Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia. Unha medida para frear o aumento de contaxios decidida polo comité clínico da Xunta, que tamén amplía as restriccións na provincia de Ourense co confinamento perimetral do Carballiño, O Irixo e Boborás. //Falecidas 11 persoas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios. Os pacientes hospitalizados son 259 dos que 41 están nas UCI. //Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. //A entrada e saida do autobús son os momentos máis perigosos, nos que se produce o 90 por cento dos accidentes no transporte escolar. A asociación stop accidentes presenta un manual de boas prácticas para mellorar a seguridade. 14/10/20

Xornada de ceos parcialmente cubertos con chuvascos máis frecuentes nas provincias na Coruña e Lugo, máis illados e ocasionais na metade sur. As temperaturas con poucos cambios ou algo máis baixas. as máximas oscilarán entre os 15 graos previstos en Lugo e os 19 que agardan en Ourense. 14/10/20

As xuntanzas de amigos e familiares quedarán limitadas a partir desta medianoite a un máximo de 10 persoas en TODA Galicia..// 11 persoas falecidas nas últimas 24 horas, a cifra máis alta nun día dende o pasado 26 de abril. Os casos activos ascenden a 4.600, despois de rexistrarse 254 novos contaxios.// Salvamento marítimo pide a colaboración de bateeiros e confrarías para loitar contra unha gran mancha de combustible vertido á entrada da ría de Arousa. O ministerio de Transportes activa a fase de emerxencia do Plan de Resposta contra a contaminación mariña. 14/10/20

Establecementos de hostalería de Verín prepáranse para pechar a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden a petición do Concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas.//Galicia, que rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.510. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. //PSOE, PP e BNG pactan no Congreso unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20

Bares, cafetarías e outros establecementos de Verín prepáranse para pechar, a partir das oito desta tarde, de xeito voluntario. Atenden así a petición do concello, ante os datos de aumento de incidencia que sitúan esa comarca entre as máis afectadas. //A situación sanitaria empeora en Galicia, que rexistra outros 238 contaxios confirmados nas últimas horas. Os casos activos ascenden en total a 4.514. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima. // No congreso dos deputados, PSOE, PP e BNG pactan unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao e salvar a actividade industrial e o emprego. //Son robots que se levan postos, e axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas con brazos erguidos. Os Exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 500 expertos participan dende hoxe nun Congreso mundial de robótica vestible. 13/10/20

Galicia rexistra outros 238 contaxios de Covid-19 nas últimas horas. Os casos activos ascenden a 4.514. A inclusión de Tomiño, xunto a Santiago e Arteixo, Eleva a 11 os concellos en alerta máxima.// No Congreso dos Deputados, PSOE, PP e BNG pactan unha iniciativa para pedir a intervención pública temporal da fábrica de Alcoa en San Cibrao..//Robots que se levan postos e axudan a facer movementos para evitar lesións provocadas por traballar durante horas con brazos erguidos. Son os exoesqueletos, como os que proba o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia. 13/10/20

Situación intermedia entre o anticiclón no Atlántico e unha borrasca no Mar do Norte. Unha situación que hoxe e mañá nos ha deixar un tempo moi semellante con ceos anubrados, precipitacións febles no terzo norte e claros no sur. As temperaturas mínimas subiron pero as máximas han baixar. Quedarán en xeral por baixo dos 15 graos. 13/10/20