Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Un outono máis cálido e seco do habitual. É a predicción que acaba de facer a Axencia Estal de Meteoroloxía para a estación que empeza a próxima semana, logo dun veran que se converte no segundo coas temperaturas máis altas dende que hai rexistros, só por detrás do de 2013. De momento, esta tarde segue activada a alerta por treboadas na metade norte. // Os casos activos de Covid-19 ascenden a 4.317, COLAS logo de rexistrase 248 novos contaxios nas últimas horas. Os pacientes ingresados en UCI aumentan a 32, e os demáis hospitalizados son 241. En canto aos falecementos rexistráronse catro máis nas últimas horas, e o total de vítimas suma xa 705  // Unha investigación da Universidade de Santiago revela cómo foi a chegada do coronavirus a España, a partir de datos xenéticos. Vitoria, no País Vasco, foi a porta de entrada, a principios de febreiro, e en Marzo expandíuse dende Madrid ao resto de comunidades. 18/09/20

Obras urxentes para agrandar espazos, colocar mamparas e intentar adaptar os edificios ao protocolo de seguridade. É o que ocorre en boa parte dos institutos de secundaria e FP para chegar en condicións ao comezo do curso. Os profesores esperan coñecer hoxe a listaxe definitiva de prazas. // Unha investigación da Universidade de Santiago revela cómo foi a chegada do coronavirus a España. Vitoria, no País Vasco, foi a porta de entrada, a principios do mes de febreiro, e a partir de Marzo expandíuse dende Madrid ao resto de comunidades. //Salvar as pallozas do Piornedo, deterioradas logo de cinco anos sen mantemento. E o que se propón unha asociación veciñal que ten recadado fondos a través de internet para sementar e colleitar o centeo necesario para reteitar as cubertas de palla. 18/09/20 

Boa parte de Galicia continúa hoxe en alerta por treboadas e chuvias intensas. A aemet mantén activo ese aviso na metade norte da comunidade ata ás oito desta tarde despois de que onte se contabilizan máis de 4.000 raios Treboadas con chuvascos que serán máis probables no interior da comunidade. Inestabilidade que se manterá durante toda a fin de semana. 18/09/20

En las últimas semanas, varias embarcaciones han sufrido daños al ser golpeadas por orcas en aguas de Galicia.  Algunas, incluso, han tenido que ser rescatadas por Salvamento Marítimo. Los expertos aseguran que la presencia de estos cetáceos en esta época del año es normal, y creen que lo que realmente hacen es jugar...

Cortan cunha baricada, por sorpresa, a autovía do Cantábrico, a altura de Ribadeo, na Ponte dos Santos que estivo pechada ao tráfico boa parte da mañá. É a volta ás mobiliacións dos traballadores de Alcoa // Cinco falecidos máis, dous deles na residencia de Outeiro de Rei, elevan as vitimas mortais en Galicia a 701. Os casos activos baixan, en total a 4.306. As residencias suman 317 casos. A aplicación para o movil Radar Covid comeza a estar operativa en Galicia // 24 alumnos do colexio Salesianos de Vigo ESTÁN en corentena polo positivo dunha compañeira contaxiada no entorno familiar. En toda Galicia, Educación contabiliza 29 casos entre alumnos e traballadores de Primaria // A enerxía eólica cubre xa o 47 por cento de toda a demanda de electricidade de Galicia. Os 180 parques instalados na nosa comunidade convértense na principal fonte de producción eléctrica. O sector dá emprego a cerca de 5.000 traballadores. 17/09/20

Alerta por chuvias e treboada para esta tarde en toda Galicia. En dúas horas, a partir das catro e ata a medianoite, a aemet avisa de que se poden producir chuvias intensas. Ata 15 litros por metro cadrado en tan só unha hora segundo as previsións. Chuvias e treboadas que mesmo poden vir acompañadas de sarabia. As temperaturas seguirán altas. Máximas que oscilarán entre os 27 graos previstos na Coruña e os 31 que agardan en Ourense. 17/09/20