Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia rexistra o record de casos activos dende que comenzou a pandemia. 5.675, logo de contabilizarse 461 positivos nas últimas 24 horas. // Núñez Feijóo manifesta a sua ledicia pola postura do Partido Popular ao votar contra a moción de censura de Vox. O presidente da Xunta insiste en reclamar criterios homoxéneos en toda España para a loita contra a Covid-19, A Xunta ofrece colaboración aos concellos pequenos xestionar as sacións por incumplimento das normas sanitarias.// Os traballadores de Alcoa seguen a reclamar unha solución política. Hoxe escenificaron diante da oficina de emprego de Burela o que podería suceder se non se paraliza o ERE. 22/10/20

Máximo de cinco persoas por mesa, agás en puntos como Santiago, onde so se poden xuntar os conviventes e o interior dos locais está vetado. Son as normas que entran en vigor o mesmo día en que Galicia rexistra o record de casos activos dende que comenzou a pandemia. 5.675, logo de contabilizarse 461 positivos nas últimas 24 horas// Seguen a aumentar os concellos en alerta vermella pola alta incidencia acumulada nos últimos sete días. Pasan de 21 a 24. Incorpóranse á lista Monforte,Teo, Nigrán e O Porriño. 22/10/20

Toda Galicia volve ao nivel 2, con reunións limitadas a un máximo de cinco persoas, para frear o aumento disparado dos contaxios. Os responsables sanitarios advirten de que o 90 por cento prodúcense en reunións familiares. //Feijóo anuncia no Parlamento unha nova proposta de xestión das residencias de maiores para mellorar a protección dos usuarios, ainda que destaca que a mortandade dos centros galegos é menor que os da media de España // En Santiago e o Milladoiro, que soben a nivel 3, a limitación é aínda máis severa e quedan prohibidas as reunións de persoas que non convivan. Ademais Verín, Oímbra e Vilardevós súmanse aos concellos ourensáns con limitación de mobilidade perimetral. E suspéndese toda actividade considerada non esencial no Carballiño, O Irixo e Boborás, onde, segundo sanidade, se endurecen as restriccións porque non se estaban a respetar as que xa estaban vixentes. 21/10/20

Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. Os pacientes hospitalizados en planta ascenden a 277, once máis ca onte. A área sanitaria de Ourense é a única na que descende o número de contaxios. Esta tarde reúnese o comité clinico, que tomará novas medidas. //intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. 20/10/20

Aumento de Intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. /O ministerio de Ciencia aporta 17 millóns de euros para máis de cen proxectos de investigación desenvolvidos en centros galegos. Entre eles destacan os tres estudos de investigadores da Universidade de Santiago para o desenrolo de vacinas do coronavirus. 20/10/20