Atropelo mortal en Pontevedra | Tensión pola moción de censura en Lugo | Peche de Lavacolla | A Xunta busca alternativas para as gárgolas do Hostal
22/04/2026 00:24:28Atopelo mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos que realizaba traballos no polígono do Vao, foi impactado por un camión, que continuou a marcha. A Garda Civil investiga os feitos | O aeroporto de Lavacolla, en Santiago, listo para suspender a súa actividade, esta madrugada. Permanecerá pechado durante 35 días para acometer as obras de renovación integral da pista. A maior parte da actividade será absorbida pola terminal de Alvedro | Tensión en Lugo ante a presentación da moción de censura por parte dos edís do Partido Popular máis a ex socialista María Reigosa. Socialistas e BNG, que comparten goberno municipal, acusan á Xunta de ofrecerlle á concelleira un posto de traballo a cambio do voto | Os polémicos tubos que atravesan as gárgolas do Hostal dos Reis Católicos poderían ter os días contados. Os técnicos de patrimonio da Xunta pediranlle ó arquitecto responsable que busque alternativas para protexer a fachada da chuvia
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado