Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Confírmase o primeiro caso de coronavirus en Galicia // Optimismo no sector pesqueiro galego co arranque das negociacións do Brexit, que xa comezaron // Unha instructora de voo coruñesa forma parte do escaso 4% de mulleres pilotos de avión en España. 04/03/20

Optimismo no sector pesqueiro galego co arranque das negociacións do Brexit, que xa comezaron // Os recursos sanitarios no rural volven á polémica política pola morte dun home en Lalín despois de esperar 36 minutos por unha ambulancia desprazada desde Chantada // Os okupas néganse a abandonar a praza de Abastos de Ourense en obras // 56 reclusos da Lama fórmanse para a vida en liberdade no módulo "Nelson Mandela" // Hoxe abre na Cidade da Cultura, en Santiago, unha exposición que busca recoñecer o traballo das redeiras galegas // Unha instructora de voo coruñesa forma parte do escaso 4% de mulleres pilotos de avión en España. 04/03/20

Seguimos na influencia das baixas presións. Ceos moi anubrados, con chuvias máis persistentes na metade oeste de Galicia. Pola noite chegará unha nova fronte que fará que se intensifiquen a chuvia e, sobre todo, o vento. As temperaturas mínimas soben lixeiramente e máximas acadarán os 18 graos na Coruña e Ferrol e os 19 en Ourense. 04/03/20 

Optimismo no sector pesqueiro galego co arranque das negociacións do Brexit, que xa comezaron // Os recursos sanitarios no rural volven á polémica política pola morte dun home en Lalín despois de esperar 36 minutos por unha ambulancia desprazada desde Chantada // Os okupas néganse a abandonar a praza de Abastos de Ourense en obras // 56 reclusos da Lama fórmanse para a vida en liberdade no módulo "Nelson Mandela" // Hoxe abre na Cidade da Cultura, en Santiago, unha exposición que busca recoñecer o traballo das redeiras galegas // Unha instructora de voo coruñesa forma parte do escaso 4% de mulleres pilotos de avión en España. 04/03/20

O paro reduciuse en 1.500 persoas en Galicia no mes de febreiro, unha caída do 0,9%, case catro veces máis que a media do conxunto de España // O 900 400 116 é o novo teléfono habilitado pola Xunta para información xeral sobre o coronavirus // Minia Manteiga é a única catedrática de astrofísica de Galicia e mañá converterase na cuarta muller que ingresa na Real Academia Galega das Ciencias (03/03/20)

Cambiamos a masa de aire frío por outra de aire cálido e húmido que fai subir as temperaturas e trae máis chuvia. Os chuvascos serán xeralizados e localmente fortes no oeste. Na metade norte seguirá a soprar o vento con refachos fortes. No mar continúa a alerta por ondas, que poden acadar aos 6 metros, sobre todo no litoral da Coruña e Lugo. (03/03/20)

O paro reduciuse en 1.500 persoas en Galicia no mes de febreiro, unha caída do 0,9%, case catro veces máis que a media do conxunto de España // O 900 400 116 é o novo teléfono habilitado pola Xunta para información xeral sobre o coronavirus // Nace a plataforma pola regulación de vivendas de uso turístico en Galicia // Os xuíces poderán anular o IRPH das hipotecas duns trinta mil galegos se o ven abusivo // Enxeñeiros informáticos recoñecen o legado de Ángela Ruiz Robles, considerada precursora do libro electrónico // Minia Manteiga é a única catedrática de astrofísica de Galicia e mañá converterase na cuarta muller que ingresa na Real Academia Galega das Ciencias. (03/03/20)