O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estima que esta campaña recolleranse unhas 25.700 toneladas de tubérculos certificados, un vinte por cento menos que na anterior. Case un setenta por cento son kennebec, da variedade de máis calidade que se cultiva, sobre todo, na comarca da Limia, en Ourense.
O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición ‘Lodeiro. Obra Gráfica’. Un percorrido pola traxectoria de Xosé Telmo Lodeiro, un dos renovadores da pintura galega contemporánea cunha obra marcada pola cor e a xeometría e coa que pretendía espallar o pensamento crítico na sociedade.
A escaseza de chuvias fai que as explotacións leiteiras recollan menos forraxes para a alimentación das vacas e que os teñan que comprar, co encarecemento dos custos de produción. A Unión de Produtores de Leite pon en marcha un sistema de compra colectiva de forraxes coa axuda da intelixencia artificial.
O mexillón é un dos produtos estrela das nosas rías. O sector presenta o selo Mexillón de Galicia para por en valor a súa calidade e proximidade. O capitán do Celta, Iago Aspas, alcumado o ‘Principe das Bateas’, protagoniza a campaña de promoción.
Ás portas de entrar no outono os termómetros seguen disparados. Hoxe de novo será un día de moitísima calor. A Xunta mantén activada a alerta vermella por temperaturas de ata 36 graos en 17 concellos do interior da provincia de Pontevedra, que establece a restrición de actividades escolares no exterior. O aviso é de nivel amarelo no interior da Coruña, a montaña de Ourense e nas Rías Baixas.
Descarga no porto de Vigo das dúas toneladas de cocaína, intervidas a bordo dun veleiro que navegada a 400 millas da costa galega. Foi localizado polo buque ‘Petrel I’ do Servizo de Vixilancia Aduaneira, dentro dunha operación conxunta entre a Axencia Tributaria e a aduana francesa. Os catro tripulantes do veleiro foron detidos e trasladados a terra xunto coa droga para ser postos a disposición xudicial. A droga podería ter un valor no mercado superior aos vinte millóns de euros.
O Encontro Internacional de Torneiros da madeira, que se celebra no concello lugués de Xermade, reúne aos mellores especialistas do mundo dun oficio tradicional que ten moito arraigamento en Galicia. O obxectivo é promocionar unha actividade desenvolvida por auténticos artistas da madeira.
A Consellería de Sanidade reforza a protección das persoas maiores e dos nenos na nova campaña da gripe, que comezará o luns 28 de setembro nas residencias de maiores e concluirá o 31 de decembro. As persoas a partir de 65 anos recibirán a vacina de alta carga, que xa se administrou o ano pasado aos maiores de setenta. E o programa piloto de vacinación nos colexios amplíase a 75 centros escolares, vinte máis que o curso anterior.
A Casa Museo de Curros Enríquez, en Celanova, acolle unha mostra do artista Baldomero Moreiras. É un friso de corenta metros de longo fragmentado en táboas que describe un espazo natural idílico como refuxio ante a situación bélica mundial.
Nas nosas rías hai máis de 3.300 bateas de mexillón, sendo a de Arousa a raíña dos polígonos bateeiros. Coñecemos a Jorge, un dos poucos carpinteiros de ribeira que quedan en Galicia. Segue construíndo bateas tal e como lle ensinou seu pai.
Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O Concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade. Mentres, a Conselleira de Medio Ambiente lanza unha mensaxe de tranquilidade.
Un cerebro humano, conservado durante séculos, sen precedentes na Península Ibérica. É unha das sorpresas que están a desvelar as escavacións no convento medieval de Santa Clara, en Pontevedra. Na igrexa, os arqueólogos recuperaron tamén restos óseos de dous menores, zapatos e téxtiles.
O residuo da vendima pode volver á propia viña convertido nun bioestimulante. Terras Gauda leva tres campañas probando este sistema en colaboración coa Universidade de Vigo e os primeiros resultados apuntan a melloras no solo, nas plantas e tamén na uva.
A Aemet confirma que este verán en Galicia foi o máis cálido desde 1961, cando empezaron os rexistros. No seu balance trimestral destaca as altas temperaturas, especialmente en xuño e xullo. Sobre o outono, a súa predición apunta a que será máis húmido do normal.
A suba dos prezos segue sen freo. A inflación aumenta en Galicia nove décimas en agosto ata alcanzar o 4,8 %. O encarecemento dos combustibles e dos transportes están detrás deste ascenso. A nosa comunidade é a segunda na que máis subiu o IPC.
A temporada lírica da Coruña estrea o xoves a ópera Jenufa, de Leos Janácek. Trátase dunha obra atípica e poucas veces representada en máis dun século de historia.
A de mecánico naval está catalogada polo SEPE como unha das ocupacións máis difíciles de cubrir en Galicia. A pesar de ter unha alta taxa de empregabilidade, cada vez son menos os mozos que elixen esta profesión e hai moitas máis ofertas que candidatos.
- Permitirá coñecer como evolucionan as nosas costas e como lles afecta o cambio climático
- De momento teñen 150 mostras, pero esperan chegar ás máis de 3.000 praias da Península
Minuto de silencio este mediodía en Ponteareas en repulsa pola morte violenta dunha muller de 81 anos. Foi presuntamente asasinada polo seu fillo, que coidaba dela e que tiña problemas psiquiátricos. O home confesou o crime e foi detido no hospital tras tentar autolesionarse.
Comenza a comercialización das viaxes do imserso, coa apertura, hoxe, das reservas en Galicia e noutras sete comunidades. Hai 265 mil pensionistas galegos acreditados, que optan a case 65 mil prazas, das 880 mil ofertadas para toda España, repartidas na costa peninsular, as illas e escapadas no interior.