Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia 2 - 12/05/14 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia 2 - 12/05/14

12/05/2014 00:07:08
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia 2 - 12/05/14 Telexornal-Galicia 2 - 12/05/14
Telexornal-Galicia 2 - 12/05/14 00:07:08 12/05/2014
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

O Ministerio de Fomento vai licitar este mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago na mesma Autoestrada do Atlántico á que pertence a ponte de acceso a Vigo. Anunciouno esta mañá a Ministra Ana Pastor quen tamén dixo que o ano que vén estará rematado o tramo As Lonzas a Zapateira da Terceira Roda da Coruña // A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo. Foi o seu fillo o que alertou esta madrugada a Garda Civil de que a ía matar e que logo se suicidaría. A anciá que levaba anos encamada non presentaba sinais de violencia polo que de momento se descoñece a causa exacta da súa morte que revelará a autopsia // Un desacordo entre os fregueses de dúas parroquias de Punxín, en Ourense e o seu párroco impediu que onte se celebrara misa. Os veciños quéixanse da actitude do novo párroco. Din que chega tarde ás cerimonias, que lles falta ao respeto a mulleres e mozos e que se nega a oficiar cabodanos. 12/05/14

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano