Os roubos ocorridos nas últimas semanas en museos como o de Villena ou Albacete están a causar preocupación na rede museística galega. A Deputación de Lugo pediu á Subdelegación do Goberno que reforce a seguridade na contorna do museo provincial.
Agardan chegar aos 5 millóns e medio de quilos de uva.
Comezou o 12 de agosto, adiantándose pola seca que favoreceu a maduración.
Na vendima da Ribeira Sacra o montacargas é unha ferramenta esencial para superar pendentes do 85 por cento.
Os traballos continuarán ata mediados deste mes.
28 persoas poden gozar desta exclusiva viaxe entre San Sebastián e Ferrol.
Unha experiencia que inclúe aloxamento, excursións e gastronomía.
Os salóns proceden de antigos coches de comezos do século XX.
A primeira viaxe foi en 1983.
A clave da lonxevidade pode estar na xenética, nos hábitos ou na alimentación.
Julio Casas é un centenario de Bóveda, en Lugo. Acaba de recibir o recoñecemento e o cariño da súa familia.
Aos mandos do seu coche chega a feira de Rubián para comer polbo coa familia regado cun grolo de viño.
- As Serras Orientais galegas foron refuxio climático para neandertais e homo sapiens xa na Idade do Xeo
- Entramos á cavidade caliza a uns días de que remate o traballo de campo do verán de 2026
Nunha das ladeiras do monte Penedo, a 785 metros de altura, ábrese entre a rocha caliza a Cova Eirós. Hai dez anos que o investigador da USC Hugo Bal sobe ata aquí para participar nas campañas de escavacións estivais. Veu como voluntario por primeira vez en 2016 e agora está especializado na análise dos restos animais que van saíndo, máis de dez mil ata o momento. Conversa con el, dende alí, Noemí Alonso. E faino coa asistencia técnica de Rodrigo Maestro.
Confírmase que estará despexado en máis do 80 por cento dos concellos nos que a eclipse será total. Só se agardan nubes baixas na Mariña e en Bergantiños. Meteogalicia habilita unha ferramenta para consultar a previsión en cada punto concreto do territorio.
Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.
Medio cento de asociacións da Ribeira Sacra piden un referendo para comprobar se a veciñanza quere que a zona sexa declarada Patrimonio Mundial da Unesco. Trala devolución da candidatura, que consideran unha derrota, reclaman que se teña en conta aos veciños nas modificacións que se deben facer.
A Ribeira Sacra terá que agardar para ser declarada Patrimonio Mundial. O comité da Unesco, reunido en Corea do Sur, decidiu hoxe devolver a candidatura para que os seus promotores a xustifiquen mellor. Tamén lle pide a España que traballen cos asesores do Comité de Patrimonio Mundial para que a candidatura cumpra os requisitos da declaración.
Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.
Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.
Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.
Recuperar o consumo de destilados galegos con certificación de calidade. É o que se propón O Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia, con 12 empresas inscritas. O ano pasado certificou 500.000 botellas, case a metade de licor café.
Durante dous días está pechado o acceso a este recoñecido areal da Mariña de Lugo.
O motivo é a rodaxe audiovisual que ten este escenario como protagonista.
Os hostaleiros quéixanse de que se están a producir cancelacións.
Desde as administracións apuntan á repercusión mediática que terá a produción audiovisual.
Cada día poden acceder unhas 4.800 persoas, baixo reserva, a este espazo natutal de extraordinario valor.
En Outeiro de Rei, moi preto de Lugo, abre as súas portas Terra Nublar, un proxecto turístico que recrea un parque xurásico con máis de vinte dinosauros con movementos animatrónicos. Situado nunha carballeira, trátase do primeiro espazo deste tipo en Galicia.
A Raíña Sofía visitou zonas afectadas por incendios forestais para comprobar o estado de proxectos de restauración ambiental impulsados pola fundación que leva o seu nome, en colaboración coa consellería de Medio Ambiente. Son proxectos de recuperación en Rubiá e Folgoso do Courel.
Abre na Fonsagrada o museo de Forges, un espazo sobre a vida e obra do coñecido humorista gráfico Antonio Fraguas, que tiña raíces familiares nesta localidade da montaña de Lugo. As súas inconfundibles viñetas e o seu compromiso coas reivindicacións sociais da Fonsagrada están moi presentes neste novo centro cultural.
Os afeccionados ao rock máis potentente cítanse no Resurrection Fest de Viveiro. Arranca unha edición que espera bater récords de asistentes, co concerto do 50 aniversario de Iron Maiden. Os suecos Sabaton son o prato forte desta noite
Celebración por todo o alto do histórico empate a cero entre España e Cabo Verde no Mundial de Fútbol. O debut absoluto da selección africana supuxo unha festa de integración en Burela, que alberga a maior comunidade caboverdiana de España, asentada na Mariña desde hai medio século. O 10% da súa poboación é orixinaria do arquipélago africano e o empate viviuse como se fose unha vitoria. Na pantalla xigante colocada polo Concello, a festa do fútbol foi tamén a festa da irmandade entre Burela e Cabo Verde.
A primeira e única cátedra do pan e do cereal de España está en Galicia. Financiada pola Universidade de Santiago de Compostela, máis de 20 investigadores participan no estudo deste alimento esencial. O foco póñeno no pan galego elaborado de forma tradicional.
En marcha o Bono Activa Comercio da Xunta. Supón descontos de ata 30 euros por cliente nos comercios
Arredor de cinco mil pequenos comercios de Galicia están adheridos a esta iniciativa.
A Consellería de Comercio destina ao Bono Comercio dous millóns e medio de euros.
Supón un desconto de ata 30 euros por cliente solicitante do bono.
A campaña remata a finais de ano pero normalmente en cuestión de días os fondos asignados esgótanse.
- É a primeira vez que unha rubia galega supera a barreira dos 10.000 euros
- O auxe das carnes gourmet fai que se disparen os prezos de vacas e bois
El PP ha arrebatado la alcaldía de Lugo al PSOE gracias al apoyo de una tránsfuga del PSOE. Con 13 votos frente a 12, los populares han sacado adelante esa votación que ha puesto fin a 27 años de gobiernos de izquierdas. El PSOE habla de traición, el PP defiende que Lugo necesitaba un cambio.
Mientras, fuera del consistorio, los vecinos protestaban contra la iniciativa del PP.
Imagen: EFE/ Eliseo Trigo
No ha habido sorpresas y el PP se ha hecho este jueves con la alcaldía de la ciudad de Lugo. Elena Candia es la nueva regidora de la ciudad tras presentar una moción de censura contra Miguel Fernández, que lideraba un gobierno de coalición de PSOE y BNG. Candía, la cuarta alcaldesa del presente mandato, se ha hecho con el bastón de mando gracias al apoyo de la ex edil socialista, María Reigosa, que ha protagonizado numerosas confrontaciones con su partido.
Imagen: EFE/ Eliseo Trigo
- Elena Candia (PP) se convierte en la cuarta alcaldesa del presente mandato, con el apoyo de una ex edil socialista
- Varios centenares de personas han protestado contra esta moción de censura, criticada por PSOE y BNG
Sorprendentemente están ben as vacas que a pasada fin de semana protagonizaron un rescate case de película. Tiveron que ser evacuadas en helicópero despois de quedar atrapadas nun barranco da Ribeira Sacra onde fuxiran seguramente asustadas polo lobo. Os seus donos están moi agradecidos pola axuda que recibiron tanto dos veciños coma da administración autonómica que asumiu o custo do helicóptero.
Intento de rescate dunha ducia de vacas que quedaron atrapadas nun barranco de moi difícil acceso en Taboada, preto do encoro de Portomarín. Os veciños cren que se precipitaron a ese lugar asustadas polo lobo.