- También imputa al alcalde de Ferrol José Manuel Rey
- La jueza trata de desvelar posibles irregularidades en concesiones municipales
- Baltar está imputado en otro proceso por presunta prevaricación en contratos
Moita xente olla hoxe para o ceo, tratando de calcular o tempo que imos ter pola noite. Segundo avance a tarde, a cousa irá a peor e, igual que en días pasados, chegarán os tronos e precipitacións. A boa noticia é que, de cara á noite, cando pase o episodio de tronada, as precipitacións diminuirán e mesmo chegarán a desaparecer en moitas zonas // Semana decisiva para o cambio de propiedade e de dirección en NovaGalicia Banco. Celébrase na Coruña a Xunta xeral de accionistas que vai elexir aos membros do novo Consello de Administración para que dirixa á entidade resultante da fusión das caixas galegas, e logo da súa compra polo venezolano Banesco // Sen trazas de solución para o conflicto laboral da recollida do lixo urbán en lugo, cando están a piques de cumprirse os 15 días dende que se iniciou a folga. Traballadores e empresa concesionaria seguen sen negociar e o Concello anuncia que vai ampliar o seu recurso á pública Tragsa, tratando de evitar os cheiros e perigo sanitario. 23/06/14
Moita xente olla hoxe para o ceo, tratando de calcular o tempo que imos ter pola noite. Segundo avance a tarde, a cousa irá a peor e, igual que en días pasados, chegarán os tronos e precipitacións. A boa noticia é que, de cara á noite, cando pase o episodio de tronada, as precipitacións diminuirán e mesmo chegarán a desaparecer en moitas zonas // Semana decisiva para o cambio de propiedade e de dirección en NovaGalicia Banco. Celébrase na Coruña a Xunta xeral de accionistas que vai elexir aos membros do novo Consello de Administración para que dirixa á entidade resultante da fusión das caixas galegas, e logo da súa compra polo venezolano Banesco // Sen trazas de solución para o conflicto laboral da recollida do lixo urbán en lugo, cando están a piques de cumprirse os 15 días dende que se iniciou a folga. Traballadores e empresa concesionaria seguen sen negociar e o Concello anuncia que vai ampliar o seu recurso á pública Tragsa, tratando de evitar os cheiros e perigo sanitario. 23/06/14
Moita xente olla hoxe para o ceo, tratando de calcular o tempo que imos ter pola noite. Celébrase na Coruña a Xunta xeral de accionistas que vai elexir aos membros do novo // Consello de Administración para que dirixa á entidade resultante da fusión das caixas galegas // Sen trazas de solución para o conflicto laboral da recollida do lixo urbán en lugo, cando están a piques de cumprirse os 15 días dende que se iniciou a folga. 23/06/14
Tarde de precipitacións tormentosas. De cara á noite, serán menos intensas e menos frecuentes. 23/06/14
Un dia moi agardado para máis de 350.000 alumnos galegos, que hoxe inician as vacacións de verán. Unha xornada de festa na maioría dos centros escolares, ainda que tamén de despedidas e bágoas polos que deixan a escola // Xa coñecemos a primeira valoración do Presidente da Xunta do discurso do novo Rei, Filipe Sexto, na súa proclamación, á que asistiu. Núñez Feijóo calificouno de impecable e destacou o respeto que o monarca amosou polas comunidades autónomas // Remata a instrucción do caso polo asasinato da pequena Asunta Basterra. 9 meses despois do crime o xuiz José Antonio Vázquez Taín rexeita practicar máis probas solicitadas pola defensa de Rosario Porto e Alfonso Basterra, os únicos imputados, por consideralas innecesarias e abusivas. As partes teñen que presentar agora os seus escritos de acusación e defensa e pronunciarse sobre a apertura de xuízo oral. 20/06/14
3 feridos graves en Cervantes, Lugo. Ao parecer un ancián teríalle disparado a outros 2 homes, pai e fillo e logo tentou suicidarse. Sucedía esta mañá na aldea de Couso neste municipio da montaña lucense. Os 3 foron trasladados o hospital de Lugo // O Presidente da Xunta calicou de impecable e cheo de sentido común o discurso do Rei Felipe Sexto, do que destacou o seu compromiso co Estado das Autonomías. Foi despois dun consello no que participou, por primeira vez, a nova titular da carteira de infraestructuras, Ethel Vázquez // A Comisión Europea autorizou o plan de reestructuración de Novagalicia Banco trala venda da entidade galega a Banesco. Era o último trámite que faltaba para que a entidade venezolana se fixera coa resultante da fusión das caixas galegas. 20/06/14
Un dia moi agardado para máis de 350.000 alumnos galegos, que hoxe inician as vacacións de verán // Núñez Feijóo calificou de impecable o discurso de Felipe VI e destacou o respeto que o monarca amosou polas comunidades autónomas // Remata a instrucción do caso polo asasinato da pequena Asunta Basterra. 20/06/14
Mudou o tempo e notarémolo sobre todo a partir desta tarde porque volverán as chuvias. Serán en forma de treboada que pode ser forte no interior das provincias da Coruña e Lugo. A aemet mesmo activou dúas alertas amarelas. 20/06/14
- Cree "abusivas, dilatorias e innecesarias" las pruebas solicitadas por las partes
- Da cinco días a las partes para pronunciarse sobre la apertura de juicio oral
Galicia estivo presente nos actos de proclamación de Felipe Sexto coma novo monarca. O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo asistiu, no Congreso dos deputados, ao discurso de Don Felipe, ao carón dos dirixentes das outras comunidades históricas: Cataluña e o Pais Vasco e participou tamén na recepción posterior // Lixeira melloría na situación das rúas de Lugo, despois de que os equipos de limpeza retiraran lixo das zonas consideradas en risco sanitario. A folga dura xa dez días e intensifícanse os intentos de que empresa concesionaria e representantes dos traballadores retomen a negociación // A localidade pontevedresa de Redondela vive hoxe a tradicional celebración da festa da Coca, coas rúas cubertas de alfombras de flores, e a tradicional danza das espadas e as penlas que representa a loita contra un mítico dragón ao que vencen os mariñeiros. 19/06/14
Tomou posesión do seu cargo a nova conselleira de medio ambiente, Ethel Vázquez, de 41 anos, enxeñeira de camiños // O concello de Lugo vai solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencia para que retire o lixo acumulado nas rúas da cidade, logo de nove días de folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida // Xa está operativo o helicóptero que vai vixiar o tráfico dende o aire nas estradas galegas dotado co sistema Pegasus. Controlará todo o noroeste peninsular, incluídas Castela- León e Asturias. As súas cámaras permiten dectectar as infraccións dende unha altura de mil metros. 18/06/14
Tomou posesión do seu cargo a nova conselleira de medio ambiente. Ethel Vázquez, de 41 anos, enxeñeira de camiños e ata agora directora xeral na Xunta farase cargo do departamento que dirixía ata hoxe Agustín Hernández, que deixa o goberno galego para facerse cargo da alcaldía de Santiago // O concello de Lugo vai solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencia para que retire o lixo acumulado nas rúas da cidade, logo de nove días de folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida. Pedirá que o Exercito actúe nos puntos onde a presenza de residuos provoque situacións de risco sanitario // Vía libre, no Concello de Santiago para que o ata hoxe Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, chegue á alcaldía. O Pleno formalizou a renuncia de oito concelleiros do Partido Popular e deuse por enterado dos nomes propostos para acompañar ao novo rexedor no Goberno Municipal. 18/06/14
Tomou posesión do seu cargo a nova conselleira de medio ambiente, Ethel Vázquez, de 41 anos, enxeñeira de camiños e ata agora directora xeral na Xunta // O concello de Lugo vai solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencia para que retire o lixo acumulado nas rúas da cidade // Vía libre, no Concello de Santiago para que o ata hoxe Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, chegue á alcaldía. 18/06/14
Seguimos cos ceos despexados aínda que pouco a pouco irán entrando nubes de cara a tarde nas zonas de montaña e a néboa nas rías baixas. 18/06/14
Fede nalgúnhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo estímase que pode haber nelas máis de 900 toneladas amoreadas en torno os contedores. En máis de vinte puntos da cidade o concello ordeou a Tragsa que retirara parte dos refugallos por risco sanitario // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos. Reducíronse nun 86% dende abril do 2.013 // A nosa é tamén unha das zonas do estado con menos morosos. Aínda así, máis de cento cincuenta mil persoas non poder pagar recibos mensuais, as cotas dun préstamo ou da hipoteca // Perto de 400 congresistas de 23 estados da Unión Europea participan en Ferrol nun congreso de turismo industrial que trata de aproveitar para o sector turístico a historia naval da comarca e o potencial da natureza da zona. 17/06/14