Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Banco de alimentos de Vigo é un dos máis antigos de España. Os seus responsables amosaron a satisfacción pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da concordia 2012 á Federación que os agrupa. Coa crise duplicouse a demanda de axuda alimentaria aos máis necesitados // O Consello da Xunta destina máis de dez millóns de euros á promoción publicitaria da furgoneta eléctrica que fabrica a planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo. Tamén aprobou o cesamento de altos cargos que se van presentar ás eleccións // Comenza na Audiencia Nacional o xuízo contra once galegos acusados do secuestro e asesinato do mozo arousán Fernando Caldas, no verán de 2004. A Fiscalía sosten que eran membros dunha rede de narcotraficantes, e temían que a conducta ostentosa da vítima os delatase. 13/09/12

O Banco de alimentos de Vigo é un dos máis antigos de España. Os seus responsables amosaron a satisfacción pola concesión do Premio Príncipe de Asturias da concordia 2012 á Federación que os agrupa // O Consello da Xunta aproba destinar máis de dez millóns de euros á promoción publicitaria da furgoneta eléctrica que fabrica a planta de citroen de Vigo // Comenza na Audiencia Nacional o xuízo contra once galegos acusados do secuestro e asesinato do mozo arousán Fernando Caldas, no verán de 2004. 13/09/12

Os ceos nubrados desta mañá irán quedando despexados conforme pasen as horas. As temperaturas serán moi semellantes ás de onte. O tempo anticiclónico manterase durante as vindeiras xornadas. 13/09/12

Día de volta ao cole en toda Galicia.

Máis de douscentos mil nenos de infantil e primaria regresaron hoxe as aulas. O número de alumnos por clase segue a ser o terceiro máis baixo de España: case 21 nenos por aula cando a media está nos 24.

Uns 90 mil destes nenos collerán todos os días o autobús para ir á escola e 65 mil xantan diario gratis nos comedores escolares

Pais e alumnos da montaña de Lugo e Ourense manifestáronse en Santiago para protestar polo que califican de recortes no ensino público. Pídenlle á Xunta que non suprima unidades nin elimine profesorado nos colexios do rural.

O Museo do Pobo Galego cumpriu xa 35 anos. O Presidente da Xunta visitouno hoxe e lembrou que as súas coleccións desminten tópicos sobre os galegos coma o da insolidariedade. (12/09/12)

Día de volta ao cole en toda Galicia.

Máis de douscentos mil nenos de infantil e primaria regresaron hoxe as aulas.

Uns 90 mil destes nenos collerán todos os días o autobús para ir á escola e 65 mil xantan gratis nos comedores escolares.

Pais e alumnos da montaña de Lugo e Ourense manifestáronse en Santiago para pedirlle á Xunta que non suprima unidades nin elimine profesorado nos colexios do rural. (12/09/12)

Hoxe seguirá ainda algunha nubosidade no extremo norte da Comunidade. No resto ceos máis despexados e temperaturas relativamente altas. Mañá continuará ainda esa nubosidade no Norte, especialmente na Mariña de Lugo. (12/09/12)

A confección das listas para concorrer aos comicios galegos ocupa estes días aos principais partidos.

Os Socialistas Galegos aprobaron as súas e deixaron fora a históricos do Pazo do Hórreo coma Francisco Cerviño ou Lage Túñas.

No BNG Carlos Aymerich encabezará a lista de Pontevedra e Francisco Jorquera a da Coruña

Esquerda Unida e o grupo nacionalista de Xosé Manuel Beiras terán que decidir hoxe as siglas ás que se acollen.

O Partido Popular asegura non ter ninguna dificultade para elaborar as súas candidaturas, nun prazo que remata a semana que vén.

A fiscalía do Tribunal Superior de Galicia e mais o SERGAS van colaborar na investigación dos casos de agresións aos profesionáis da saúde

Laureano Oubiña, o historico narcotraficante, terá que volver ó carcere, de onde acababa de sair hai só mes e medio. A Audiencia Nacional condenouno por un delito de branqueo de cartos. (11/09/12)

Unha fronte fría pouco activa vai afectar hoxe a Galicia, deixando os ceos anubrados con algunhas precipitacións débiles dispersas, menos probables no Sueste, e que tenderán a remitir pola tarde.

O vento soprará frouxo de dirección variable. As temperaturas mínimas subirán e as máximas seguirán sen moitos cambios. (11/09/12)

A confección das listas para concorrer aos comicios galegos ocupa estes días aos principais partidos.

Esquerda Unida e o grupo nacionalista de Xosé Manuel Beiras terán que decidir hoxe as siglas ás que se acollen.

A fiscalía do Tribunal Superior de Galicia e mais o SERGAS van colaborar na investigación dos casos de agresións aos profesionáis da saúde

Laureano Oubiña, o historico narcotraficante, terá que volver ó carcere, de onde acababa de sair hai só mes e medio. (11/09/12)

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente xa tén coñecemento oficial das demandas da pesca galega de cara á reforma da política europea do sector // Entregoullas este mediodía, en Vigo, o Presidente da Xunta ao Secretario Xeral do Departamento, Carlos Dominguez. Inclúen a eliminación de cotas e topes de capturas. A entrega levouse a cabo durante a Conferencia Mundial das Conservas de peixe e mariscos, que reúne en Vigo a empresas de 22 paises que concentran o 90% da producción mundial // O presidente da Xunta defende o rigor que aplicou na súa xestion e presentou a Galicia coma modelo para o conxunto de Comunidades Automomas // O lider e candidato dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, expresou no Comité Federal o seu desexo de que as eleccións de outubro supoñan un cambio de tendencia en toda España // A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón pide a reunión da Permanente para debater a crise do sector naval. 10/09/12

O Ministerio de Agricultura xa tén coñecemento oficial das demandas da pesca galega de cara á reforma da política europea do sector. Inclúen a eliminación de cotas e topes de capturas foron aprobadas polo Consello Galego de Pesca. En Vigo celébrase a Conferencia Mundial das Conservas de peixe e mariscos, que reúne a empresas de 22 países // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo defende o rigor que aplicou na súa xestion e presentou a Galicia coma modelo para o conxunto de Comunidades Automomas // O lider e candidato dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, expresou no Comité Federal o seu desexo de que as eleccións de outubro supoñan un cambio de tendencia en toda España e a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón pide a reunión da Permanente para debater a crise do sector naval. 10/09/12

Veciños e visitantes de Pontevedra puideron disfrutar hoxe da presenza dos membros da Selección Nacional de Futbol . Os campións do Mundo e bicampións de Europa enfróntanse , na cidade enpartido amistoso, ao combinado de Arabia Saudí. Nas horas previas ao encontró, uns dez mil siareiros ateigaron os arredores de Pasarón para ver as evolucións dos homes de Vicente Del Bosque // Remata o prazo para a presentación de coalicións electorais para as eleccións ó Parlamento Galego. Unha desas coalicións podería ser a constituída por grupos escindidos do BNG e Esquerda Unida // Os afectados polas participacións preferentes entregaron panfletos en inglés a milleiros de turistas que visitaron Vigo en cruceiro. Iniciaron unha campaña de denuncias a través de políticos europeos para que bruxelas deixe de tratalos como accionistas. 07/09/12

Veciños e visitantes de Pontevedra puideron disfrutar hoxe da presenza dos membros da Selección Nacional de Futbol . Os campións do Mundo e bicampións de Europa enfróntanse , na cidade enpartido amistoso, ao combinado de Arabia Saudí // Remata o prazo para a presentación de coalicións electorais para as eleccións ó Parlamento Galego. Podería constituirse unha constituída por grupos escindidos do BNG e Esquerda Unida // Os afectados polas participacións preferentes entregaron panfletos en inglés a milleiros de turistas que visitaron Vigo en cruceiro. 07/09/12

Chega a Selección Nacional de Futbol a Vigo. Os campións do Mundo e de Europa chegaron con puntualidade a Peinador, onde eran agardados por centos de siareiros que querían fotografarse con eles ou, alo menos, velos de perto.// A Xunta está a cumplir o obxectivo de pagarlles aos proveedores nun prazo máximo de 50 días e, no pasado mes de agosto destinou 150 millóns de euros, de xeito extraordinario, a este fin. Díxoo Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello// A caida das vendas de coches obriga á fabrica de Citroen, en Vigo, a ter que facer unha parada de producción.// Vigo recibe hoxe unha cifra record de viaxeiros a bordo de grandes cruceiros. Dez mil cincocentos turistas e tres mil seiscentos tripulantes chegaron ao porto da cidade a bordo de tres buques.// Luz Casal regresa ó seu Boimorto natal para impulsar unha trintena de concertos con estrelas do rock, o pop e o folk español. 06/09/12

Bo tempo, con temperaturas de verán que anima a facer actividades ao aire libre. A partir de mañá empezan a refrescar as temperaturas e na provincia de Ourense e o Sur de Lugo mesmo pode haber algunha tronada con precipitacións. 06/09/12

Chega a Selección Nacional de Futbol a Vigo. Os campións do Mundo e de Europa eran agardados por centos de siareiros que querían fotografarse con eles. A Xunta está a cumplir o obxectivo de pagarlles aos proveedores nun prazo máximo de 50 días e, no pasado mes de agosto destinou 150 millóns de euros, de xeito extraordinario, a este fin. A caida das vendas de coches obriga á fabrica de Citroen, en Vigo, a ter que facer unha parada de producción. Vigo recibe hoxe unha cifra record de viaxeiros a bordo de grandes cruceiros. Dez mil cincocentos turistas e tres mil seiscentos tripulantes. 06/09/12

Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Este ano houbo prazas novas// Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira. Declara de interés público a planta de procesado de peixe de Puerto Deseado, na Patagonia, e sete buques conxeladores.// O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. O do BNG cree que Galicia debe optar entre ter goberno ou non telo e o portavoz do PP asegura que o goberno terá que salvar as pensións da crise causada polos socialistas// Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. // Nos últimos tempos, están experimentando un aumento considerable na demanda de prazas para aprender idiomas. 05/09/12

Uns sete mil pequenos, de menos de tres anos, comenzaron esta mañá o curso nas garderías dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Fixérono nas 142 escolas da rede autonómica "a galiña azul". Arxentina tén previsto aprobar hoxe un proxecto de lei para expropiar unha filial da compañía pesqueira viguesa Vieira, que entrou en concurso de acredores en xullo. O candidato socialista reuniuse cos lideres galegos de Comisións e UGT cos que tratou sobre o futuro das pensións. Imaxes de Galicia van aparecer nos 20 millons de cupons que a Once venderá a semana que vén, de luns a xoves, en toda España. 05/09/12