Seguirán os ceos despexados e as temperaturas en ascenso. En zonas do sur coma a cidade de Ourense, a máximas superarán os 30 graos. 15/05/14
As praias galegas son, un ano máis, as que lucirán máis bandeiras azuis en España, 123. Un distintivo que premia a limpeza e calidade das augas e os areais, e tamén os equipamentos para facilitar a presenza de bañistas. Sanxenxo é o municipio que contará con máis distintivos en toda España // Protestas en varios hospitais polo peche previsto de máis de mil camas asistenciais durante o verán. Os sindicatos aseguran que é a maior reducción nunha década e que obrigará a mesturar doentes de diversas especialidades. A Xunta di que é habitual reorganizar o servizo en época de vacacións e que 86 de cada cen camas seguirán operativas // Segundo caso de dimisión dunha concelleira socialista por comentarios nas redes sociais, despois do asasinato da Presidenta da Deputación de León. Deixou o seu cargo a número tres da lista do PSdeg-PSOE no concello pontevedrés de Meis a petición do seu partido que considera os comentarios que fixo inapropiadas e desafortunadas. 14/05/14
Después de las gallegas, las playas valencianas y catalanas son las que más banderas azules han logrado, aunque no son muchas más que el año pasado. Sí mejoran claramente Baleares, con veintitrés banderas más, y Murcia con siete más. Según estos distintivos que da la Asociación de Educación Ambiental y la Organización Mundial de Turismo, Baleares cuenta con playas a las que se puede acceder mejor y que están vigiladas por socorristas. Murcia gana también por tener ahora más playas y más puertos, con agua de mejor calidad y que cumplen con la legislación ambiental.
As praias galegas son, un ano máis, as que lucirán máis bandeiras azuis en España, 123. Un distintivo que premia a limpeza e calidade das augas e os areais, e tamén os equipamentos para facilitar a presenza de bañistas. Sanxenxo é o municipio que contará con máis distintivos en toda España // Protestas en varios hospitais polo peche previsto de máis de mil camas asistenciais durante o verán. Os sindicatos aseguran que é a maior reducción nunha década e que obrigará a mesturar doentes de diversas especialidades. A Xunta di que é habitual reorganizar o servizo en época de vacacións e que 86 de cada cen camas seguirán operativas // Segundo caso de dimisión dunha concelleira socialista por comentarios nas redes sociais, despois do asasinato da Presidenta da Deputación de León. Deixou o seu cargo a número tres da lista do PSdeg-PSOE no concello pontevedrés de Meis a petición do seu partido que considera os comentarios que fixo inapropiadas e desafortunadas. 14/05/14
As praias galegas son, un ano máis, as que lucirán máis bandeiras azuis en España, 123 // Protestas en varios hospitais polo peche previsto de camas asistenciais durante o verán // Segundo caso de dimisión dunha concelleira socialista por comentarios nas redes sociais, despois do asasinato da Presidenta da Deputación de León. 14/05/14
Soben as temperaturas pero na costa da Coruña o vento soprará con máis forza a partir das, tres da tarde que será cando quedará activada a alerta amarela. 14/05/14
Dos concejalas del Partido Socialista han aceptado dimitir tras publicar en las redes sociales comentarios ofensivos relacionados con el fallecimiento de Isabel Carrasco.
Una de ellas, concejal en Meis, Pontevedra, avisa al presidente de la Diputación con este mensaje. En él dice que los que se enriquecen con dinero público terminan pagando. Otra concejal, de Vilagarcía de Arousa, decía el lunes en Facebook que "quien siembra vientos, recoge tempestades". Ha pedido disculpas.
A situación vai mellorando, segundo o anticiclón se sitúa sobre a nosa comunidade. Ademais, nos próximos días aumentarán as temperaturas. (13/05/14)
Pesar na clase política e en toda a sociedade polo asasinato da Presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. O Presidente da Xunta, Núñez Feijóo acompaña na capital leonesa ao do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, que visitou esta mañá a capela ardente, xunto coa cúpula da formación.
Un avogado coruñés conseguiu vencer a google no Tribunal Europeo de Estrasburgo que recoñécelle o dereito a que o buscador de internet elimine datos da súa vida privada que son do pasado e que o perxudican. A sentenza crea xurisprudencia e avala o chamado dereito o esquecemento
Dimite o cura das parroquias ourensás de Punxín ao que os veciños acusan de insultar á mulleres e mozos e de non celebrar as cerimonias como viña sendo tradicional.
A súa retirada coma titular desas freguesías foi anunciada polo bispado ourensán, logo de que un grupo de veciños se entrevistase coas autoridades eclesiásticas. (13/05/14)
Pesar na clase política e en toda a sociedade polo asasinato da Presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco.
Dimite a concelleira do PSdeG-PSOE en Vilagarcia, Susana Camiño, logo de publicar, na súa conta de Facebook un comentario sobre o asasinato de León.
Un avogado coruñés consegue vencer a google tras seis anos de litixio. (13/05/14)
Pesar na clase política e en toda a sociedade polo asasinato da Presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco. O Presidente da Xunta, Núñez Feijóo acompaña na capital leonesa ao do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, que visitou esta mañá a capela ardente, xunto coa cúpula da formación.
Dimite a concelleira do PSdeG-PSOE en Vilagarcía, Susana Camiño, logo de publicar, na súa conta de Facebook un comentario no que dicía que "quen sementa ventos recolle tempestades" en referencia ao asasinado da Presidente da Deputación de León.
Un avogado coruñés consegue vencer a google tras seis anos de litixio. O Tribunal Europeo recoñécelle o dereito a que o buscador de internet elimine datos da súa vida privada que son do pasado e que lle perxudican. A sentenza crea xurisprudencia e avala o chamado dereito o esquecemento. En España hai 200 persoas que se atopan na mesma situación ca este home. (13/05/14)
Las parroquias de Freás y Punxín van a tener nuevo párroco en cuanto el Obispado de Ourense encuentre a un sustituto. El vicario ha recibido al sacristán y a cuatro feligreses que habían ido a quejarse del cura que ha estado con ellos tres meses, y ha sido cuando les ha dicho que el sacerdote ha dimitido. El Obispado cree que la renuncia del párroco ha sido la mejor solución para resolver el conflicto. Los feligreses lo acusaban de insultarles en los sermones y de romper con tradiciones como las de celebrar misas de cabo de año y dominicales.
O Ministerio de Fomento vai licitar este mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago na mesma Autoestrada do Atlántico á que pertence a ponte de acceso a Vigo. Anunciouno esta mañá a Ministra Ana Pastor quen tamén dixo que o ano que vén estará rematado o tramo As Lonzas a Zapateira da Terceira Roda da Coruña // A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo. Foi o seu fillo o que alertou esta madrugada a Garda Civil de que a ía matar e que logo se suicidaría. A anciá que levaba anos encamada non presentaba sinais de violencia polo que de momento se descoñece a causa exacta da súa morte que revelará a autopsia // Un desacordo entre os fregueses de dúas parroquias de Punxín, en Ourense e o seu párroco impediu que onte se celebrara misa. Os veciños quéixanse da actitude do novo párroco. Din que chega tarde ás cerimonias, que lles falta ao respeto a mulleres e mozos e que se nega a oficiar cabodanos. 12/05/14
A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo. Foi o seu fillo o que alertou esta madrugada a Garda civil de que a ía matar e que logo se suicidaría. A anciá que levaba anos encamada non presentaba sinais de violencia polo que de momento se descoñece a causa exacta da súa morte que revelará a autopsia // O Ministerio de Fomento vai licitar este mesmo mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago na mesma Autoestrada do Atlántico á que pertence a ponte de acceso a Vigo // O laboratorio de toxicoloxía de Santiago axiliza os traballos para ter canto antes a análise da mostra de saliva do conductor da excavadora involucrado no accidente de autobús de Badaxoz no que morreron cinco rapaces. 12/05/14
A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo // O Ministerio de Fomento vai licitar este mesmo mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago // O laboratorio de toxicoloxía de Santiago axiliza os traballos para ter canto antes a análise da mostra de saliva do conductor da excavadora involucrado no accidente de autobús de Badaxoz. 12/05/14
Comezamos semana con temperaturas algo máis baixas, con nubes que serán menos frecuentes cando máis ao sur da comunidade. 12/05/14