Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de 2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Vellas glorias do celtismo xogarán hoxe en Vigo un partido para apoiar a candidatura das Illas Cíes coma Patrimonio da Humanidade. Saltarán ao céspede, nomes tan grandes do clube, como Patxi Salinas,Gustavo López ou Karpin. 29/05/14

Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións. Hoxe escenificou a súa desaparición a da Coruña. Os seus 400 membros aseguran que recuperaron practicamente todos os seus aforros // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de  2013. É a primeira vez en tres anos, que se rexistran cifras positivas interanuais // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. O fiscal rebaixou a súa petición de penas para o ex subdelegado do goberno na cidade, de 7 a un ano e medio de cadea. Retirou a acusación o alcalde de Pedrafita, e mantén unha petición de penas similares para o ex xefe de trafico en Lugo. 29/05/14

Empezan a disolverse as plataformas creadas polos afectados polas participacións preferentes, logo de tres anos de reclamacións // O PIB galego medrou un 0.2% no primeiro trimestre deste ano, con respecto ao mesmo período de  2013 // Visto para sentenza en Lugo o xuízo pola retirada de multas. 29/05/14 

A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes. O consello tamén aprobou un plan para que 600 beneficiarios da Renda de integración social (Risga) consigan un traballo. A mesma reunión deulle o visto e prace ao plan antiincendios deste verán, que pretende reducir o numero de lumes e de danos, e aumentar a investigación das causas // Rematou a comparecencia ante o xuíz dos once exdirectivos do ADIF que xestionaban ao administrador ferroviario no momento no que entrou en servizo a vía de Santiago na que, o pasado verán descarrilou o Alvia // En Narón continúan as investigacións para dar co dono da serpe que mordeu a unha veciña cando estaba no baño da súa casa. Hoxe mesmo a policía local pediu máis documentación a unha tenda de mascotas da vila para poder dar co dono da serpe. 28/05/14

A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes. O consello tamén aprobou un plan para que 600 beneficiarios da Renda de integración social (Risga) consigan un traballo. A mesma reunión deulle o visto e prace ao plan antiincendios deste verán, que pretende reducir o numero de lumes e de danos, e aumentar a investigación das causas // O prezo medio da vivenda segue a baixar en Galicia e situase en case 1.200 euros por metro cadrado. A maior caída no prezo dos inmobles no último ano rexistrouse en Lugo, con descensos superiores ao 10% // 719 millóns de euros son as perdas coas que rematou o ano pasado Pescanova. A multinacional pesqueira acumula un burato patrimonial de máis de 2.200 millóns. Son os últimos datos aportados pola administración concursal á Comisión Nacional do Mercado de Valores. 28/05/14

A xunta vai destinar cartos para ampliar o servizo de axuda no fogar a outras 500 persoas dependentes // O prezo medio da vivenda segue a baixar en Galicia e situase en case 1.200 euros por metro cadrado // 719 millóns de euros son as perdas coas que rematou o ano pasado Pescanova. 28/05/14 

A Xunta vai intensificar a vixilancia contra incendios nesas 79 parroquias que, nos últimos 5 anos rexistraron un número sospeitosamente alto de incendios. Tamén quere potenciar a concienciación dos veciños contra o lume // Renunciou ao seu cargo Adrián Varela, o xove concelleiro de Santiago imputado na operación Pokemon. O anuncio prodúcese despois de que sete dos seus compañeiros foran xulgados, acusados dun presunto delicto de prevaricación por ter votado a favor de que o concello lle pagase o avogado // Preocupación entre aforradores da Costa da Morte, na Coruña, temerosos polo destino dos seus cartos. Sospeitan que un axente de banca que traballa na zona de Laxe puido desviar de xeito irregular os fondos que lle confiaran. 27/05/14

Preocupación entre aforradores da Costa da Morte, na Coruña, temerosos polo destino dos seus cartos. Sospeitan que un axente de banca que traballa na zona de Laxe puido desviar de xeito irregular os fondos que lle confiaran // Renunciou ao seu cargo Adrián Varela, o xove concelleiro de Santiago imputado na operación Pokémon. O anuncio prodúcese despois de que sete dos seus compañeiros foran xulgados, acusados dun presunto delicto de prevaricación por ter votado a favor de que o concello le pagase o avogado para levar a súa defensa // A Xunta vai intensificar a vixilancia contra incendios nesas 79 parroquias que, nos últimos 5 anos rexistraron un número sospeitosamente alto de incendios. Tamén quere potenciar a concienciación dos veciños contra o lume e controlará as axudas públicas que reciban para o coidado do monte. 27/05/14 

Preocupación entre aforradores da Costa da Morte, na Coruña, temerosos polo destino dos seus cartos // Renunciou ao seu cargo Adrián Varela, o xove concelleiro de Santiago imputado na operación Pokemon // A Xunta vai intensificar a vixilancia contra incendios nas 79 parroquias que, nos últimos 5 anos rexistraron un gran número de incendios. 27/05/14 

O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos". O Partido Popular mantén a maioría co 35 por cento dos votos  pero baixa respecto ao 50 por cento que lograra hai cinco anos. O PSdeG-PSOE tamén baixa, do 35 ao 21 por cento, pero mantén a segunda posición. No terceiro posto afiánzase AGE. Un posto que lle arrebata ao BNG que perdeu máis de 20 mil votos respecto ao 2009 // O acceso ás localidades da Ría de Noia e a toda a costa coruñesa será máis doado este verán. A variante de Noia entrará en servizo a primeira fin de semana de xullo. Só lle falta o 3 por cento e hoxe realizáronlle probas de carga á ponte que atravesa a ría de Muros e Noia, incluída nesa variante, de 5 quilómetros // Tafisa, a fábrica pontevedresa de taboleiros e tarima flotante pecha, despois de 68 anos. Está en fase de liquidación despois de non superar un concurso de acreedores. 26/05/14

O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos".O Partido Popular mantén a maioría co 35 por cento dos votos pero baixa respecto ao 50 por cento que lograra hai cinco anos. O PSdeG-PSOE tamén baixa, do 35 ao 21 por cento, pero mantén a segunda posición. No terceiro posto afiánzase AGE. Un posto que lle arrebata ao BNG que perdeu máis de 20 mil votos respecto ao 2009 // Mergulladores da Garda civil buscan hoxe na costa da Guarda ao maior dos dous homes que desapareceron o pasado xoves mentres pescaban // O Deportivo non foi quen de aproveitar, en Soria, a oporturnidade de ascender directamente a Primeira División, ao perder ante o Numancia. Se empatara, xa sería equipo de Primeira ao perder o Las Palmas. 26/05/14 

O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos" // Mergulladores da Garda civil buscan hoxe na costa da Guarda ao maior dos  dous homes que desapareceron o pasado xoves mentres pescaban // O Deportivo non foi  quen de aproveitar, en Soria, a oporturnidade de ascender directamente a Primeira División, ao perder ante o Numancia. 26/05/14