Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Así están a funcionar os controis policiais nos accesos para asegurar o confinamento perimetral de Ourense e Barbadás. Dende esta mañá, Os axentes comproban que se cumpla a prohibición de desprazarse fora da área sen xustificación e que afecta a unhas 120.000 persoas..// O número de casos de coronavirus entre os usuarios das residencias da terceira idade dispárase  a 414. //Constituída no parlamento galego a comisión para a reactivación económica, social e cultural fronte á pandemia. Os grupos políticos galegos coinciden na necesidade de chegar a acordos sobre o destino dos fondos procedentes da Unión Europea. //Un transporte público adaptado para mascotas. É a iniciativa á que se suman dous taxistas da Coruña, con vehículos adaptados con tódalas medidas de seguridade para permitir que os animáis viaxen con ou sen compañía dos donos. 08/10/20

Controis policiais nos accesos para asegurar o confinamento perimetral de Ourense e Barbadás. Dende esta mañá, Os axentes comproban que se cumpla a prohibición de desprazarse fora da área sen xustificación por razóns de traballo, médicas ou educativas, e que afecta a unhas 120.000 persoas.. // Os casos activos da Covíd-19 na cidade de Ourense continúan aumentando. Hoxe son 536, 25 máis que o día anterior. O sector da hostalaría advirte do efecto devastador que as medidas de restricción están a ter na sua actividade.// Constituída no parlamento galego a comsión para a reactivación económica, social e cultural fronte á pandemia. Os grupos políticos galegos coinciden na necesidade de chegar a acordos sobre o destino dos fondos procedentes da Unión Europea. // Un transporte público adaptado para mascotas. É a iniciativa á que se suman dous taxistas da Coruña. 08/10/20

Os axentes comproban que se cumpla a prohibición de desprazarse fora da área formada por Ourense e Barbadás sen xustificación e que afecta a unhas 120.000 persoas. /A área sanitaria de Ourense rexistra 85 novos infectados nas últimas 24 horas. Tamén empeora a situación das residencias de maiores, cun gromo na de Pereiro de Aguiar no que 106 usuarios dan positivo. //Constituída no parlamento galego a comisión para a reactivación económica, social e cultural fronte á pandemia. Os grupos políticos galegos coinciden na necesidade de chegar a acordos. 08/10/20

quedamos baixo a influencia das altas presións. Os bancos de néboa do interior e as brétemas da costa darán paso a ceos pouco nubrados ou despexados esta tarde. As temperaturas mínimas baixaron, mentres que as máximas seguen sen cambios superando os vinte graos nas catro provincias, mesmo chegando aos 26 na metade sur. 08/10/20