Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Primeiro día co aeroporto Rosalía de Castro de Santiago pechado. Hoxe comezan as obras para mellorar o pavimento, que durarán 35 días | Preto do 80 por cento do tráfico habitual da terminal compostelá será asumido por Alvedro, o que porá a proba a capacidade do aeroporto coruñés | Os centros de atención a inmigrantes, desbordados polas peticións de axuda para realizar os trámites da regularización extraordinaria | A Feira do Libro de Ferrol, abre na Praza da Constitución, e inaugura o calendario literario de Galicia. Un certame en busca sobre todo do público máis novo. 23-04-2026

Galicia segue nunha situación intermedia entre o anticiclón das illas británicas e unha baixa nos Azores. Ceos con nubes altas que non impiden o paso do sol. De cara as últimas horas do día agárdanse brétemas na costa e nubes de evolución con algún chuvasco na montaña de Lugo e Ourense. Temperaturas en lixeiro ascenso, con máximas entre os 19 graos da Coruña e os 29 de Ourense. Vento frouxo do nordés. 23-04-2026 

Primeiro día co aeroporto Rosalía de Castro de Santiago pechado. As obras para mellorar o pavimento durarán 35 días | A moción de censura no concello de Lugo será debatida o 7 de maio. O socialista Miguel Fernández abandonará a alcaldía en favor de Elena Candia, do PP | Os centros de atención a migrantes, desbordados polas peticións de axuda para regularización extraordinaria | A Feira do Libro de Ferrol, abre na Praza da Constitución, e inaugura o calendario literario de Galicia. Un certame en busca sobre todo do público máis novo. 23-04-2026

Primeiro día co aeroporto Rosalía de Castro de Santiago pechado. Hoxe comezan as obras para mellorar o pavimento, que durarán 35 días | A moción de censura no concello de Lugo será debatida o 7 de maio. Suporá que o socialista Miguel Fernández, á fronte do bipartito co BNG, abandone a alcaldía, en favor de Elena Candia, do PP | Os centros de atención a inmigrantes, desbordados polas peticións de axuda para realizar os trámites da regularización extraordinaria | A Feira do Libro de Ferrol, abre na Praza da Constitución, e inaugura o calendario literario de Galicia. Un certame en busca sobre todo do público máis novo. Preto de 30 autores, moitos deles locais, presentarán as súas obras. 23-04-2026

Atopelo mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos que realizaba traballos no polígono do Vao, foi impactado por un camión, que continuou a marcha. A Garda Civil investiga os feitos | O aeroporto de Lavacolla, en Santiago, listo para suspender a súa actividade, esta madrugada. Permanecerá pechado durante 35 días para acometer as obras de renovación integral da pista. A maior parte da actividade será absorbida pola terminal de Alvedro | Tensión en Lugo ante a presentación da moción de censura por parte dos edís do Partido Popular máis a ex socialista María Reigosa. Socialistas e BNG, que comparten goberno municipal, acusan á Xunta de ofrecerlle á concelleira un posto de traballo a cambio do voto | Os polémicos tubos que atravesan as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos poderían ter os días contados. Os técnicos de patrimonio da Xunta pediranlle ó arquitecto responsable que busque alternativas para protexer a fachada da chuvia

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, e a concelleira ex socialista María Reigosa presentan a moción de censura para facerse coa alcaldía da cidade | Identificado en Pontevedra o camioneiro que presuntamente atropelou e matou a un home | Último día operativo do aeroporto de Santiago antes de que comecen as obras de renovación da pista, que obrigarán a parar toda a actividade na terminal por algo máis dun mes | Os polémicos tubos nas gárgolas do Hostal dos Reis Católicos poderían ter os días contados. Os técnicos de patrimonio da Xunta pediranlle ó arquitecto responsable que busque alternativas

Galicia queda hoxe entre unha borrasca nos Azores e un anticiclón ao norte de Escocia. Xornada de tempo seco e ceos con nubes altas, con abundantes claros pola tarde. Temperaturas en descenso, de sete graos ou máis, na metade oeste. As máximas de 23 graos

Continúa a polémica pola intervención das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos. Os técnicos de patrimonio da Xunta vanse reunir esta semana co arquitecto responsable para buscar alternativas porque recoñecen que a solución escollida para protexer a fachada da chuvia non é a máis axeitada. Vanlle pedir que retire os tubos metálicos e faga unha intervención con menor impacto visual.

Declaración de Miguel Reija, que era Delegado Provincial de Lotarías na Coruña, no xuízo pola presunta apropiación dun boleto premiado por parte do seu irmán | Enfrontamento, hoxe no Parlamento, pola posibilidade dunha mocion de censura contra o alcalde socialista de Lugo Besteiro pediulle a Alfonso Rueda que desautorice a operación | Unha armadora de Cangas é a primeira de Galicia en incorporar a un dos seus buques un bote salvavidas ríxido, autónomo e insumerxible. Foi deseñado para mellorar a seguridade das tripulacións en alta mar | En Vigo, o Hospital Álvaro Cunqueiro contará cunha horta biosaudable para favorecer o benestar dos doentes e favorecer a educación ambiental. Hoxe foi a súa presentación ás autoridades. 21-04-2026

Aumenta a inestabilidade deixando un tempo moi cambiante e primaveral. Alternancia de nubes e claros e chuvascos, que pola tarde poden ser localmente fortes e acompañados de treboadas. As temperaturas suben ata 27 graos na Coruña ou Ferrol. Vento do sur, con refachos fortes na montaña de Lugo e Ourense21-04-2026

O que era delegado provincial de Lotarías declara que non favoreceu que o seu irmán quedase co premio | Enfrontamento no Parlamento, Entre Besteiro e Rueda pola posibilidade dunha mocion de censura contra o alcalde socialista de Lugo | Máis do 15 por cento das persoas en Galicia teñen obesidade. Así o indica un estudo presentado hoxe na Coruña | Unha armadora de Cangas é a primeira de Galicia en incorporar a un dos seus buques un bote salvavidas ríxido, autónomo e insumerxible | O Hospital Álvaro Cunqueiro presenta unha horta biosaudable para favorecer o benestar dos doentes. 21-04-2026

No xuízo polo boleto da primitiva, declaración, hoxe, do que era delegado provincial de Lotarías. Está acusado de favorecer que o seu irmán, Loteiro, quedase co premio de 4´7 millóns de euros. El defendeu a sua actuación | No Pazo do Hórreo, sesión de control marcada pola posibilidade dunha moción de censura en Lugo. Besteito pídelle a Rueda que desautorice a operación | Máis do 15 por cento das persoas en Galicia teñen obesidade. Así o indica un estudo presentado hoxe na Coruña, que destaca a incidencia nos menores das familias máis vulnerables dun dos principais factores de risco de numerosas enfermedades | RTVE presenta Para Entrar a Vivir, un especial informativo dixital que aborda a situación na que se atopa no noso país o acceso á vivenda. Unha completa radiografía desa realidade, a partir de indicadores do mercado inmobiliario e das experiencias recollidas en diversas provincias, xunto con expertos que aportan solución.21-04-2026

O eclipse coincidirá no máis alto da tempada turística. Nas Rías Baixas, se o tempo axuda, o femómeno será visible nun 99 %, polo que se agarda unha gran afluencia de visitantes. Por iso, a Deputación de Pontevedra organizou unha xornada de formación dirixida a representantes do sector turístico.

Comenza a tramitación das solicitudes para a regularización extraordinaria de inmigrantes, da que poderían beneficiarse unhas 10.000 persoas na nosa comunidade. A necesidade de cita previa evita colas nas oficinas de correos e da Seguridade Social | O Xuízo, na Coruña, pola presunta apropiación dun boleto de lotaría primitiva premiado con algo máis de catro millóns de euros, chega á súa fase final. O principal acusado, o loteiro Manuel Reija, declarou que se atopaba só cando atopou o boleto no mostrador da súa administración | O Partido Popular negocia unha moción de censura en Lugo para facerse coa alcaldía, 27 anos despois, grazas ao apoio da concelleira María Reigosa, que abandonou o grupo socialista para figurar como non adscrita. Socialistas e BNG critican a operación, que cualifican de corrupción política | Renfe suprime nove servizos ferroviarios no eixo atlántico pola ausencia simultánea, e sen aviso previo, di, de catro maquinistas con base en Vigo. A compañía non aclara se se trata dun conflito laboral encuberto

O loteiro acusado de apropiarse dun boleto da primitiva premiado di que cando reclamou ante a administracion central de loterias foi para evitar que o boleto caducase. No xuizo que se celebra na Coruña declarou tamén que estaba só cando o atopou no mostrador da súa administración | A negociación dunha moción de censura no concello de Lugo axita o debate político. O acordo entre o Partido Popular e a exsocialista María Reigosa podería ser presentado esta mesma semana | Os migrantes que queiran acollerse á regularización extraordinaria xa poden rexistrar presencialmente as súas solicitudes. Dende hoxe poden facelo nas delegacións da Seguridade Social e tamén nalgunhas oficinas de Correos | Iniciativa entre os concellos de Lalín e Ribadeo para ver o eclipse de sol do próximo doce de agosto desde dous puntos especiais: o Altar do Sol en Lalín e a praia das Catedrais en Ribadeo

O loteiro acusado de apropiarse dun premio da primitiva declara no Xuizo que estaba só cando atopou o boleto | Comenza a tramitación das solicitudes para a regularización extraordinaria de inmigrantes, da que poderían beneficiarse unhas 10.000 persoas na nosa comunidade | O PP negocia unha moción de censura en Lugo para facerse coa alcaldía grazas ao apoio da concelleira María Reigosa, que abandonou o grupo socialista | Renfe suprime nove servizos ferroviarios no eixo atlántico pola ausencia simultánea, e sen aviso previo, di, de catro maquinistas con base en Vigo

Quedamos nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos moi frouxos. Nubes de tipo medio e alto en xeral, con formación de brétemas no litoral norte. Pola tarde, nubes de evolución no interior con algún amago tormentoso. As máximas descenden lixeiramente, entre os 19 graos na Coruña e os 29 en Ourense

Andrés y Antía, de 24 años, compraron una casa para independizarse juntos en el rural, en Oza-Cesuras (A Coruña). La están rehabilitando y, aunque la hipoteca y los gastos asociados a la vivienda suponen alrededor de la mitad de los ingresos o más, prefieren ese esfuerzo económico por la seguridad y estabilidad que ofrece una vivienda propia frente a un alquiler. "Estamos construyendo ya nuestra historia", afirma Andrés.

Es uno de los testimonios que se pueden encontrar en el especial "Para entrar a vivir" de RTVE Noticias, un retrato generacional sobre el problema del acceso a la vivienda en España.

Polémica en Santiago pola restauración das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos, na praza do Obradoiro. Veciños do casco vello chaman a atención sobre os tubos metálicos colocados nás figuras de pedra para alonxa a auga da fachada, e que contan co visto e prace da Dirección xeral de Patromonio da Xunta | Xornada de folga nos comercios de téxtil e de calzado de toda Galicia, convocada contra o convenio negociado a nivel nacional. Di que pode supoñer unha perda de dereitos laboráis | Medicamentos que contaminan os mares, ou o abuso de anglicismos nas redes sociais. Son temas que figuran entre os traballos de investigación elaborados por alumnos de Bacharelato que participan no premio Stephen Hawking, nos IES Rosalía de Castro, de Santiago, ante un xurado coordenado pola directora do CERN, Mar Capeáns | Adeus amargo do Celta á Europa League. Os vigueses caeron por 1 a 3 ante o Friburgo e quedan apeados da competición europea. Sen reproches por parte da afección do equipo, que amosou o seu orgullo e confianza no proxecto deportivo

Polémica en Santiago pola intervención nas gárgolas do hostal dos Reis Católicos. Os veciños do casco histórico piden que se retiren os tubos que colocaron para que a agua da chuvia non caia en chorro ó balcón. A medida foi aprobada por Patrimonio mais tralas críticas van estudar posibles alternativas | A folga de controladores aéreos das torres de control de xestión privada, queda, polo momento, sen efecto nos aeroportos galegos de Peinador e Alvedro, por uns servizos mínimos que chegan ao 100% | Xornada de folga nos comercios de téxtil e de calzado de toda Galicia, convocada contra a entrada en vigor dun convenio asinado a nivel nacional en lugar dos convenios actuais de alcance provincial | En Lugo abriu a primeira academia de caligrafía artística de Galicia. Un lugar onde formarse na arte de escribir a man, un hábito cada vez menos frecuente nunha sociedade dominada polas comunicación dixitais

Polémica pola solución adoptada na restauración das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago. Veciños do casco histórico piden a retirada dos tubos metálicos | Folga nos comercios de téxtil e de calzado de toda Galicia, contra a entrada en vigor dun convenio a nivel nacional | Nova edición no IES Rosalía de Castro, de Santiago, dos premios Stephen Hawking, que buscan fomentar a vocación científica nos alumnos de bacherelato | Abre en Lugo a primeira academia de caligrafía artística de Galicia. Un lugar onde formarse na arte de escribir a man

Ca fin de semana chega o anticiclón que deixa tempo seco e solleiro. Néboas e nubes baixas en zonas do interior que dan paso a ceos máis despexados, agás na Mariña onde haberá nubes de estancamento. As temperaturas soben, sobre todo na metade sur, con máximas entre os 16 graos na Coruña e os 26 en Ourense

Polémica en Santiago pola intervención nas gárgolas do hostal dos Reis Católicos. Os veciños do casco histórico piden que se retiren os tubos que colocaron para que a agua da chuvia non caia en chorro ó balcón. A medida foi aprobada por Patrimonio mais tralas críticas van estudar posibles alternativas