‘Arte para levar’ é un orixinal proxecto que viaxa estes días pola provincia de Lugo. Nun camión antigo, transportan as obras dunha fotógrafa para que poidan ser admiradas polo público que non ten acceso aos grandes centros da cultura. Estivemos cos creadores da iniciativa.
A etapa universitaria pode pasar factura á saúde mental dos estudantes. Ansiedade, problemas de sono ou sensación de bloqueo son algúns dos síntomas que os levan a pedir axuda profesional. Os campus galegos contan cun servizo de atención psicolóxica e acaban de desenvolver un protocolo común.
O veto ao palangre na UE e a transformación do sector son cuestións que se abordan en Vigo na Conferencia Internacional sobre o futuro da pesca. Os armadores poñen o foco na necesidade de renovar a frota e na suba dos custos provocada polas tensións xeopolíticas.
Volta ao cole nunha escola rural. Na de Xunqueira de Ambía, en Ourense, este curso son 133 alumnos, un máis que o anterior e 89 máis que hai catorce anos. Medra o alumnado, ao contrario do habitual en Galicia.
Os datos de Meteogalicia confirman que este verán e o máis cálido do que se teñen rexistros, cunha anomalía térmica de 2,3 graos e ata 33 xornadas con avisos por calor. A Chuvia na última semana de agosto axudou a equilibrar o déficit hidrolóxico.
En Santiago celébrase estes días a Semana do Patrimonio Invisible, que permite visitar lugares normalmente pechados ao público. As entradas esgótaronse en minutos. Visitamos o pazo arcebispal.
Os roubos ocorridos nas últimas semanas en museos como o de Villena ou Albacete están a causar preocupación na rede museística galega. A Deputación de Lugo pediu á Subdelegación do Goberno que reforce a seguridade na contorna do museo provincial.
Vigo será a terceira cidade galega en aplicar a taxa turística trala Coruña e Santiago. Entrará en vigor a partir do próximo 1 de outubro tras a súa aprobación en pleno. Os prezos irán dende os 80 céntimos aos dous euros por persoa e día, dependendo do tipo de aloxamento.
- En el accidente murieron 80 personas y 143 resultaron heridas
- El tren circuló a 220 km/h por una curva limitada a 80 km/h
- Torrent clausurou o ciclo de órgano e música antiga de Xunqueira de Ambía, en Ourense
- En abril cumpriu cen anos e desde hai tres décadas está completamente xorda
A organista en activo máis lonxeva do mundo, a barcelonesa Montserrat Torrent, clausurou a trixésimo séptima edición do Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía, en Ourense. Para a terceira vez que tocaba o órgano máis antigo de Galicia escolleu un repertorio de obras barrocas. O caso desta muller é excepcional porque en abril cumpriu cen anos e dende hai más de tres décadas está xorda total.
Os recentes roubos en Badajoz, Albacete e Villena, teñen en alerta aos museos e ás forzas de seguridade. O Museo de Pontevedra garda o Tesouro de Caldas, a maior colección de ouro da prehistoria europea.
Baiona comeza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns. Ante o estado crítico da presa de Baíña, por debaixo de 30 por cento da súa capacidade, o Concello mantén as medidas estritas de aforro como prohibición de echer piscinas, regar xardíns ou o peche de duchas nas praias.
O barrio ferrolán de Canido volveu converterse en centro da arte urbana. O Festival das Meninas naceu para frear o abandono da zona. Máis de cen creadores xa deixaron a súa pegada reinterpretando a obra de Velázquez.
Sanxenxo (Pontevedra) ha sido testigo de la elaboración de la tortilla de patata más grande del mundo: una sartén de seis metros de diámetro, 17.000 huevos y diez toneladas de tortilla. Todo un reto gastronómico, con miles de personas pendientes de la elaboración y posterior reparto.
- En la elaboración han participado 72 personas y ha sido necesaria una grúa para manejar la sartén
- La tortilla ha necesitado 17.000 huevos, 1.700 kilos de patatas, 300 de cebolla, 300 litros de aceite y 30 kilos de sal
É unha muller excepcional non só por ter cen anos senón tamén porque está completamente xorda.
Ensaia no monsteiro de San Paio, en Santiago, as obras barrocas que vai tocar no Ciclo de Órgano e Música Antiga da Colexiata de Xunqueira de Ambía.
Comezou a estudar piano con cinco anos e con nove xa daba concertos.
Sempre tivo un ouvido privilexiado pero hai trinta anos quedou xorda e asegura que sente a música no interior.
A internet é hoxe en día un gran competidor das librarías.
Moita xente elixe a modalidade de venda en liña por prezo ou comodidade.
Pero hai librarías que lle fan fronte a este competidor.
Descontos ou trato directo coa clientela é o seu segredo, ademais de garantir que o pedido chegará a tempo.
A Xunta activa ata o sábado unha alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e laranxa na montaña de Ourense, interior da Coruña e centro de Lugo, por risco para a saúde. As máximas en boa parte de Galicia superarán os 30 graos. Cómpre buscar sombra, beber auga e evitar o exercicio físico nas horas de máis calor.
Educación dálle a benvida aos máis dun milleiro de novos profesores que se incorporan este curso aos centro educativos da Xunta, destacando a renovación que supoñen do cadro docente do ensino público. Estréanse como funcionarios en prácticas, teñen 32 anos de idade media e o 70 por cento son mulleres.
Máis de 17.000 persoas acudiron a ver a obra.
O interese amosado polo público ontribuiu a que este verán sexa o de maior afluencia ao Museo de Pontevedra nos últimos 12 anos.
Castelao pintou este cadro en 1945 para o Centro Ourensán de Bos Aires, nel representa a denuncia contra a violencia e a intolerancia.
Pódese ver ata o 27 de setembro no Museo de Pontevedra.
A volta ao cole pon a proba a capacidade das librarías, o sector editorial e as empresas loxísticas. No polígono da Reigosa, en Pontecaldelas, visitamos a sede de Arnoia, a segunda distribuidora de España de libros e material escolar. Actualmente ten en stock cinco millóns e medio de exemplares e milleiros de artículos con destino a librarías e papelerías.
Dentro dunha semana comeza o curso escolar, pero nos colexios xa están traballando para que arranque sen problemas. Limpar, ordenar, organizar programas e actividades... Trátase de que estea todo listo cando chegue o alumnado a encher as aulas.
Agardan chegar aos 5 millóns e medio de quilos de uva.
Comezou o 12 de agosto, adiantándose pola seca que favoreceu a maduración.
Na vendima da Ribeira Sacra o montacargas é unha ferramenta esencial para superar pendentes do 85 por cento.
Os traballos continuarán ata mediados deste mes.
Entramos no cárcere de Teixeiro para asistir a un concerto. Aquí a música forma parte do tratamento penitenciario. A través dela buscan desenvolver a motivación, as habilidades sociais e a reinserción dos internos.
Na Universidade de Vigo acaban de crear o primeiro Banco Nacional de Area de praia de España, un arquivo científico único que permitirá coñecer mellor como evolucionan as nosas costas e como lles afecta o cambio climático. De momento teñen 150 mostras pero esperan chegar ás máis de 3.000 praias da Península.
Día con certa tristeza para unha parte importante da poboación. As vacacións remataron e os psicólogos din que, para levar o mellor posible a rutina de sempre, debemos facer unha aterraxe suave e de forma gradual. Saímos á rúa para comprobalo.
Accidentes, destrozos en los cultivos o simplemente jabalíes por la ciudad. Galicia tiene un problema con estos mamíferos, con decenas de miles de ejemplares, y ha declarado la emergencia cinegética temporal, que permite cazarlos sin límite de ejemplares.
A pesar de ser una medida excepcional, es la sexta vez en ocho años que se declara la emergencia cinegética por esta especie. Entre otros motivos, la amenaza de la peste porcina africana y los daños a la agricultura.
Los sectores ecologistas se oponen a la medida. Dicen que no está demostrado que haya un exceso de población.
La Xunta asegura que la emergencia terminará antes de lo previsto si desaparecen las causas de su declaración.
Foto: Getty Images
Este ano, o atípico quecemento da auga do mar está a desprazar a augas máis frías algunhas especies como a xarda, os túnidos ou o polbo. Con pouco peixe e moita demanda, os prezos dispáranse. Outros produtos, en cambio, empezan a baixar, como comprobamos na praza de abastos de Pontevedra.
Organizado pola cantante Luz Casal, no pobo onde naceu, o festival cumpre 15 anos.
Luar na Lubre, Nena Daconte ou The Rapants, entre outros, forman parte do cartel.
O "Festival de la Luz" busca poñer en valor a contorna rural e levar a un público familiar unha oferta que abrangue estilos moi diversos.
Os beneficios son destinados a causas benéficas.
Finaliza agosto con prezos máis altos. A inflación sitúase no 4,3 por cento.
O aumento da inflación ten como principal responsable o encarecemento dos carburantes.
En dous meses o gasóleo subiu de media 31 céntimos e a gasolina, no mesmo periodo de tempo, 20 céntimos.
O goberno manterá medidas como a rebaixa do imposto de hidrocarburos que, a partir do 1 de setembro, será de 20 céntimos por litro no diesel e de 5 na gasolina.
Vigo lembra ao que fora alcalde da cidade Emilio Martínez Garrido e a José Antela Conde, rexedor de Lavadores, daquela concello independente. Foron fusilados hai hoxe 90 anos, tralo golpe do 36.
A acuicultura busca adaptarse aos cambios do clima. Unha alianza entre empresas e investigadores, liderada por Pescanova, tenta mellorar a alimentación e os tratamentos dos peixes das piscifactorías para que resistan o aumento das temperaturas e novas enfermidades.
Chegan estudantes de toda Galicia e tamén de fóra.
Cada vez hai máis alumnado do entorno urbano.
Algúns elixen estes estudos para poder acceder a carreiras universitarias como veterinaria.
O que se nota é un aumento de interese polo campo como saída laboral.
A historia de "Nudos de Sal" está ambientada en Baiona e Nigrán.
O autor dalle moita importancia a localización, así o lector pode coñecer os lugares coma se estivera paseando por eles.
Unha novela de misterio que encaixa dentro do que se chama "Galicia Noir", un subxénero da novela negra que ten como referente a Domingo Villar.
Este é o cuarto libro de Nacho Carreras.