No Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, Noelia Miguez relata a agresión que a levou a unha UCI con oito puñaladas. // En toda Galicia sucédense hoxe actos institucionais, minutos de silencio, lectura de manifestos e concentracións para suliñar a necesidade dun esforzo que debe comprometer a todos. // Tendas pechadas en pleno Black Friday, na Coruña, Ferrol e Santiago, pola folga de dependentas do grupo Inditex. Os sindicatos din que o seguemento é maioritario. // Traballadores do sector naval protestan en Vigo trala morte dun operario de 42 anos nun accidente laboral. Denuncian a precariedade das condicións nas industrias auxiliares e piden que se retome a negociación sobre prevención de riscos laborais. 25-11-2022
Seguen as chuvias, que serán algo máis intermitentes durante a tarde. Continua a alerta laranxa en toda a costa por ondas de ata sete metros e para mañá agardamos unha xornada de transición cara un tempo algo máis seco. 24-11-22
Dependentas de Inditex da Coruña fan escoitar a sua protesta, no arranque da folga nalgúns establecementos, que adiantan os descontos do Black Friday, e que se extenderá mañá as tendas de toda a provincia. // O Colexio de Médicos de Pontevedra anuncia a ruptura de relacións coa consellería de Sanidade polo que consideran deficientes condicións laboráis. // Cerca de mil vítimas de violencia de xénero conseguiron algunha medida de protección en Galicia na primeira metade do ano. Os xulgados reclaman máis salas especializadas neses casos, que ata agora so existen na Coruña e Vigo. // Un branco de crianza elaborado con uvas de treixadura, pola adega do Ribeiro Ramón do Casar, é o elixido como mellor viño de 2021, na gala dos premios Alimentos de España, que concede o Ministerio de Agricultra. 24-11-2022
Arranque a folga de dependentas de Inditex nalgúns establecementos, que adiantan os descontos do Black Friday. Piden equiparar as suas condicións as dos compañeiros de categorías similares. // O Colexio de Médicos de Pontevedra anuncia a ruptura de relacións coa consellería de Sanidade polo que consideran deficientes condicións laboráis. // Cerca de mil vítimas de violencia de xénero conseguiron algunha medida de protección en Galicia na primeira metade do ano. // Un branco de crianza elaborado con uvas de treixadura, pola adega do Ribeiro Ramón do Casar, é o elixido como mellor viño de 2021, na gala dos premios Alimentos de España, que concede o Ministerio de Agricultra. 24-11-22
Comienzo de las excavaciones en la fosa del cementerio de San Breixo en Celanova (Ourense), emitido el 23 de noviembre de 2022 en el informativo territorial Telexornal - Galicia. Siete asturianos fueron asesinados al acabar la Guerra Civil, entre ellos Marcelino, mecánico de Mieres de 21 años, y Abelardo, albañil de Gijón de 28.
Los trabajos están siendo realizados por tres equipos de arqueólogos coordinados por historiadores de la Universidad de Santiago de Compostela. Se sabe que la fosa está enfrente de esta sepultura de una víctima del bando nacional, según Julián Bustelo, director de los trabajos arqueológicos. Fueron detenidos y recluidos en el campo de concentración de Camposancos, en La Guardia, y después juzgados y ejecutados.
Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias
Comezan en Celanova os traballos para exhumar os restos de sete mozos fusilados en 1939, tralo remate da Guerra Civil. // No xuízo a José Enrique Abuín pola presunta violación a sua cuñada, declara a outra rapaza que foi agredida por él, en Boiro, cun relato similar de modus operandi. // O Sergas ofrecerá este sábado a posibilidade de vacinar contra a gripe a tódolos nenos de entre seis meses e cinco anos nos hospitais. // O Pazo, en Padrón, e Ceibe, en Ourense, recíben por primeira vez unha estrela Michelín. E o restaurante de Pepe Vieira, en Poio, logra a segunda. Con eles, Galicia suma xa un total de 16 establecementos co prezado distintivo. 23-11-22
Situación de transición ante a chegada dunha nova fronte. Cara á noite, comezarán os chuvascos pola franxa atlántica, que poden deixar ata 50 litros por metro cadrado en 12 horas. No mar mantense o aviso laranxa por ondas entre 5 e 6 metros e rachas fortes de vento. 23-11-22
Comezan no Mosteiro de Celanova os traballos para exhumar os restos de sete mozos fusilados en 1939, tralo remate da Guerra Civil. // No xuízo a José Enrique Abuín pola presunta violacióna sua cuñada, declara a outra rapaza que foi agredida por él, en Boiro, cun relato de modus operandi similar. // O Sergas ofrecerá este sábado a posibilidade de vacinar contra a gripe a tódolos nenos de entre seis meses e cinco anos nos hospitais. // O Pazo, en Padrón, e Ceibe, en Ourense, recíben por primeira vez unha estrela Michelín. E o restaurante de Pepe Vieira, en Poio, logra a segunda. Con eles, Galicia suma xa un total de 16 establecementos co prezado distintivo 23-11-22
José Enrique Abuín, O Chicle, condenado polo crime de Diana Quer, de novo ante a xustiza, esta vez acusado de violar á sua cuñada, en 2005, cando ela era menor de idade. // A conselleira de Igualdade cifra en 44 millóns de euros a partida destinada a loitar contra a violencia de xénero en 2023. // O presidente da Xunta acusa en Madrid ao goberno central de prexudicar a Galicia en materia de infraestructuras para atacar a imaxe electoral de Alberto Núñez Feijóo. // Os reis magos vestidos de luces volverán ás rúas de Vigo unha vez que a empresa encargada modifique a figura do Rei Baltasar. O concello acusou á concesionaria de incumprir o contrato por non representalo co tradicional rostro de cor negra. 22-11-22
Seguimos baixo os efectos dun tren de borrascas, con alerta laranxa en toda a costa por ondas de ata sete metros. En terra pola tarde afectaranos outra fronte polo que as chuvias serán persistentes durante todo o día, por momentos fortes, con cantidades importantes sobre todo na fachada atlántica. 22-11-22
O condenado polo crime de Diana Quer, José Enrique Abuín, volveu hoxe ao banco dos acusados, para responder por unha agresión sexual denunciada pola irmá xemelga da súa muller, cando ela tiña 17 anos. // A conselleira de Igualdade cifra en 44 millóns de euros a partida para a loita contra a violencia de xénero, durante o ano 2023. // O presidente da Xunta acusa en Madrid ao goberno central de prexudicar a Galicia en materia de infraestructuras para atacar a imaxe electoral de Alberto Núñez Feijóo. // Os reis magos vestidos de luces volverán ás rúas de Vigo unha vez que a empresa encargada modifique a figura do Rei Baltasar. O concello acusou á concesionaria de incumprir o contrato por non representalo co tradicional rostro de cor negra. 22-11-22
Os investigadores buscan restos de ADN no sarcófago de Xoan Mariño de Soutomaior, en Vilaxoán, para comparalos cos de Cristobal Colón, con quen creen que podería estar emparentado. // Recordo para as 76 persoas falecidas nas estradas galegas no que vai de ano, no día mundial das vítimas de accidentes de tráfico. A DXT destaca que as distracións ao volante están detrás da maoría dos sinistros. // Remata o plan piloto aplicado esta fin de semana en Santiago para acelerar a vacinación infantil contra a gripe. O Sergas citou a máis de tres mil nenos menores de cinco anos para facilitar a accesibilidade das familias fóra do horario habitual dos centros de saúde, onde segue a campaña de inmunización. // Homenaxes a María Casares, no día que se cumpren 100 anos do seu nacemento, na Coruña. Filla do que fora presidente do goberno da república, que se converteu en figura dos escenarios e o cine francés de mediados do século XX. 21-11-22
2Temporal con toda a costa galega en alerta laranxa por ondas de ata 7 metros e vento forte. As temperaturas han ir baixando conforme avance o día e tamén descende a cota de neve pola tarde ata os 800 metros.21-11-22
Aberto, en Vilaxoán, o sarcófago de Xoan Mariño de Soutomaior. Os investigadores buscan restos de ADN para comparalos cos de Cristobal Colón, con quen creen que podería estar emparentado, nunha das principais pistas que apuntan á orixe galega do descubridor. // A Xunta estuda recurrir ante o Constitucional o imposto de solidariedade establecido polo Goberno Central, por considerar que ese novo tributo invade competencias autonómicas. // Recordo para as 76 persoas falecidas nas estradas galegas no que vai de ano, no día mundial das vítimas de accidentes de tráfico. A DXT destaca que as distracións ao volante están detrás da maoría dos sinistros. // Homenaxes a María Casares, no día que se cumpren 100 anos do seu nacemento, na Coruña. Filla do que fora presidente do goberno da república que se converteu en figura dos escenarios e o cine francés de mediados do século XX. 21-11-22
Entrada de aire frío en altura, que nos deixa ceos parcialmente nubrados con chuvascos localmente fortes e tormentosos que poden vir acompañados de saraiba. A cota de neve irá descendendo ata os 1100 metros cara a noite. Temperaturas en descenso. 18-11-22
María Nogareda faise coa alcaldía de Sada, ao prosperar a moción de censura contra Benito Portela. As direccións dos partidos Socialista, PP e Alternativa dos Veciños rexeitan a operación. // Reaccións en Galicia á reducción de penas por delitos sexuais pola chamada lei de só sí e sí. O presidente da Audiencia de Ourense asegura que é unha consecuecia do cumprimento da lei. // En Pontevedra empeza a retirada das moreas de cereal e pipas de xirasol almacenadas na antiga nave de Pontesa. Tras o incendio no que morreu un operario, o material segue en combustión. // O acendido das luces de nadal de Vigo será mañá ás sete da tarde. Adiantouse unha hora polas previsibles chuvias. A hostalaría e o comercio confirman a repercusión millonaria da iluminación. // 18-11-22
Con berros do público, arrancaba en Sada o Pleno da moción de censura contra o ata agora alcalde Benito Portela. Prosperou e María Nogareda de Alternativa dos Veciños, é a nova alcaldesa. // Dúas empresas galegas crean un dron de ataque que lanza granadas de 60 milimetros. O prototipo foi presentado hoxe en Silleda. // O Festival Outono Codax chega esta fin de semana a o seu cumio con Catro concertos de grupos musica negra. Destaca a actuación do Xefe Indio de Nova Orleans Monk Boudreaux. 18-11-22
Provoca mais ingresos hospitalarios de bebés so no último mes que o Covid durante toda a Pandemia. É o virus sincitial, unha verdadeira epidemia, según os especialistas que afecta sobre todo a nenos de pouca idade. // As asociacións de médicos opóñense a que as enfermeiras queden soas ao cargo dos Puntos de Atención Continuada, polas consecuencias xurídicas e por supoñer, din, un risco para os pacientes. // As dependentas de Inditex da provincia da Coruña irán á folga os días próximos días 24 e 25, coincidindo co Black Friday. Din sentirse discriminadas respecto a outros empregados do grupo con sede en Arteixo. // Ledicia máxima entre os xogadores e afeccionados do Club Deportivo Arenteiro ao quedar emparellados co seu favorito, o Atlético de Madrid, no sorteo para a seguinte eliminatoria da Copa do Rei. // 17-11-22
No mar a alerta rebaixouse a amarela con ondas de ata cinco metros.Chuvias xeralizadas que poden ser localmente treboentas e vir acompañadas de saraiba. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento segue a soprar con forza. 17-11-22
Provoca mais ingresos hospitalarios de bebés so no último mes que o Covid durante toda a Pandemia. É o virus sincitial, unha verdadeira epidemia, según os especialistas que afecta sobre todo a nenos de pouca idade. // As asociacións de médicos opóñense a que as enfermeiras queden soas ao cargo dos Puntos de Atención Continuada. // As dependentas de Inditex da provincia da Coruña irán á folga os días próximos días 24 e 25, coincidindo co Black Friday. // Ledicia máxima no Club Deportivo Arenteiro ao quedar emparellados co seu favorito, o Atlético de Madrid, no sorteo para a seguinte eliminatoria da Copa do Rei. // 17-11-22