Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían  en  Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo,  un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.

Aquí teñen aínda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.

  O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas  os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares,  do Partido Popular, que renunciaron a raiz de procesos xudiciais.

Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.

  Comezou na Coruña o xuízo a  18  veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias.  O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. 

  O Deportivo recibiu hoxe os parabéns do presidente da Xunta polo conseguir volver a Primeira nun ano no que o clube estivo a piques de desaparecer. Un recibimento despois de despedirse de Segunda con derrota en Girona. Na categoría quedará o Lugo despois de vencer ao Mirandés e certificar un ano máis de Quique Setién como adestrador.(09/06/14)

Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían  en  Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo,  un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.

Aquí teñen ainda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.

  O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas  os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares,  do Partido Popular, que reunciaron a raiz de procesos xudiciais.

Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.

  Comezou na Coruña o xuízo a  18  veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias.  O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. (09/06/14)

Seguen os ceos con nubes e as temperaturas relativamente frescas pero nas próximas horas empezará a notarse unha melloría que será máis  clara segundo avance a semana. (09/06/14)

Bañarse en agua fría, grabarlo y retar a tres amigos en las redes sociales para que hagan lo mismo. Empezó en Estados Unidos como una iniciativa benéfica y ha llegado a Galicia como un fenómeno viral no exento de riesgos. 

Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais. O alcalde daraos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14

Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto  realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais // O alcalde daráos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14

Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove personas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. 06/06/14 

As  chuvias poden acadar hoxe os 80 litros por  metro cadrado, sobre todo no suroeste da provincia da Coruña // Con menos intensidade pero tamén con alerta amarela chove en Pontevedra. 06/06/14

As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro áo proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta. Son imaxes nas que a pequena aparece en roupa interior e cunhas medias e que os investigadores considerarían pouco apropiadas para que figuren no arquivo de seu pai // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías. Tamén aprobou un programa de investimento de 30 millóns de euros para empresas innovadoras dos campos da automoción, a farmacia, as novas tecnoloxías, a aeronáutica e a biomasa // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. Angel Currás asegura que  disporá de varios funcionarios do propio concello e persoeiros como o ex árbitro de primeira división Garcia de Loza. 05/06/14 

Novedades en el caso del asesinato de Asunta Basterra. La Guardia Civil ha logrado recuperar fotografías de la niña que fueron borradas del ordenador de su padre. En ellas aparece dormida, como amortajada o vestida con un corpiño. También se han encontrado fotos y vídeos pornográficos de jóvenes asiáticas.

As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro ao proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta. Son imaxes nas que a pequena aparece en roupa interior e cunhas medias e que os investigadores considerarían pouco apropiadas para que figuren no arquivo de seu pai // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías. Tamén aprobou un programa de investimento de 30 millóns de euros para empresas innovadoras dos campos da automoción, a farmacia, as novas tecnoloxías, a aeronáutica e a biomasa // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. Ángel Currás asegura que disporá de varios funcionarios do propio concello e persoeiros como o ex árbitro de primeira división García de Loza. 05/06/14 

As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro áo proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. 05/06/14  

O tempo complícase nas próximas horas. Hoxe con dúas alertas no mar na Costa da Morte e en terra a partir das nove da noite actívase a amarela por chuvias tamén nas Rías Baixas. 05/06/14