na súa casa de Ourense, o 10 de abril de 1976. Dous días despois, milleiros de persoas despedíano nun concorrido funeral que encheu as rúas da cidade. Dicían adeus a un referente cultural coñecido como o Patriarca das Letras Galegas
Rosa Crujeiras fai historia ao converterse na primeira muller reitora da Universidade de Santiago e de toda Galicia | Remata no Pazo do Hórreo o debate sobre o estado de autonomía, no que se lograron por unanimidade 11 resolucións das 52 aprobadas | Aumenta o consumo da cocaína nas áreas urbanas galegas. Así o revela o estudo sobre presenza de substancias psicoactivas nas augas residuais | O Goberno proporá adiantar os cribados de cancro de mama aos 45 anos. E o compromiso co que saíu a galega María Varela do Ministerio de Sanidade | Cúmprense 50 anos do falecemento en Ourense de Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras Galegas
Xornada de calor especialmente no norte, onde se agarda un ascenso notable das máximas cos termómetros en torno aos 27 graos en cidades coma Lugo e Santiago. Á tarde medrarán nubes de evolución con posibilidade dalgún chuvasco illado
Un campaña en change.org con máis de 87.000 sinaturas impulsa o cambio do protocolo dos cribados de cancro de mama. O Goberno vai propoñer na próxima reunión da Comisión de Saúde Pública que as comunidades autónomas fagan a primeira mamografía aos 45 anos. É o compromiso do Ministerio de Sanidade tras reunirse coa impulsora da iniciativa, María Varela, que está satisfeita mais di que ten unha sensación agridoce porque o seu obxetivo é que os cribados empecen aos 40 anos. A ela detectáronlle aos 42 un cancro de mama moi avanzado e decidiu emprender esta loita para evitar que outras mulleres sofran o mesmo.
O fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo, acaba de ser premiado co World Press Photo europeo pola súa cobertura dos incendios forestais que arrasaron Galicia o pasado verán, os máis graves das últimas tres décadas | Boa acollida entre os empresarios ao Plan anunciado por Alfonso Rueda para combater a fraude nas baixas laborais, mediante unha unidade especial da Xunta. Din que pode axudar a reducir a duración das incapacidades temporais. O goberno central, en cambio, considera a medida ilegal | O sector mar industria rexistra no último ano un récord histórico de actividade, cun incremento da facturación de máis do 10 por cento respecto ao anterior. A patronal das conservas atribúe os bos resultados á estabilidade do sector. O consumo de peixe fresco, en cambio, segue á baixa | O Celta volve a terras xermanas para manter vivo o soño na Europa League. Os de Giraldez, con Iago Aspas recuperado, plantarán cara ao Friburgo, oitavo na Bundesliga
As Imaxes dos incendios máis devastadores da historia de Galicia captadas pola cámara de Brais Lorenzo reciben o premio World Press Photo europeo. Un dos máis prestixiosos galardóns que pode recibir un fotógrafo de prensa | O plan anunciado por Alfonso Rueda para combatir dende a Xunta as baixas laborais fraudulentas recibe unha boa acollida por parte dos empresarios. Confían en que pode axudar a reducir as carencias de man de obra que se atopan no mercado laboral | O goberno central, en cambio, rexeita ese plan contra as fraudes nas baixas laborais . A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, dí que o executivo de Rueda busca unha privatización encuberta da sanidade | O sector da conserva acada un Récord de facturación no último ano. Venderon un 10% máis mentres segue a caer o consumo de peixe fresco. A patronal ANFACO reclama máis implicación das administración | O deseñador ourensán Adolfo Domínguez reflexiona sobre a sua vida, nun documental dirixido pola súa filla Adriana Domínguez
O fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo, premiado co World Press Photo europeo pola súa cobertura dos incendios forestais que arrasaron Galicia o pasado verán | Boa acollida entre os empresarios ao Plan anunciado por Alfonso Rueda para combater a fraude nas baixas laborais. O goberno central, en cambio, considera a medida ilegal | O sector da conserva acada un Récord de facturación no último ano. Venderon un 10% máis mentres segue a caer o consumo de peixe fresco | | O deseñador ourensán Adolfo Domínguez reflexiona sobre a sua vida, nun documental dirixido pola súa filla Adriana
Recuperamos a influencia do anticiclón das Azores. Despois dunha mañá néboas e nubes baixas os ceos quedan despexados. As temperaturas máximas suben sobre todo polo sur onde os termómetros poden acadar os 27 graos. Temperaturas que ascenderán aínda máis mañá para descender drásticamente durante a fin de semana
Combater a fraude nas baixas laborais coa cunha nova unidade especial da Xunta. É un dos principais anuncios de Alfonso Rueda na sua intervención no debate de política xeral, coñecido como do Estado a Autonomía. O Presidente considerou cumpridos o 80 por cento dos seus compromisos electorais. Esta tarde, resposta por parte dos grupos da oposición | Empeza hoxe a campaña da declaración da renda, obrigatoria para máis dun millón de persoas residentes en Galicia con ingresos superiores a 22.000 euros brutos no exercicio anterior. Entre as novidades, a deducción por libros de texto e material escolar e por arrendamento de inmobles | A Consellería de Sanidade amplía o peche de centros de Saúde os sábados pola mañá, para ser substuidos polos Puntos de Atención Continuada con persoal voluntario | Fillas de Cassandra presentan un novo traballo musical, cunha intervención artística na Fundación Granell de Santiago, na que reivindican a tertulia como acto social. O segundo disco do dúo vigués entrelaza sons tradicionais con outros máis urbáns e electrónicos