Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comeza a desinfección do centro cívico de Feáns, na Coruña, para acabar coa posible presenza de coronavirus // A garda civil desmantela en Pazos de Borbén, Pontevedra, un taller clandestino onde se reparaban armas de fogo e municións para a súa venda ilegal // Traballadores de Renfe e de Adif denuncian a falta de mantemento da rede de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo // Hoxe celébrase o Día da Clase Obreira Galega, con homenaxes aos dous traballadores que morreron hai 48 anos nas protestas do naval en Ferrol // Aparecen nas praias galegas varias ducias de aves mariñas manchadas de hidrocarburos, a meirande parte delas mortas // O CRA de Valga cumpre vinte anos como escola rural innovadora e de calidade. (10/03/20)

Comeza a desinfección do centro cívico de Feáns, na Coruña, para acabar coa posible presenza de coronavirus // Hoxe celébrase o Día da Clase Obreira Galega, con homenaxes aos dous traballadores que morreron hai 48 anos nas protestas do naval en Ferrol // Aparecen nas praias galegas varias ducias de aves mariñas manchadas de hidrocarburos, a meirande parte delas mortas. (10/03/20)

O anticiclón achega aire cálido que tamén notaremos en Galicia, sobre todo no leste, onde os ceos estarán despexados. No resto ceos máis cubertos con algunha chuvia feble no litoral atlántico. As temperaturas soben con ascensos notables nas montañas do interior. As máximas oscilan entre os 17 graos previstos en Pontevedra e os 20 que agardan en Ourense. (10/03/20)

Desde hoxe non se permite abrazar a imaxe do apóstolo na catedral de Santiago, para previr contaxios polo coronavirus, con seis casos confirmados en Galicia // Peche total ao tráfico da Porta do Sol, no centro de Vigo, e 17 liñas de autobús desviadas // O "violador de Augas Férreas" recoñece os feitos e acepta seis anos e medio de cárcere. (09/03/20)