Feijóo di que Galicia está blindada ante o risco de posibles intervencións. // A sinistralidade nas estradas galegas reduciuse un 11,7% no que levamos de ano. // Julio Fernández Gayoso nega no Congreso ter responsabilidade no sucedido co proceso de fusión das caixas galegas. // Roubar o Códice Calixtino sería hoxe moito máis complicado que cando desapareceu. // Nas próximas horas vanse repetir os tronos e os chuvascos. 26/07/12
25 de xullo, día de Galicia. Santiago, a capital do país, concentra hoxe a festa e a maior parte dos actos institucionais e reivindicativos nos que está moi presente a grave crise económica e as súas consecuencias. // Os nacionalistas celebran o día da Patria Galega divididos, tras as escisións do BNG. // Os socialistas galegos reivindican en Rianxo, a vila de Castelao, crecemento, emprego e servizos. // Seis mil persoas asistiron en directo na praza do Obradoiro ao espectáculo de luz e son que virtualmente acabou coa catedral primeiro cun derrube e despois cun incendio. 25/07/12
25 de xullo, día de Galicia. Santiago, a capital do país, concentra hoxe a festa e a maior parte dos actos institucionais e reivindicativos. // Os nacionalistas celebran o día da Patria Galega divididos. // Os socialistas galegos reivindican crecemento, emprego e servizos. // Seis mil persoas asistiron en directo na praza do Obradoiro aos fogos do Apóstolo. 25/07/12
Néboas no litoral de Lugo e nas Rías Baixas a primeira hora, localmente persistentes, e ceos pouco anubrados ou despexados no resto. Nubes de evolución ao longo do día, que deixarán algúns chuvascos illados acompañados de tormentas no interior, máis probables en zonas altas. Temperaturas sen cambios significativos ou ascensos puntuais das mínimas. Ventos frouxos do nordés no litoral norte, con intervalos moderados nos arredores de Ortegal e frouxos variables no resto. 25/07/12
A Xunta a Garda Civil investigan as circunstancias nas que morreu, nunha piscina inchable, unha nena de vinte meses. Foi nunha gardería pública de Betanzos. // A afluencia de peregrinos a Santiago está superando á de algúns anos santos. No que vai deste 2012 máis de 90.000 xa conseguiron a súa `Compostela¿. // O coñecido en Santiago coma antigo edificio do Banco de España acolle desde hoxe o Museo das Peregrinacións e da Cidade. // 10.000 persoas asistirán en directo ao espectáculo audiovisual e pirotécnico da queima da fachada do Obradoiro. 24/07/12
Ceos pouco anubrados en xeral, con algunhas nubes ocasionais na Mariña de Lugo. Pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas. Ventos do nordés, frouxos con intervalos moderados no litoral norte e con intervalos fortes nos arredores de Bares. Ventos frouxos no resto, con réxime de brisas nas Rías Baixas. Temperaturas sen modificacións significativas, con máximas que poderían superar puntualmente os 36 graos en zonas do interior de Ourense. 24/07/12
A Xunta a Garda Civil investigan as circunstancias nas que morreu, nunha piscina inchable, unha nena de vinte meses. // A afluencia de peregrinos a Santiago xa está superando á de algúns anos santos. // Abre desde hoxe o Museo das Peregrinacións e da Cidade. // 10.000 persoas asistirán en directo á queima da fachada do Obradoiro. 24/07/12
A industria alimentaria de Galicia mira a China e Estados Unidos como mercados nos que introducir os seus produtos. O Clúster que agrupa á maioría das empresas do sector vai abrir nos próximos meses centros de promoción comercial neses dous países. // As deputadas e deputados do Parlamento galego, que non poidan acudir ás sesións por maternidade ou paternidade, poderán votar por internet ou delegar o seu voto nun compañeiro. // Un día de praia mirando ao ceo. Unhas 400.000 persoas asistiron esta fin de semana desde varios areais da ría de Vigo as manobras e acrobacias dos avións do Festival Aéreo Internacional, que este ano chegaba á súa décima edición. 23/07/12
A industria alimentaria de Galicia mira a China e Estados Unidos como mercados nos que introducir os seus produtos. // As deputadas e deputados do Parlamento galego, que non poidan acudir ás sesións por maternidade ou paternidade, poderán votar por internet ou delegar o seu voto nun compañeiro. // Festival Aéreo Internacional de Vigo. 23/07/12
Ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes no norte de Lugo e posibilidade dalgún banco de néboa en zonas do interior, aínda que pouco persistente. Ventos moderados do noroeste, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. No resto, frouxos de compoñente Norte. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en lixeiro ascenso. 23/07/12
Os afectados polas participacións preferentes ven con receo a vía da arbitraxe para recuperar os seus aforros. Consideran que só poderá recorrer a ela unha mínima parte dos 43.000 clientes de Novagalicia Banco que contrataron este produto. // Manifestacións multitudinarias en tódalas cidades de Galicia para protestar pola política de recortes do Goberno. Na Coruña foi a mobilización central, na que, por primeira vez desde hai seis anos, os sindicatos maioritarios acudiron xuntos. // Morre asfixiado un home de 75 anos ao incendiarse a casa na que pasaba as vacacións de verán en Vilamarín, Ourense. 20/07/12
Os afectados polas participacións preferentes ven con receo a vía da arbitraxe para recuperar os seus aforros. // Manifestacións multitudinarias en tódalas cidades de Galicia para protestar pola política de recortes do Goberno. // Morre asfixiado un home de 75 anos ao incendiarse a casa na que pasaba as vacacións de verán en Vilamarín, Ourense. 20/07/12
Intervalos de nubes medias e altas en xeral e algunhas nubes baixas durante a mañá no litoral da Coruña e na provincia de Lugo. Ventos frouxos de compoñente Norte que serán moderados nas Rías Baixas durante a tarde. Temperaturas mínimas en descenso e máximas sen cambios. 20/07/12
Mobilizacións dos empregados públicos como anticipo das manifestacións xerais contra os novos recortes aprobados polo Goberno central. Centos de funcionarios da Xunta e das outras administracións protestaron este mediodía fronte aos seus centros de traballo. // A Xunta di que estas medidas son duras, pero que é necesario tomalas por responsabilidade, para conter o déficit. O Goberno galego decidiu hoxe que vai rebaixar o salario dos seus membros. // Unha explosión de gas butano destrúe un piso do Carballiño, en Ourense, e cáusalle feridas moi graves á muller que o habitaba. Todo apunta a que se produciu pola acumulación de gas no interior da vivenda. 19/07/12
Mobilizacións dos empregados públicos como anticipo das manifestacións xerais contra os novos recortes aprobados polo Goberno central. // O Goberno galego decidiu hoxe que vai rebaixar o salario dos seus membros. // Unha explosión de gas butano destrúe un piso do Carballiño, en Ourense, e cáusalle feridas moi graves á muller que o habitaba. 19/07/12
Ceos anubrados e orballos durante a noite e primeiras horas da mañá na metade Norte. A medida que avance o día abriranse claros, mentres que no resto de Galicia os ceos estarán pouco anubrados ou despexados. Ventos frouxos do Norte e moderados nas Rías Baixas durante a tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas sen cambios no norte e en moderado descenso no resto. 19/07/12
Laureano Oubiña, en liberdade tras pasar case 22 anos seguidos no cárcere. O histórico narco arousán abandonaba a última hora de onte a que foi a súa ultima residencia, o centro penitenciario de Navalcarnero. // A crise e a reforma laboral afogan a negociación colectiva en Galicia. Este ano cae en picado o número de convenios asinados entre as empresas e os traballadores, e os que sí se asinan recollen subas salariais por debaixo do incremento do IPC. // Ser maior de 50 anos e non ter boa imaxe son os principais obstáculos para encontrar emprego, segundo un estudo da Cruz Vermella. // 200 porcos quedan soltos tras envorcar, no Carballiño, o camión que os transportaba. 18/07/12
Laureano Oubiña, en liberdade tras pasar case 22 anos seguidos no cárcere. // A crise e a reforma laboral afogan a negociación colectiva en Galicia. // Ser maior de 50 anos e non ter boa imaxe son os principais obstáculos para encontrar emprego, segundo un estudo da Cruz Vermella. // 200 porcos quedan soltos tras envorcar, no Carballiño, o camión que os transportaba. 18/07/12
Néboas no litoral Norte, localmente persistentes, e ceos practicamente despexados no resto. Ventos frouxos do Norte e Noroeste, moderados pola tarde nas Rías Baixas. Temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas comezan a descender, de forma máis notable no litoral Norte. 18/07/12
147 concellos do interior das catro provincias galegas están en alerta amarela por altas temperaturas dende as doce do mediodía. Nos de Ourense os termómetros poderían superar os 36 graos e mesmo chegar aos 38. // A multinacional de orixe galega Inditex non sabe o que é a crise. Hoxe celebra xunta xeral de accionistas na Coruña poñendo sobre a mesa uns beneficios de case 2.000 millóns de euros durante o ano pasado. // Varias ONGs internacionais pídenlle á Xunta que NON aplique en Galicia a reforma sanitaria aprobada polo Goberno central. Calculan que unhas 20.000 persoas quedarían excluídas da sanidade pública galega. (17/07/12)