Rosa Crujeiras, primeira Reitora galega | As augas residuais amosan un aumento do consumo de cocaína | 50 aniversario da morte de Otero Pedrayo
10/04/2026 00:10:06Toma de posesión histórica no Pazo de Fonseca da USC. Rosa Crujeiras convértese na primeira muller en asumir o Reitorado dunha universidade galega. No acto, presidido por Alfonso Rueda, Reclama unha mellora do financiamento e promete traballar pola máxima excelencia académica | Remata no Pazo do Hórreo o debate sobre o estado de autonomía, no que se lograron por unanimidade 11 resolucións das 52 aprobadas. Ainda con eses consensos de última hora, a oposición de PsdeG e Bng cargou contra as medidas estrela anunciadas polo presidente, como o control das baixas laboráis | O consumo da cocaína está a aumentar nas áreas urbanas. É un dos datos recollidos nun estudo de drogas nas augas residuais, presentado pola Conselleria de Sanidade, que tamén inclúe o alcol e deduce que cada galego consume de media unha cervexa ó día | Tal día como hoxe, hai 50 anos, falecía Ramón Otero Pedrayo na súa casa de Ourense, o 10 de abril de 1976. Dous días despois, milleiros de persoas despedíano nun concorrido funeral que encheu as rúas da cidade. Dicían adeus a un referente cultural coñecido como o Patriarca das Letras Galegas
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado