Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Fede nalgúnhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo estímase que pode haber nelas máis de 900 toneladas amoreadas en torno os contedores. En máis de vinte puntos da cidade o concello ordeou a Tragsa que retirara parte dos refugallos por risco sanitario // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos. Reducíronse nun 86% dende abril do 2.013 // A nosa é tamén unha das zonas do estado con menos morosos. Aínda así, máis de cento cincuenta mil persoas non poder pagar recibos mensuais, as cotas dun préstamo ou da hipoteca // Perto de 400 congresistas de 23 estados da Unión Europea  participan en Ferrol nun congreso de turismo industrial que trata de aproveitar para o sector turístico a historia naval da comarca e o potencial da natureza da zona. 17/06/14 

Fede nalgunhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo estímase que pode haber nelas máis de 900 toneladas amoreadas en torno os contedores. En máis de vinte puntos da cidade o concello ordeou a Tragsa que retirara parte dos refugallos por risco sanitario // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos. Reducíronse nun 86% dende abril do 2.013 // A nosa é tamén unha das zonas do estado con menos morosos. Aínda así, máis de 150 mil persoas non poder pagar recibos mensuais, as cotas dun préstamo ou da hipoteca // O exconselleiro de Pescanova Alfonso Paz Andrade terá que pagar unha multa de cen mil euros por ocultar información na venda de accións da multinacional pesqueira.150 mil accións que vendeu por dous millóns e medio de euros en febreiro de 2013 xusto un mes antes de que a multinacional entrará en preconcurso de acreedores. 17/06/14

Fede nalgunhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos // O exconselleiro de Pescanova Alfonso Paz Andrade terá que pagar unha multa de cen mil euros por ocultar  información na venda de accións da multinacional pesqueira. 17/06/14

A Fiscalía Anticorrupción  solicita penas de tres anos de cárcere para a antiga cúpula de Novacaixagalicia, polo suposto cobro indebido de indemnizacións millonarias. Considera que o ex presidente Julio Fernández Gayoso, e outros cinco directivos, actuaron movidos pola intención de obter un importante beneficio patrimonial, malia difícil situación da entidade // Núñez Feijóo considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición. O Presidente da Xunta cre que son os partidos de esquerdas e nacionalistas os que padecen esa crise ao non darse adaptado días novas circunstancias sociais e económicas // Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución. Nas rúas amoréanse refugallos mentres o concello pide ás partes que negocien. O Alcalde ameaza con rescatar o servizo se non hai acordo. 16/06/14

Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución. Nas rúas amoréanse refugallos mentres o concello pide ás partes que negocien. O Alcalde ameaza con rescatar o servizo se non hai acordo // O Presidente da Xunta considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición. Núñez Feijóo cre que son os partidos de esquerdas e nacionalistas os que padecen esa crise ao non darse adaptado dí ás novas circunstancias sociais e económicas // Os socialistas investigarán a afiliación masiva detectada nos últimos días onde se duplicou o número de simpatizantes do partido. Unha das candidatas do PSOE en Santiago, Mercedes Rosón atribúeo o inflado do censo o aparato do PSOE. 16/06/14

Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución // O Presidente da Xunta considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición // Os socialistas investigarán a afiliación masiva detectada nos últimos días onde se duplicou o número de simpatizantes do partido. 16/06/14

Seguimos con sol e calor neste comezo de semana aínda que menos. Apenas nubes hoxe nun día no que as temperaturas máximas serán algo máis baixas sobre todo polo norte. 16/06/14

A lei do solo obrigará aos donos de casas sen acabar a faceren obras para rematalas. Anunciouno o presidente da Xunta, que tamén destacou desa lei que as construcións deberán adaptarse ao contorno,tanto na tipoloxía,como nas formas, nos materiais e nas cores // Prohibidas as queimas forestais, ata novo aviso. A Consellería do Medio Rural tomou esta medida ante o ambiente seco e caloroso de hoxe e que vai seguir nos próximos días. As altas temperaturas están a levar á xente ás praias e en puntos do interior coma Ourense poden chegar aos 36 graos // Cuarto día de folga na recollida do lixo en Lugo, e, nas rúas amoréanse os refugallos. O xulgado declarou axeitados os servizos mínimos establecidos polo Concello. A preocupación polas consecuencias do paro aumenta ante a gran afluencia de visitantes que se agarda na cidade pola celebración do Arde Lucus. 13/06/14

A lei do solo obrigará aos donos de casas sen acabar a faceren obras para rematalas. Anunciouno o presidente da Xunta, que tamén destacou desa lei que as construcións deberán adaptarse ao contorno,tanto na tipoloxía, como nas formas, nos materiais e nas cores // Xa está na Coruña o radar Pegasus que permitirá controlar dende o aire a velocidade nas estradas, principalmente as vías convencionais que son as que rexistran maior siniestralidade. Este radar instalarase nun dos helicópteros da DXT en Galicia e podería estar operativo a partir da semana que vén // Cuarto día de folga na recollida do lixo en Lugo, e, nas rúas amoréanse os refugallos. O xulgado declarou axeitados os servizos mínimos establecidos polo Concello. A preocupación polas consecuencias do paro aumenta ante a gran afluencia de visitantes que se agarda na cidade pola celebración do Arde Lucus. A festa de exaltación do pasado romado da cidade da muralla. 13/06/14