E no tempo volverán as chuvias esta tarde. Serán xeralizadas en toda Galicia con chuvascos que serán mais intensos e persistentes en Ourense, sobre todo en zonas altas onde tamén se agardan refachos de vento moi fortes. AS temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. As máximas aínda chegarán hoxe os 20 graos en moitos puntos grazas ao vento do sur. 20/10/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella. //As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas polo colapso da páxina web na que se fan as solicitudes. Os colexios de médicos e enfermeiras rexeitan esta fórmula de realizar un cribado nas zonas máis afectadas. //Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. Unha doenza que afecta cada ano a unha 2.000 mulleres en Galicia. A esperanza de vida mellora ata nun 80 por cento dos casos. 19/10/20
As catro farmacias de Barbadás son as únicas que poden, de momento, facer os test rápidos para o cribado de casos nas zonas confinadas. O colapso da páxina web na que se fan as solicitudes retrasa a sua implantación no resto dos concellos previstos.. //os casos activos seguen a aumentar en Galicia e xa son 5.101, a cifra máis alta da segunda vaga da pandemia. Os falecidos ascenden a 822. Nas últimas 24 horas rexistráronse 417 novos contaxios. //A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios, a maioría relacionados con celebracións familiares. Os concellos de Cangas e Nigrán pasan a alerta vermella e Gondomar e Porriño pasan ao nivel 2. // Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. 19/10/20
Unha borrasca foise achegando a Galicia e con ela a partir do mediodía comezaron as chuvias. É unha fronte moi activa que barre Galicia con ventos que xa superaron os 115 km por hora en Vimianzo na Coruña e que deixará chuvias localmente fortes á tarde na metade oeste e en zonas altas con varias alertas activas en toda a fachada atlántica. 19/10/20
O colapso da páxina web na que se fan as solicitudes retrasa a realización de test nas farmacias dos concellos previstos da provincia de Ourense. Os colexios de médicos e enfermeiras rexeitan esta fórmula para facer un cribado de casos. //Os casos activos son xa 5.101, a cifra máis alta da segunda vaga da pandemia. Os falecidos ascenden a 822. //A area sanitaria de Vigo, con case 100 novos positivos nun día, sitúase á cabeza no ritmo de aumento de contaxios, a maioría relacionados con celebracións familiares. //Desmitificar a enfermidade e chamala polo seu nome sen reparo. É a mensaxe das pacientes no Día Mundial do Cancro de Mama. Unha doenza que afecta cada ano a unha 2.000 mulleres en Galicia. A esperanza de vida mellora ata nun 80 por cento dos casos. 19/10/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
As farmacias das zonas confinadas da provincia de Ourense poden xa facer test rápidos de coronavirus a quen o solicite. Así o decidíu o comité de expertos da Xunta, que advirte que os próximos quince días serán vitais para o control da pandemia. //Os contaxios de Covid-19 repuntan en Galicia, con 346 novos positivos confirmados. Os casos activos sitúanse en 4.680.. //Pontedeume cumpre unha semana sen poder consumir auga da traída, pola turbidez do río. A Xunta abre un expediente sancionador a Endesa, a que atribúe unha mala xestión do encoro situado augas arriba. //Olga Novo, unha das voces más destacadas da literatura contemporánea en galego, recibe o premio nacional de poesía deste ano, pola sua obra Feliz Idade. 16/10/20