Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao saír despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco. A falecida tiña denunciado previamente á súa parella, un home de 46 anos, tamén veciño da Coruña, e que xa foi detido pola policía. Os dous tiñan antecedentes por térense agredido mutuamente // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo. Dúas mozas, a menor de 14 anos, e un rapaz de 17, que fuxiran cun mozo de 24 anos. A policía nacional buscábaos en domicilios do seu entorno pero localizounos a policía local da vila do Morrazo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial e empresarial e tamén para facilitar novos investimentos. Así  mesmo, aprobou un  plan para coñecer as necesidades de solo industrial. Calcúlase que 18 de cada cen empresas o van precisar nos próximos dez anos. 30/04/14

Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao sair despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco. A falecida tiña denunciado previamente á súa parella, un home de 46 anos, tamén veciño da Coruña, e que xa foi detido pola policía. Os dous tiñan antecedentes por térense agredido mutuamente // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo. Dúas mozas, a menor de 14 anos, e un rapaz de 17, que fuxiran cun mozo de 24 anos. A policía nacional buscábaos en domicilios do seu entorno pero localizounos a policía local da vila do Morrazo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial e empresarial e tamen para facilitar novos investimentos. Así mesmo, aprobou un plan para coñecer as necesidades de solo industrial. Calcúlase que 18 de cada cen empresas o van precisar nos próximos dez anos. 30/04/14

Faleceu na Coruña unha muller de 43 anos ao sair despedida pola porta dun coche que circulaba na rotonda de Pocomaco // Aparecen en Moaña, na outra banda da Ría os tres menores que faltaban dende o pasado domingo en Vigo // A Xunta aproba o programa GALICIA MIL, ao que destina 50 millóns de euros para financiar mil proxectos de mellora da produción industrial. 30/04/14 

Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA dada a coñecer hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. O número de desempregados na nosa comunidade é de 296 mil novecentos. O índice de paro segue a ser menor aquí  que na media de España // Un  equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un tratamento contra o cancro de pulmón,  pioneiro en todo o mundo. Parou o pulmón para tratalo con radioterapia. Deste xeito, deixa de moverse e a parte do órgano que recibe as radiacións redúcese á metade // As taxas universitarias van seguir conxeladas o próximo curso. Avanzouno esta mañá o presidente da Xunta para que as universidades galegas volvan ser outro ano máis, dixo, as máis baratas de España. Núñez Feijóo recoñeceu que as circunstancias dos últimos anos impediron destinar a estas institucións académicas os cartos públicos que merecen. 29/04/14

Un equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un tratamento contra o cancro de pulmón, pioneiro en todo o mundo.Parou o pulmón para tratalo con radioterapia. Deste xeito, deixa de moverse e a parte do órgano que recibe as radiacións redúcese á metade // Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA dada a coñecer hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. O número de desempregados na nosa comunidade é de 296 mil novecentos. O índice de paro segue a ser menor aquí que na media de España // A Policía Nacional busca en Vigo unha nena de 14 anos da que os seus familiares denunciaron a desaparición, dende a tarde do pasado domingo. Fontes policiais din que os achegados da menor sospeitan que se fugou da casa co seu mozo e outra parella; co que, nun principio, se descartaría que se trate dunha situación de risco. O vehículos policiais levan fotos da nena para a súa identificacion. 29/04/14 

Un equipo do hospital do Meixoeiro, en Vigo puxo en marcha un método pioneiro de tratamento contra o cancro de pulmón. Detén o órgano para facilitar a radioterapia // Galicia ten hoxe 16 mil parados máis que ao inicio do ano, segundo a EPA // A Policía Nacional busca en Vigo unha nena de 14 anos da que os seus familiares denunciaron a desaparición, dende a tarde do pasado domingo. 29/04/14

Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense. O Pequeno, de só 10 meses xa sofriu varias fracturas en estremidades e costelas que lle foron descubertas no hospital cando o levaron ali para atendelo de graves feridas, sofridas recentemente // As vítimas de violencia de xénero seguirán recibindo atención psicolóxica especializada e de balde. Un cento de terapeutas atenderán ás maltratadas e aos menores dependentes delas. Facerano de balde, de xeito anónimo, en calquer punto de Galicia e en menos de 48 horas desde que o soliciten // As medidas de prevención nos barcos de pesca son centro de atención hoxe ao celebrarse o día da seguridade no traballo e logo de que 18 mariñeiros faleceran recentemente en accidentes marítimos en pouco máis dun mes. Unha sociedade creada polas confrarías controla as medidas de seguridade en máis de 800 pequeiros de toda a comunidade. 28/04/14 

Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense. O Pequeno, de só 10 meses xa sofriu varias fracturas en estremidades e costelas que lle foron descubertas no hospital cando o levaron ali para atendelo de graves feridas, sofridas recentemente // A banca acredora asume o liderado para tentar evitar a liquidación de Pescanova, a dous días que remate a fase de convenio no concurso da empresa pesqueira // O Consello de administración e a banca, á que lle debe 3 mil millóns de euros, presentaron esta mañá no xulgado un anexo ao  convenio de acredores polo que os sete bancos cos que tén màis débeda aportarán capital, tomarán o control, e recuperarán mil millóns de euros da débeda total // O Celta busca esta noite, ante o Valladolid e en Balaídos, co apoio da afección,  asegurar a permanencia en Primeira División. Unha victoria certificaría a continuidade na división de honra, obxectivo dos celestes en toda a temporada. 28/04/14 

Claros e nubes altérnanse nos ceos de toda Galicia ainda que está máis cuberto, canto máis ao Oeste. Unha situación que vai seguir sen moitos cambios, mentres se agarda que as temperaturas sigan subindo, nas próximas horas. 28/04/14 

Un estremecedor caso de posible violencia contra un bebé está a ser investigado en Ourense // As vítimas de violencia de xénero seguirán recibindo atención psicolóxica especializada e de balde // As medidas de prevención nos barcos de pesca son  centro de atención hoxe ao celebrarse o día da seguridade no traballo e logo de que 18 mariñeiros faleceran recentemente en accidentes marítimos en pouco máis dun mes. 28/04/14

Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que tería utilizado a mesma arma para suicidarse logo nun anexo a vivenda // Un dos peritos xudiciais que estudaron o accidente do Alvia en Santiago afirma, no seu informe que o sinistro non se tería producido se, no treito anterior á estación, se tivera respectado o proxecto orixinal de circular co sistema ERTMS (que frea automaticamente o tren) // Hoxe hai case 26.000 persoas menos agardando por unha primeira consulta no médico especialista que hai un ano, o que supón unha redución das listas de espera no sistema sanitario galego de máis dun 17 por cento. Aínda así para ser atendido dunha patoloxía grave é preciso agardar 49 días. 25/04/14