Os recentes roubos en Badajoz, Albacete e Villena, teñen en alerta aos museos e ás forzas de seguridade. O Museo de Pontevedra garda o Tesouro de Caldas, a maior colección de ouro da prehistoria europea.
Baiona comeza a recibir subministro de auga para abastecemento do encoro vigués de Zamáns. Ante o estado crítico da presa de Baíña, por debaixo de 30 por cento da súa capacidade, o Concello mantén as medidas estritas de aforro como prohibición de echer piscinas, regar xardíns ou o peche de duchas nas praias.
Sanxenxo (Pontevedra) ha sido testigo de la elaboración de la tortilla de patata más grande del mundo: una sartén de seis metros de diámetro, 17.000 huevos y diez toneladas de tortilla. Todo un reto gastronómico, con miles de personas pendientes de la elaboración y posterior reparto.
- En la elaboración han participado 72 personas y ha sido necesaria una grúa para manejar la sartén
- La tortilla ha necesitado 17.000 huevos, 1.700 kilos de patatas, 300 de cebolla, 300 litros de aceite y 30 kilos de sal
A Xunta activa ata o sábado unha alerta vermella por calor no interior de Pontevedra e laranxa na montaña de Ourense, interior da Coruña e centro de Lugo, por risco para a saúde. As máximas en boa parte de Galicia superarán os 30 graos. Cómpre buscar sombra, beber auga e evitar o exercicio físico nas horas de máis calor.
Máis de 17.000 persoas acudiron a ver a obra.
O interese amosado polo público ontribuiu a que este verán sexa o de maior afluencia ao Museo de Pontevedra nos últimos 12 anos.
Castelao pintou este cadro en 1945 para o Centro Ourensán de Bos Aires, nel representa a denuncia contra a violencia e a intolerancia.
Pódese ver ata o 27 de setembro no Museo de Pontevedra.
A volta ao cole pon a proba a capacidade das librarías, o sector editorial e as empresas loxísticas. No polígono da Reigosa, en Pontecaldelas, visitamos a sede de Arnoia, a segunda distribuidora de España de libros e material escolar. Actualmente ten en stock cinco millóns e medio de exemplares e milleiros de artículos con destino a librarías e papelerías.
Este ano, o atípico quecemento da auga do mar está a desprazar a augas máis frías algunhas especies como a xarda, os túnidos ou o polbo. Con pouco peixe e moita demanda, os prezos dispáranse. Outros produtos, en cambio, empezan a baixar, como comprobamos na praza de abastos de Pontevedra.
A historia de "Nudos de Sal" está ambientada en Baiona e Nigrán.
O autor dalle moita importancia a localización, así o lector pode coñecer os lugares coma se estivera paseando por eles.
Unha novela de misterio que encaixa dentro do que se chama "Galicia Noir", un subxénero da novela negra que ten como referente a Domingo Villar.
Este é o cuarto libro de Nacho Carreras.
Mathew Wright é un navegante australiano que na Illa de Arousa séntese como na casa.
Leva percorrido 13.000 millas náuticas para preparar a súa aventura, a volta ao mundo en solitario.
Por díante ten que atravesar os mares máis perigosos do mundo.
O veleiro está preparado para garantir a seguridade.
Na comida para a viaxe non faltan as conservas galegas.
Visitamos una viña do Salnés, nas Rías Baixas, onde a vendima comeza cun adianto de tres semanas respecto á data media da última década. Agárdase boa cantidade de uva que se dedicará, en parte, a elaborar viño sen alcohol, que cada vez ten máis demanda.
Comeza unha das celebracións gastronómicas más tradicionais de Galicia, a festa da empanada de Bandeira, en Silleda. Nesta edición cumpre 50 anos. María José, unha cociñeira afeccionada que gañou o concurso en dúas ocasións, explícanos os segredos da empanada de xoubas.
Desenvolven a tecnoloxía para que o satélite se sitúe en órbitas máis baixas do habitual.
O sistema permite unha propulsión constante para que non perda velocidade e non se precipite.
Espertou o interese da OTAN sendo esta empresa é a primeira española na que inviste o seu fondo de inversión.
Non hai data para a primeira demostración. Se funciona ábrese unha nova vía para os satélites.
A comunidade de montes de San Vicente, no Grove, levará aos xulgados a Deputación de Pontevedra. Hai case un século cedéronlle terreos na beira do mar para construír un hospital para tuberculosos, que na actualidade opera como hotel de xestión privada. Piden que se restaure o uso público ou unha indemnización.
Cada vez máis comunidades de montes empregan o gando para limpar e manter a raia a vexetación, e así previr os incendios forestais. En Vincios, en Gondomar, utilizan vacas, cabras e ovellas de razas autóctonas galegas.
A falta de precipitacións preocupa en varias poboacións.
32 concellos están en alerta por seca e terán que tomar medidas.
Non se pode usar auga da traída para usos que non sexan esenciais como regar xardíns, baldear rúas ou encher piscinas.
A localidade costeira de baiona, en Pontevedra, que aumenta a súa poboación polo verán, está pendente do encoro de Baíña, se non hai chuvias nas próximas semanas terán que conectar o suministro a Vigo.
- La Xunta abre expediente sancionador a la empresa Pejurito S.L.U. por organizar paquetes turísticos ilegales
- Colectivos de víctimas y la Fundación Galega contra o Narcotráfico celebran el freno a la iniciativa del excapo
A tempada de praia tamén é tempo de cría para a píllara das dunas. Unha especie vulnerable que cada ano comparte espazo con milleiros de persoas e cuxa conservación depende, en gran medida, da colaboración cidadá.
- A infraestrutura científica da illa de Toralla, única en Europa, celebra dúas décadas de historia
- Un laboratorio natural para estudar os efectos do cambio climático, as mareas vermellas ou a saúde dos océanos
Hai vinte anos comezaba en Cotobade, en Pontevedra, un dos peores incendios da historia de Galicia. O lume expandiuse tamén polas provincias de Ourense e A Coruña. Durou doce días, morreron catro persoas e arderon máis de 90.000 hectáreas.
- Evangelina Sobredo Galanes, Cecilia, foi unha das cantautoras máis importantes da primeira parte dos anos setenta
- A súa música era distinta á que se facía na época. Mestra da palabra non puido evitar a man da censura
Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.
Na madrugada do 2 de agosto de 1976 falecía nun accidente de tráfico cando regresaba a Madrid logo de actuar en Vigo.
Cecilia era unha das artistas con máis éxito do momento.
Aínda que naceu en Madrid tiña raíces galegas.
Manuel Orío estivo no derradeiro concerto de Cecilia, na sala Nova Olimpia de Vigo.
É posible que sexa unha das últimas persoas que estiveron coa artista.
As traballadoras do servizo de axuda no fogar piden máis seguridade e mellores condicións laborais. Hoxe manifestáronse no Porriño coincidindo co aniversario do asasinato dunha traballadora do servizo polo marido da muller á que coidaba.
En el municipio de Salvaterra (Pontevedra) se busca a tres personas enterradas en el cementerio tras ser asesinadas por falangistas en 1936. Se trata de Delfín Rey, Bernardo Bernárdez y una persona desconocida cuyo cadáver apareció en descomposición en el río.
Vídeo emitido en el informativo territorial de Galicia, Telexornal, el 27 de julio de 2026.
Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias.
A illa de Toralla, na ría de Vigo, agocha unha infraestrutura científica única en Europa. Trátase da Estación de Ciencias Mariñas, a ECIMAT, un laboratorio natural onde investigadores de todo o mundo estudan os efectos do cambio climático, as mareas vermellas ou a saúde dos océanos. Entramos nas súas instalacións para celebrar os seus 20 anos de historia.