Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado. Pachi Vázquez, contra o copago nos medicamentos. // Xuízo a dous ex tenentes de alcalde nacionalistas deOurense imputados nun suposto caso de corrupción. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña e o Celta que perde ante o Granada. // Unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. A primeira xornada de faena estivo marcada na ría de Arousa pola ausencia de berberecho e pola escasas capturas de ameixa. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado para o ano que ven. Pachi Vázquez promete suprimir o copago nos medicamentos se gaña o día 21. // Os dous ex tenentes de alcalde nacionalistas do concello de Ourense imputados nun suposto caso de corrupción negan no xuízo ter colaborado nunha trama para intentar beneficiarse da explotación comercial duns paneis publicitarios. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña. E derrota tamén para o Celta que perdeu dous a 1 fronte ao Granada. // Publícase unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
Bancos de néboa pola mañá en comarcas do interior, ceos pouco nubrados ou despexados a primeiras horas e un aumento de nubes de oeste a este ao avanzar o día. Ventos frouxos con dirección variable, tomando compoñente oeste co paso das horas. Temperaturas sen cambios importantes, con algúns descensos lixeiros das máximas. 01/10/12
Milleiros de embarcacións comezaron hoxe nas rías galegas a campaña libre de marisqueo. // Alberto Núñez Feijóo defende en Madrid os presupostos do Estado. Pachi Vázquez, contra o copago nos medicamentos. // Xuízo a dous ex tenentes de alcalde nacionalistas deOurense imputados nun suposto caso de corrupción. // O Real Madrid golea ao Deportivo da Coruña e o Celta que perde ante o Granada. // Unha biografía de John Balan aos catro anos da súa morte. 01/10/12
Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que apoiaba ata agora ao Alcalde de Ourense. A concellleiera socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en funcións // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12 .
Compás de espera na gobernación do Concello de Ourense. Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que mantiña ata agora a Francisco Rodríguez coma rexidor e que demitiu a raíz da súa imputaciòn no caso ¿Pokemon¿. A concellleira socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en función ata a elección de novo alcalde // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia e que as dúbidas espalladas por algúns medios se refiren a que se están axustando características técnicas das construcción. Os grupos da oposición piden que se fagan públicos eses contratos // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12
Agárdanse intervalos anubrados na mitade norte con alguna precipitación feble no litoral e ceus case despexados no resto. 28/09/12
Socialistas e nacionalistas non concretaron o futuro do pacto de goberno que apoiaba ata agora ao Alcalde de Ourense. A concellleiera socialista Marga Martín exercerá de alcaldesa en funcións // O Presidente da Xunta asegura que os contratos asinados con PEMEX para a construcción de dous floteis en Navantia e Barreras teñen plena vixencia // O Deportivo enfróntase nesta xornada de liga ao Madrid e o Celta viaxa a Granada. 28/09/12 .
Demitiu o Alcalde de Ourense, o Socialista Francisco Vázquez logo de ter quedado en minoría a raíz da retirda do apoio do BNG, por non ter renunciado, logo da súa implicación xudicial na operación ¿Pokemon¿ // Preséntanse en París os dous modelos de berlinas Citroen e Peugeot que se fabrican en Vigo en exclusiva mundial // Os traballadores das plantas galegas da multinacional Alcoa manifestáronse en Santiago en demanda de electricidade máis barata para evitar o peche. 27/09/12

Demitiu o Alcalde de Ourense, o Socialista Francisco Vázquez. O rexidor explicou a súa decisión polo feito de ter quedado en minoría a raíz da retirda do apoio do BNG. Os representantes nacionalistas formalizaran a ruptura do Goberno Municipal uns minutos antes, tal como anunciaran debido á negativa do Alcalde a demitir, logo da súa implicación na operación ¿Pokemon¿ // No Salón do automobil de París preséntanse hoxe os dous modelos de berlinas Citroen e Peugeot que se fabrican en Vigo en exclusiva mundial // O Consello da Xunta puxo en marcha unha oferta de emprego do SERGAS para contratar 176 novos médicos destinados a hospitais e servizos de urxencias // Os traballadores das plantas galegas da multinacional Alcoa manifestáronse en Santiago en demanda de electricidade máis barata para evitar o peche das fábricas. 27/09/12
As nubes van deixando paso o sol nun día que amenceu máis fresco pero no que as temperaturas máximas han ser más altas cas de onte. 27/09/12
Seguen as detencións en relación coa denominada ¿Operación Pokemon¿ contra a corrupción. Nas últimas horas foron arrestados un concelleiro do BNG en Ourense e outro do PSdeG-PSOE na localidade lucense de Cospeiro. O xefe da policía local de Ourense, detido onte xa prestou declaración ante a xuíza en Lugo e quedou en liberdade baixo fianza de cinco mil euros // O supermercado económico de España está Vigo, é o economato da factoría de Citroen. 26/09/12
Seguen as detencións en relación coa denominada ¿Operación Pokemon¿ contra a corrupción. Nas últimas horas foron arrestados un concelleiro do BNG en Ourense e outro do PSdeG-PSOE na localidade lucense de Cospeiro. Tamén permanecen na comisaría de policía de Ourense un matrimonio do Carballiño, detido dentro desta operación. O xefe da policía local de Ourense, detido onte xa prestou declaración ante a xuíza en Lugo e quedou en liberdade baixo fianza de cinco mil euros. Francisco Rodriguez seguirá sendo alcalde de Ourense polo menos ata mañá. Puxo o seu cargo a disposición da executiva local do PSOE que rexeitou a dimisión trala súa imputación no caso Pokemon // O supermercado económico de España está en Vigo pero nel só poden mercar os traballadores da factoría de Citroen. O economato desta fábrica de coches é segundo unha enquisa da OCU o máis barato do pais. 26/09/12
As chuvias tenden a remitir segundo avance a tarde e parece que pouco a pouco van ir dando paso os claros nos vindeiros días. 26/09/12
Seguen as detencións en relación coa denominada ¿Operación Pokemon¿ contra a corrupción. Nas últimas horas foron arrestados un concelleiro do BNG en Ourense e outro do PSdeG-PSOE na localidade lucense de Cospeiro. O xefe da policía local de Ourense, detido onte xa prestou declaración ante a xuíza en Lugo e quedou en liberdade baixo fianza de cinco mil euros // O supermercado económico de España está Vigo, é o economato da factoría de Citroen. 26/09/12
Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama. Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12
Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama de corrupción. Unha decisión que Pachi Vázquez calificou de dolorosa pero necesaria para demostrar a tolerancia cero cos comportamentos irregulares na vida pública. Namentres, o alcalde segue sen demitir, e a súa decisión podería depender dunha reunión da executiva local desta tarde. Quen si presentou xa a súa demisión foi o alcalde coruñés de Boqueixón, do Partido Popular que argumentou o seu desexo de non causarlle danos á localidade para tomar a decisión. Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12
Hoxe o dia comenzou con nubes e precipitaciçons localmente intensas. Mañá volverá chover sobre todo pola mañá. No oeste, a partires da tarde a choiva tenderá a remitir. 25/09/12
Nova detención en relación coa denominada Operación Pokemon. Trátase do xefe da Policía Local de Ourense, Abelardo Ulloa Pardo. Os socialistas galegos puxeron en marcha a baixa do Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, coma militante do Partido, a raiz da súa imputación nesa trama . Os socialistas de Viveiro romperon o pacto co BNG e decidiron asumir o goberno en solitario e en minoría a partir do 1 de outubro. 25/09/12