Rosa Crujeiras, primeira Reitora galega | As augas residuais amosan un aumento do consumo de cocaína | 50 aniversario da morte de Otero Pedrayo
10/04/2026 00:25:04Histórica toma de posesión no Pazo de Fonseca da USC. Rosa Crujeiras convértese na primeira muller en asumir o Reitorado dunha universidade galega. Reclama unha mellora do financiamento e promete traballar pola máxima excelencia académica | Aumenta o consumo da cocaína nas áreas urbanas galegas. Así o revela o estudo sobre presenza de substancias psicoactivas nas augas residuais que hoxe deu a coñecer a consellería de Sanidade. Di que os valores rexistrados están, en todo caso, por debaixo de outras zonas de Europa | O Goberno proporá adiantar os cribados de cancro de mama aos 45 anos. E o compromiso co que saíu a galega María Varela do Ministerio de Sanidade. Di que o seu obxetivo e que a primeira mamografía sexa aínda máis cedo, aos 40. A súa campaña conta xa co apoio de cerca de 90.000 sinaturas | Cúmprense 50 anos do falecemento en Ourense de Ramón Otero Pedrayo, figura referente da cultura, coñecido como o Patriarca das Letras Galegas. Hoxe no Telexornal lembramos como foi o seu funeral, convertido nun acontecemento multitudinario
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado