Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. Esta cifra supera á do mesmo período do mes de xullo e mesmo á rexistrada en agosto en algún ano xacobeo. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. Na vila de Arousa, ademais, fan a festa mollándose. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana', na que se interceptou un alixo de tres toneladas de cocaína que ía ser descargado na Costa da Morte. // Nova tenda para a promoción conxunta da artesanía galega e a arte rupestre no museo arqueolóxico de Campo Lameiro. 16/08/12

Intervalos de nubes de tipo medio e alto, agás no oeste e no sueste da Coruña, onde haberá nubes baixas e posibilidade dalgunha precipitación dispersa, especialmente durante a mañá. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou con algún descenso puntual no interior, mentres que as máximas ascenden lixeiramente. Ventos de compoñente sur, moderados no litoral, con intervalos fortes na costa da Coruña, e de frouxos a moderados no interior. 16/08/12

Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana'. // Nova tenda para a promoción da artesanía galega e a arte rupestre no museo de Campo Lameiro. 16/08/12

Triunfal recibimento aos seis deportistas galegos que obtiveron medalla e diploma olímpico nos Xogos de Londres. Centos de seguidores desprazáronse a Vigo, A Coruña ou Cangas do Morrazo para ver e saudar ós campións. // Cambio de tempo en Galicia a mediados de agosto, que deixa as praias baleiras e anima as visitas comerciais e gastronómicas ás cidades. // A Xunta da por extinguido o incendio forestal que queimou tres vivendas e unas 1.600 hectáreas de monte en Valdeorras. A CIG denuncia a adxudicación a dedo dun contrato de 6,6 millóns de euros do plan de loita contra os incendios. // En Carral, na Coruña, morre un home nunha explosión dunha bombona de nitróxeno cando revisaba as neveiras dun restaurante. 14/08/12

Triunfal recibimento aos seis deportistas galegos que obtiveron medalla e diploma olímpico nos Xogos de Londres. // Cambio de tempo en Galicia a mediados de agosto, que deixa as praias baleiras e anima as visitas ás cidades. // A CIG denuncia a adxudicación a dedo dun contrato de 6,6 millóns de euros do plan de loita contra os incendios. 14/08/12

Ceos anubrados, con precipitacións intermitentes, localmente moderadas e ocasionalmente acompañadas de tormentas, menos probables durante o día no noroeste e xeneralizadas a medida que se achegue e avance a noite. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos de compoñente sur, moderado no litoral atlántico durante o día e entre frouxo e moderado no resto. Cara á noite e a madrugada do mércores, os ventos no litoral incrementaranse ata alcanzar intervalos de fortes a moi fortes. 14/08/12

Agárdase que nas próximas horas quede extinguido o incendio que durante a fin de semana queimou máis de 1.500 hectáreas de monte no Barco de Valdeorras e obrigou a desaloxar a uns 200 veciños. Varios deles perderon as súas vivendas. // Na loita contra o lume tamén participa o Exército. 23 patrullas militares controlan os montes galegos para disuadir aos incendiarios. // Dous galegos e tres galegas regresan hoxe de Londres con medallas olímpicas ao pescozo. Os deportistas de Galicia superaron en Londres a marca xa importante de trofeos logrados en Pekín. // Comeza esta semana de agosto con ceos grises e algo de chuvia, un cambio de tempo moi apreciable xa pola mañá no litoral atlántico que se vai estender nas próximas horas a todo o país. 13/08/12

Néboas no interior e intervalos de ceo anubrado, con aumento das nubes de oeste a leste. Precipitacións puntualmente moderadas, que empezarán polo oeste pola mañá e estenderanse durante a tarde ás provincias da Coruña e Pontevedra, e ao norte de Lugo, sendo menos probables canto máis ao sueste. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos frouxos do sur e sueste, aumentando durante o día no litoral atlántico a moderados, con intervalos de forte ao final no noroeste. 13/08/12

Agárdase que nas próximas horas quede extinguido o incendio que durante a fin de semana queimou máis de 1.500 hectáreas de monte no Barco de Valdeorras. // Dous galegos e tres galegas regresan hoxe de Londres con medallas olímpicas ao pescozo. // Comeza esta semana de agosto con ceos grises e algo de chuvia. 13/08/12

A compañía mexicana Pemex instalará en Punta Langosteira a súa base de operacións para toda Europa. Así o recolle a solicitude formal de ocupación asinada esta mañá polos responsables da empresa petroleira. // Os gandeiros piden medidas para evitar o peche das explotacións lácteas. A suba do prezo dos pensos e o descenso do que lle pagan polo leite por en perigo a continuidade das máis de dez mil explotacións que hai en Galicia. // Os grandes veleiros clásicos están esta fin de semana na Coruña. Son as 47 embarcacións, de 18 países, que participan na regata Tall Ship Race. E a Vigo volve O Marisquiño, o festival que combina deporte, música e expresións artísticas da cultura urbana. (10/08/12)

A compañía mexicana Pemex instalará en Punta Langosteira a súa base de operacións para toda Europa. // Os gandeiros piden medidas para evitar o peche das explotacións lácteas. // Os grandes veleiros clásicos están esta fin de semana na Coruña. E a Vigo volve O Marisquiño, o festival da cultura urbana. (10/08/12)

Néboas na costa que se irán desfacendo a medida que avance a xornada, deixando paso ao sol e a calor. Temperaturas mínimas en ascenso lixeiro e máximas sen cambios ou con lixeiras subidas. Ventos frouxos no litoral, de dirección variable pola mañá e do sudoeste pola tarde no litoral atlántico. No interior, frouxos de compoñente sur. (10/08/12)

Outro día de sol e calor, que no interior de Galicia fai subir os termómetros ata os corenta graos. // A Xunta aposta por compaxinar os usos turístico e pesqueiro das instalacións portuarias. // O festival Noroeste Pop Rock cumpre un cuarto de século. (09/08/12)

Outro día de sol e calor, que no interior de Galicia fai subir os termómetros ata os corenta graos. O centro e sur de Lugo, a ribeira do Miño en Pontevedra e Ourense e o sur desta provincia están hoxe en alerta amarela por estas altas temperaturas. // A Xunta aposta por compaxinar os usos turístico e pesqueiro das instalacións portuarias. O presidente Alberto Núñez Feijóo inaugurou este mediodía un club náutico en Boiro que dará servizo tanto aos barcos de recreo coma aos bateeiros da zona. // Os afectados polas participacións preferentes piden unha "solución política" para recuperar os seus aforros. // Comeza esta tarde na praia de Riazor, na Coruña, un dos festivais de música máis veteranos de Galicia. O Noroeste Pop Rock cumpre un cuarto de século. (09/08/12)

Ceos despexados e con aire cálido, pero a primeira hora, néboa en toda a costa, especialmente persistente no litoral noroeste. Temperaturas se cambios importantes no litoral e en lixeiro ascenso no interior. Ventos frouxos de compoñente sur no interior e brisas no litoral. (09/08/12)

Unha lección de forza e coraxe. David Cal deuno todo nos últimos metros dunha carreira que parecía perdida, para lograr unha medalla de prata que o converte no deportista español con máis galardóns olímpicos da historia. // A prata de David Cal está a ser moi celebrada en Cangas do Morrazo, a vila natal do canoísta. // Avanzan, pero sen prazos definidos, as negociacións para construír en estaleiros galegos 14 remolcadores para a petroleira pública mexicana Pemex. Asegúrao o embaixador de México en España. // A Coruña vive esta semana nunha banda deseñada. Os súper heroes saen á rúa e en máis dunha ducia de salas móstrase o traballo de prestixiosos debuxantes de historietas e novelas gráficas. O festival internacional de cómic "Viñetas desde o Atlántico" cumpre quince anos. (08/08/12)

Altas temperaturas e ceos despexados, aínda que a medida que avance o día se formarán nubes de tormenta na metade este. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. Ventos frouxos do este no litoral norte, moderados arredor de Bares. Nas Rías Baixas, brisas, e no interior, ventos frouxos de compoñente sur. (08/08/12)

David Cal logra unha medalla de prata que o converte no deportista español con máis galardóns olímpicos da historia. // Avanzan, pero sen prazos definidos, as negociacións para construír en Galicia 14 remolcadores para a petroleira Pemex. // A Coruña vive esta semana nunha banda deseñada. O festival internacional de cómic "Viñetas desde o Atlántico" cumpre quince anos. (08/08/12)

Javier Gómez Noya, primeiro galego con medalla nos xogos olímpicos de Londres. // A policía desactiva dúas das tres bombas caseiras colocadas por Resistencia Galega nunha antena, en Vigo. O terceiro artefacto ardeu sen chegar a estourar. // A chegada dunha masa de aire cálido que vén do sur da Península vai facer que nos próximos días rolden os corenta graos nos lugares máis quentes de Galicia. (07/08/12)

Néboas matinais e nubes nas primeiras horas para quedar despois con ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en ascenso, especialmente as máximas. Ventos frouxos e variables pola mañá. Nas Rías Baixas, réxime de brisas. (07/08/12)