O Sergas opta por cambiar aos usuarios as máscaras de tea polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas, as de tea, alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.//As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios coa ollada posta nas xuntanzas familiares. // Campaña da Universidade de Santiago para Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. 30/09/20
A proliferación de máscaras de tea, no punto de mira da polémica. O SERGAS opta por cambiarllas aos usuarios polas cirúrxicas, que se consideran de maior protección. O único laboratorio habilitado en Galicia para certificar as máscaras hixiénicas alerta de que se están a rexistrar erros no etiquetado.// A Universidade de Santiago pon en marcha unha campaña para fomentar o lecer responsable entre os estudantes. Dende que empezou o curso, a policia local leva desaloxadas máis de oitenta festas nocturnas en pisos da cidade.// A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. //Veciños de Rande denuncian como contaminante a actividade da empresa AUCOSA, adicada a transformación de resíduos da industria conserveira. 30/09/20
As reunións limítanse a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. O comité Clínico endurece así as medidas de control para evitar contaxios.// Concienciar aos mozos de que é mellor quedar nos bares que facer festas descontroladas nas casas. É unha das mensaxes da campaña que a Universidade de Santiago pon en marcha coa asociación de hostelería para fomentar o lecer responsable entre os estudantes //.A economía galega sairá algo menos danada que a de outras comunidades da crise provocada pola pandemia. Así o cren os expertos do Foro Económico de Galicia. 30/09/20
A influencia anticiclónica irá ao longo do día quedando atrás, para deixar paso á chegada dunha fronte fría. Así hoxe temos ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, e pola noite chegarán as nubes baixas e as chuvias. As temperaturas, en lixeiro descenso, con máximas de ata 23 graos en Ourense. O vento sopla en xeral moderado con intervalos fortes na costa norte e espéranse rachas moi fortes pola noite. 30/09/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
Traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións, nas que busca a complicidade dos gobernos central e autonómico. A Empresa insiste na sua negativa total a salvar a planta de Aluminio O número de afectados pola Covid-19 en Galicia segue a baixar. Son 4.279 casos activos, 56 menos ca onte. Os falecidos aumentan en cinco, ata 736. // Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. Recolle máis de 5.000 Sinaturas en apoio de que lle deixen abrir en igualdade de condicións que o resto da hostalaría. 29/09/20
Cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións dos traballadores de Alcoa, nas que buscan a complicidade dos gobernos central e autonómico. A Empresa insiste na sua negativa total a salvar a planta de Aluminio //O Presidente da Xunta admitíu hoxe a posibilidade de que as administracións teñan que recurrir á intervención da factoría pra seguir garantindo o seu funcionamento. //Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. Recolle máis de 5.000 sinaturas en apoio de que lle deixen abrir en igualdade de condicións que o resto da hostalaría. //Os peregrinos poderán selar dixitalmente os xustificantes de ter feito o camiño para obter a Compostela. O arzobispado deseña a aplicación para móbiles que entrará en funcionamento a partir de xaneiro do ano que ven. 29/09/20
Cortan os accesos á factoría de San Cibrao. É o arranque dunha nova fase de mobilizacións dos traballadores de Alcoa, nas que buscan a complicidade dos gobernos central e autonómico.//Folga de fame dun empresario de lecer nocturno da Coruña, para chamar a atención da sua situación, logo de dous meses co negocio pechado e sen axudas. //Os peregrinos poderán selar dixitalmente os xustificantes de ter feito o camiño para obter a Compostela. O arzobispado deseña a aplicación para móbiles que entrará en funcionamento a partir de xaneiro do ano que ven. 29/09/20
Continuamos baixo a influencia das altas presións que deixan tempo solleiro. Ceos pouco nubrados ou despexados con tempreraturas en ascenso entre lixeiro e moderado grazas á entrada de aire cálido. O vento sopra frouxo de compoñente norte. Unha situación que comezará a mudar mañá, cando se agarda que cheguen as precipitaciòns pola noite. 29/09/20
Galicia baixa dos 150 novos contaxios diarios, por primeira vez dende que comezou a segunda vaga, a mediados de agosto. Os casos activos suman 4.353. Os pacientes hospitalizados aumentan en 12 e hai que contar dous facelementos no último día. // Sanidade reforza con 200.000 doses máis o dispositivo para a campaña de vacinación da gripe deste ano. Confía en que a incidencia sexa menor, grazas ás medidas de distanciamento pero intensifica o chamamento aos grupos de risco, especialmente maiores usuarios de residencias. // Unha xenialidade de Iago Aspas válelle o gol co que iguala o record de máximo anotador do club vigués na primeira división. O encontro co Valladolid remata en empate con actuación polémica arbitral. O obradoiro encadea a terceira vitoria consecutiva e encabeza a clasificación na liga ACB. 28/09/20