O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos".O Partido Popular mantén a maioría co 35 por cento dos votos pero baixa respecto ao 50 por cento que lograra hai cinco anos. O PSdeG-PSOE tamén baixa, do 35 ao 21 por cento, pero mantén a segunda posición. No terceiro posto afiánzase AGE. Un posto que lle arrebata ao BNG que perdeu máis de 20 mil votos respecto ao 2009 // Mergulladores da Garda civil buscan hoxe na costa da Guarda ao maior dos dous homes que desapareceron o pasado xoves mentres pescaban // O Deportivo non foi quen de aproveitar, en Soria, a oporturnidade de ascender directamente a Primeira División, ao perder ante o Numancia. Se empatara, xa sería equipo de Primeira ao perder o Las Palmas. 26/05/14
O mapa político galego non muda de cor pero si sofre importantes variacións, logo dos comicios europeos, celebrados onte nas que a maior novidade é a irrupción de "Podemos" // Mergulladores da Garda civil buscan hoxe na costa da Guarda ao maior dos dous homes que desapareceron o pasado xoves mentres pescaban // O Deportivo non foi quen de aproveitar, en Soria, a oporturnidade de ascender directamente a Primeira División, ao perder ante o Numancia. 26/05/14
Xornada de nubes e claros na que de momento o tempo non permite esquecerse do paraugas en zonas como no litoral atlántico onde podería caer algún pequeno chuvasco. 26/05/14
O mal tempo complica os labores de busca dos dous pescadores de Tui desaparecidos logo de ser arrastrados por unha onda na Guarda, en Pontevedra. Os mergulladores pospuxeron a busca nas rochas, onde creen puideron quedar atrapados.
O consello da xunta aproba unha bonificación para o pago da factura da luz que beneficiará a 14 mil familias con menos recursos. É acumulable ao bono social do goberno e calculase que aforrará na factura ata o 40 por cento do total. O consello tamén autorizou pagar as cotas da seguridade social aos mozos menores de 30 anos que queiran facerse autónomos.
En marcha o proceso para que o estaleiro de Navantia de Ferrol poida construír un Buque de Acción marítima para a Armada. O Consello de Ministros autorizou hoxe a industria a financiar con 333 millóns de euros este novo barco e outro similar na bahía de Cádiz. Entre os dous sumarán máis dun millón de horas de traballo. (23/05/14)
O mal tempo complica os labores de busca dos dous pescadores de Tui desaparecidos logo de ser arrastrados por unha onda na Guarda, en Pontevedra. Os mergulladores pospuxeron a busca nas rochas, onde creen puideron quedar atrapados.
O consello da xunta aproba unha bonificación para o pago da factura da luz que beneficiará a 14 mil familias con menos recursos. É acumulable ao bono social do goberno e calculase que aforrará na factura ata o 40 por cento do total. O consello tamén autorizou pagar as cotas da seguridade social aos mozos menores de 30 anos que queiran facerse autónomos.
O Deportivo viaxa mañá a Soria para tentar conseguir fronte o Numancia o agardado ascenso a Primeira. Se gañan alí e perde ou empata o Las Palmas serían equipo de primeira. O adestrador confía en que o ascenso chegara e sería a terceira vez que Fernando Vázquez consegue levar un equipo a Primeira. (23/05/14)
Seguimos cos ceos encapotados e con chuviscas que pola tarde tenderán a remitir e con aire frío que nos segue a deixar temperaturas moi frescas para a esta época do ano. (23/05/14)
O mal tempo complica os labores de busca dos dous pescadores de Tui desaparecidos logo de ser arrastrados por unha onda na Guarda, en Pontevedra.
O consello da xunta aproba unha bonificación para o pago da factura da luz que beneficiará a 14 mil familias con menos recursos
O Deportivo viaxa mañá a Soria para tentar conseguir fronte o Numancia o agardado ascenso a Primeira. (23/05/14)
Navantia de Ferrol comezou a traballar na construcción do flotel para a petroleira mexicana Pemex. Esta mañá levouse a cabo alí o corte da primeira chapa de aceiro nunha factoría que leva medio ano sen apenas actividade. O buque suporá ocupación durante 2 anos xa que será entregado en xullo de 2016 // O Presidente da Xunta solicitoulle á nova Ministra de Agricultura a aplicación en Galicia dos máis modernos métodos de loita contra o lume e o impulso aos contratos lácteos e das organizacións de gandeiros para garantir mellores prezos para o leite. Tamén lle pediu o impulso do saneamento da ría do Burgo, na Coruña // A policía local de Narón investiga a procedencia dunha serpe que unha veciña deste concello de Ferrolterra, asegura que lle mordeu cando estaba sentada no baño da súa casa. As autoridades locais supuñen que lle puido escapar a algún veciño do inmoble e baixar polas cañerías ata a vivenda da afectada. 22/05/14
Navantia de Ferrol comezou a traballar na construcción do flotel para a petroleira mexicana Pemex. Esta mañá levouse a cabo alí o corte da primeira chapa de aceiro nunha factoría que leva medio ano sen apenas actividade. O buque suporá ocupación durante 2 anos xa que será entregado en xullo de 2016 // O presidente dos socialistas galegos nega nun comunicado irregularidades nas obras de reforma da súa casa. Unhas obras que investiga a xuíza Pilar de Lara nunha peza separada da Pokemon. Noutra que afecta a portavoz do PP de Galicia, Paula Prado, a fiscalía deu o visto bo para que se elevase o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola súa condición de aforada // A policía local de Narón investiga a procedencia dunha serpe que unha veciña deste concello de Ferrolterra, asegura que lle mordeu cando estaba sentada no baño da súa casa. As autoridades locais supuñen que lle puido escapar a algún veciño do inmoble e baixar polas cañerías ata a vivenda da afectada. 22/05/14
Navantia de Ferrol comezou a traballar na construcción do flotel para a petroleira mexicana Pemex // O presidente dos socialistas galegos nega nun comunicado irregularidades nas obras de reforma da súa casa // A policía local de Narón investiga a procedencia dunha serpe que unha veciña deste concello de Ferrolterra cando estaba no baño da súa casa. 22/05/14
En canto á situación meteorolóxica, de momento temos que seguir botando man do paraugas e con temperaturas bastante frescas. 22/05/14
O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros. Mañá empézase a cortar chapa para o flotel de Pemex, en Navantia // A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa. Son varios tomos de dilixencias do sumario entre os que figura a peza separada aberta á portavoz do PP Paula Prado e a que investiga sete supostos casos de corrupción no concello da Coruña // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. A Xunta detectou irregularidades tras cotexar os datos que aportaron as familias da súa renda coa información da Axencia Tributaria. 21/05/14
A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa. Son varios tomos de dilixencias do sumario entre os que figura a peza separada aberta á portavoz do PP Paula Prado e a que investiga sete supostos casos de corrupción no concello da Coruña // O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros. Mañá empézase a cortar chapa para o flotel de Pemex, en Navantia // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. A Xunta detectou irregularidades tras cotexar os datos que aportaron as familias da súa renda coa información da Axencia Tributaria. 21/05/14
A xuíza que instrúe o caso Pokémon entregoulles ás partes novos documentos relacionados coa causa // O Presidente da Xunta anunciou hoxe un programa de financiamento para a industria auxiliar do Naval por valor de 20 millóns de euros // Educación vai reclamar a devolución de 336.000 euros polo cobro supostamente indebido das axudas para libros de texto de hai catro cursos. 21/05/14
Hoxe seguiremos con chubascos e temperaturas bastante frescas e con neve nas zonas máis altas das montañas de Lugo e Ourense. 21/05/14