- El municipio está compuesto por cinco parroquias
- Cuatro kilómetros de playas para tomar el sol y realizar actividades náuticas
La huelga de basuras en Lugo cumple casi un mes y el conflicto laboral en la empresa de recogida sigue encallado. Las autoridades advierten de que la alerta sanitaria se está extendiendo por la ciudad.
Os atascos que se formaban na vila coruñesa de Noia ao regreso das praias no verán, xa son historia. Dende hai unha hora está aberta ao trafico a ponte sobre a ría que fará posible rodeala para acceder á estrada que une o Barbanza con Santiago // O Tribunal Supremo quere localizar a aseguradora do Prestige e solicitoulle á Audiencia Provincial da Coruña que se lle notifique a sentenza. O fallo pola maior catástrofe ecolóxica do noso pais na que foron absoltos por delito medioambiental o capitán e o xefe de maquinas do petroleiro e o director xeral da mariña mercante // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a paga de productividade que o concello de Pontevedra abonara aos funcionarios en novembro de 2012. Un xeito de compensar a supresión da paga de Nadal que decretara o Goberno Central. O fallo, rectifica unha sentenza anterior favorable ao concello, implica a devolución duns 400.000 euros. 04/07/14
Unha nova ponte vai formar parte, a partir de agora, da paisaxe das nosas rías. Esta está sobre a de Muros e Noia, na Costa coruñesa, e vai resolver un grave problema de tráfico na vila noiesa. Alí, a partir de hoxe, son xa historia as interminables colas de vehículos que se formaban ao regreso das praias, en época de verán // O Tribunal Supremo quere localizar a aseguradora do Prestige porque varios recursos presentados no Alto Tribunal piden a súa condena. Por iso solicitou a Audiencia Provincial da Coruña que se lle notifique a sentenza // Visto para sentenza o xuízo que se levou a cabo en Ourense contra o expresidente da Deputación e do PP provincial, José Luis Baltar. O fiscal mantivo a súa petición de 10 anos de inhabilitación por contratar a 104 persoas a dedo sen seguir os procedementos legais. 04/07/14
Unha nova ponte vai formar parte, a partir de agora, da paisaxe das nosas rías. Esta está sobre a de Muros e Noia // O Tribunal Supremo quere localizar a aseguradora do Prestige porque varios recursos presentados no Alto Tribunal piden a súa condena // Visto para sentenza o xuízo que se levou a cabo en Ourense contra o expresidente da Deputación e do PP provincial, José Luis Baltar. 04/07/14
Seguimos esperando polo verán, xa que as temperaturas hoxe baixaron con respecto as de onte e incluso teremos algunhas precipitacións o longo do día. 04/07/14
- Baltar, a la espera de sentencia, lamenta que se quiera "cazar a esta pieza"
- El expresidente de Ourense, acusado de presunta prevaricación administrativa
- El fiscal pide que se juzgue "una forma de hacer las cosas en política"
- Indica que no consta la notificación de la sentencia hecha pública en 2013
- Arco Iris recurre al Supremo la "gran catástrofe ecológica de este siglo"
- El tribunal emitió en noviembre la sentencia tras diez años de instrucción
A remodelación do tamaño dos terreos, na concentración parcelaria non se baseará só no seu agrupamento. Dependerá da producción á que se dediquen, segundo figura no proxecto de lei de estructura agraria, aprobado hoxe polo Consello da Xunta // A exalcaldesa de Betanzos, María Faraldo, demite como deputada autonómica do Partido Popular. Renunciou ao escano, trala decisión do Tribunal Superior de Xustiza de abrir xuízo oral contra ela pola contratación, presuntamente irregular, dun profesor do conservatorio desta localidade coruñesa // A policía local de Lugo protexeu hoxe a retirada do lixo acumulado nas zonas da cidade declaradas en alerta sanitaria. 700 toneladas amoreanse nas rúas da cidade tras 24 días dunha folga na que nas últimas horas quedaron de novo rotas as negociacións. 03/07/14
Os axentes da policía local lucense protexeron esta mañá a retirada do lixo acumulado nas zonas da cidade declaradas en alerta sanitaria. 700 toneladas amoréanse nas rúas da cidade tras 24 días dunha folga na que nas últimas horas quedaron de novo rotas as negociacións entre a empresario concesionaria do servizo de recolllida // A remodelación do tamaño dos terreos, na concentración parcelaria non se baseará só no seu agrupamento. Dependerá da producción á que se dediquen, segundo firuga no proxecto de lei de estructura agraria, aprobado hoxe polo Consello da Xunta // Acabaron as vacacións para os xogadores do Celta que comezarán a preparar a pretemporada que discorrerá entre Vigo, Marbella e Inglaterra. Na Madroa deulles a benvida o presidente do clube, Xose Mouriño. 03/07/14
Os axentes da policía local lucense protexeron esta mañá a retirada do lixo acumulado nas zonas da cidade declaradas en alerta sanitaria // A remodelación do tamaño dos terreos, na concentración parcelaria non se baseará só no seu agrupamento // Acabaron as vacacións para os xogadores do Celta que comezarán a preparar a pretemporada que discorrerá entre Vigo, Marbella e Inglaterra. 03/07/14
Seguimos avanzando en xullo e o tempo ainda non acaba de ser de verán. Haberá que agardar o inicio da semana que vén cando recuperemos sol e calor. 03/07/14
Galicia foi unhas das comunidades autónomas nas que máis se reduciu o paro no pasado mes de xuño. Descendeu en algo mais de 11 mil persoas, un 4,23%, respecto ao mes anterior. Na media de España o descenso foi do 2,6% // Antes de que remate o ano estará listo o plan estratéxico para o camiño de Santiago para definir novas melloras e obras nesta ruta de peregrinación que acaba de ser distinguida coma un dos embaixadores da marca España pola súa proxección internacional //O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recoñece que foi o responsable das contratacións que o levaron a xuízo e polas que, ao inicio da vista, sinalara aos xefes de servizo da institución. Baltar cré que só houbo defectos de forma, na ausencia de publicidade na convocatoria pola que se cubriron 104 prazas. 02/07/14
Galicia foi unhas das comunidades autónomas nas que máis se reduciu o paro no pasado mes de xuño. Descendeu en algo mais de 11 mil persoas, un 4,23%, respecto ao mes anterior. Na media de España o descenso foi do 2,6% // Antes de que remate o ano estará listo o plan estratéxico para o camiño de Santiago para definir novas melloras e obras nesta ruta de peregrinación que acaba de ser distinguida coma un dos embaixadores da marca España pola súa proxección internacional // O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recoñece que foi o responsable das contratacións que o levaron a xuízo e polas que, ao inicio da vista, sinalara aos xefes de servizo da institución. Baltar cré que só houbo defectos de forma, na ausencia de publicidade na convocatoria pola que se cubriron 104 prazas. 02/07/14
Galicia foi unhas das comunidades autónomas nas que máis se reduciu o paro no pasado mes de xuño // Antes de que remate o ano estará listo o plan estratéxico para o camiño de Santiago // O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recoñece que foi o responsable das contratacións que o levaron a xuízo. 02/07/14
En canto o tempo, temos que falar dunha xornada de ceos anubrados en gran parte da comunidade e de temperaturas sen cambios, frescas para este época do ano. 02/07/14
- Las cuentas han sido aprobadas por el 82% del capital de la pesquera
- El consejo: Fernando Herce, Alejandro Legarda, César Mata y Diego Fontán