Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Los presidentes de Galicia, Castilla La Mancha y Andalucía han defendido la actuación de las Comunidades Autónomas durante la pandemia. Alberto Núñez Feijóo ha dicho que ha sido incluso mejor que la del Gobierno central. Emiliano García-Page ha pedido que sean las autonomías los que gestiones directamente los fondos europeos para la recuperación. El andaluz Juan Manuel Moreno hablaba de definir el marco competencial aunque no lo cree necesario en este momento. Informa Pablo Lago

A cidade de Ourense, ao borde do confinamento. Así o advirte o conselleiro de Sanidade que endurece as medidas para frear os contaxios e prohibe todas as reunións de persoas non convivintes..// Os casos activos de Covid-19 en Galicia baixan hoxe en 56, son un total de 4.203, logo de rexistrarse cerca de 200 novos contaxios. //Os expresidentes do goberno aproveitan o Foro que se celebra na illa da Toxa para facer unha Pechada defensa da monarquía e do sistema constitucional. //Un thriller de mulleres con pano na cabeza. Así describe a directora Paula Cons a sua película: A Illa das Mentiras, que hoxe se estrea en cines de toda Galicia. 02/10/20 

O expresidente Mariano Rajoy reclama diálogo e entendemento entre as administracións para afrontar a pandemia da Covid-19, na segunda xornada do Foro Vínculo Atlántico, que se celebra na Illa da Toxa//Os casos activos en Galicia baixan hoxe en 56, son un total de 4.203, logo de rexistrarse cerca de 200 novos contaxios. A incidencia segue a subir na área sanitaria de Ourense, onde o Comité Clínico aprobou hoxe novas restriccións, mentres baixa na da Coruña.. // O paro rexistrado baixa en 377 persoas en Galicia no mes de setembro. É un descenso do 0´2 por cento, medio punto inferior ao do conxunto de España, en que se rexistrou a maior caída da serie histórica. //Un thriller de mulleres con pano na cabeza. Así describe a directora Paula Cons a sua película: A Illa das Mentiras, que hoxe se estrea en cines de toda Galicia. Narra o maior naufraxio civil rexistrado na nosa historia, con máis de 200 mortos na ría de Arousa, do que están a piques de cumplirse cen anos. 02/10/20

A cidade de Ourense, ao borde do confinamento. Así o advirte o conselleiro de Sanidade que endurece as medidas para frear os contaxios e prohibe todas as reunións de persoas non convivintes. A media de idade dos contaxiados, di, é alta e aumenta a presión hospitalaria. // Os casos activos de Covid-19 en Galicia baixan hoxe en 56, son un total de 4.203, logo de rexistrarse cerca de 200 novos contaxios. A incidencia segue a subir na área sanitaria de Ourense, mentres baixa na da Coruña.//.Os expresidentes do goberno aproveitan o Foro que se celebra na illa da Toxa para facer unha Pechada defensa da monarquía e do sistema constitucional. Mariano Rajoy chama a un pacto entre as administracións e Felipe González reprocha as críticas de membros do goberno a figura do Rei. 02/10/20

Nas próximas horas continuaremos baixo os efectos da borrasca situada sobre a Bretaña francesa e que deixa precipitaciòns intermitentes que poden ser de sarabia e mesmo de neve, nos cumios máis altos. As temperaturas seguen baixas e o vento fai aumentar a sensación de frío. 02/10/20 

Expresidentes de goberno, empresarios destacados e intelectuais. Danse cita na Illa da Toxa para analizar o impacto da crise sanitaria na saúde e na economía internacional, no foro que está a piques de ser inaugurado polo rei Felipe VI. // Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. //A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. 01/10/20

Ximnasia nos corredores, para evitar zonas comúns, controis rigorosos de entrada e moita desinfección. Así loitan contra os contaxios nesta Residencia de Lalín, logo de superar un episodio de casos positivos. No Día internacional do Maior, botamos unha ollada a cómo son atendidas as persoas de máis idade nestes tempos de pandemia.// Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259 .//O impacto da crise sanitaria na saúde e na economía internacional, será o tema que analizarán políticos, empresarios e intelectuais que se dan cita na Illa da Toxa, no foro que será inaugurado esta tarde polo rei Felipe VI e o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa. // O Concello da Coruña permite aos locais de lecer nocturno cambiar provisionalmente de licenza para que poidan abrir cos mesmos horarios e condicións de bares e cafeterías. 01/10/20 

Os casos activos ascenden lixeiramente, ata 4.259. Contabilízanse sete novos falecementos nas últimas horas, que elevan a 747 cifra total de vítimas mortais. Hai 33 pacientes na UCI e 203 en unidades de hospitalización. // A Xunta anuncia a creación dun sistema de "COVID AUTO ESCOLA" para axilizar a detección e illamento de casos en centros educativos. Cando apareza un caso nunha aula e haxa que practicarlle PCRs a todos os estudantes desa clase serán derivados a estes espazos específicos. 01/10/20

Galicia quedou dende as primeras horas de hoxe nunha situación de chubascos illados e ocasionais. Pola tarde os ceos irán cubrindo progresivamente, a espera dunha nova fronte que chegará pola noite e deixará, de novo, chuvias en toda comunidade. As temperaturas máximas descenderán, so en Ourense pasan dos 20 graos. 01/10/20