Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que tería utilizado a mesma arma para suicidarse logo nun anexo á vivenda // Un dos peritos xudiciais que estudaron o accidente do Alvia en Santiago afirma, no seu informe que o sinistro non se tería producido se, no treito anterior á estación, se  tivera respectado o proxecto orixinal de circular co sistema ERTMS, que frea automaticamente o tren // A xuíza que instrúe a operación Pokémon reclama  máis información sobre os contratos das empresas relacionadas co marido da portavoz do Partido Popular, Paula Prado. Investiga se houbo trato de favor a esas firmas por parte dos concellos de Santiago, no que a política era concelleira, e no veciño de Boqueixón. Prado desminte, nun comunicado ter influído en contrato ningún. 25/04/14 

Cuarta morte de violencia de xénero en Galicia. Unha muller de 71 anos morreu nesta casa de Foz por un disparo presuntamente do seu marido que se suicidou // Un perito xudicial afirma, no seu informe que accidente do Alvia non se tería producido se non se tivera modificado a vía e cambiado o sistema de control da velocidade do tren // A xuiza que instrúe a operación Pokémon reclama máis información sobre os contratos das empresas relacionadas co marido da portavoz do Partido Popular, Paula Prado. 25/04/14

O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente". Resolución que se coñece logo de que catro dos membros deste grupo recorreran ante o Alto Tribunal a sentenza da Audiencia Nacional que os condenaba a penas de cárcere. Condenas que agora o Supremo rebaixa entre tres e cinco anos // Desartellada en Pontevedra e outras catro provincias españolas unha organización internacional adicada ao cobrar débedas de empresarios mediante coaccións, ameazas e outros métodos moi violentos // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín, ocorrido na Ría de Vigo, bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14

Hoxe, día mundial da meninxite, coñecemos a Victoria, unha nena galega que protagoniza xunto a outros 14 pequenos unha campaña de sensibilización mundial sobre esta doenza, que afecta ao ano a uns cinco centos mil  pequenos // O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente". Resolución que se coñece logo de que catro dos membros deste grupo recorreran ante o Alto Tribunal a sentenza da Audiencia Nacional que os condenaba a penas de cárcere. Condenas que agora o Supremo rebaixa entre tres e cinco anos // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14

Hoxe, día mundial da meninxite, coñecemos a Victoria, unha nena galega que protagoniza xunto a outros 14 pequenos unha campaña de sensibilización mundial sobre esta doenza // O tribunal Supremo confirma a consideración de Resistencia Galega coma organización terrorista e considera que está nunha fase que califica de "incipiente" // Os mariñeiros que sobreviviron ao naufraxio do pesqueiro Mar de Marín bótanlle a culpa da manobra que os levou a chocar co mercante Baltic Breeze, a un foco de iluminación mal colocado no cargueiro. 24/04/14

Os productores e rematantes de madeira de eucalipto da Coruña e Lugo manteñen unha folga de entrega ás fábricas de pasta de papel. Quéixanse de que empezaron a aplicarlles, todas ao mesmo tempo, unha rebaixa do prezo de 3 euros e medio por tonelada, o que lles pode causar perdas de millóns de euros // Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas quere chegar a producir ata 40 millons de botellas,  de aquí a 2018,  mellorar a relación calidade-prezo e aumentar as vendas no mercado nacional. Son Obxectivos do Plan Estratéxico, presentado este mediodía á administración e representantes do sector // O sector do libro celebra o seu día grande tratando de frear a caída das vendas, en torno a un 20%. Ademais, segundo o INE editáronse case un 30% de títulos menos no último ano. Paralelamente aumentan os préstamos nas bibliotecas. 23/04/14

O sector do libro celebra o seu día grande tratando de frear a caída das vendas, en torno a un 20%. Ademais, segundo o INE editáronse case un 30% de títulos menos no último ano. Paralelamente aumentan os préstamos nas bibliotecas // Os productores e rematantes de madeira de eucalipto da Coruña e Lugo manteñen unha folga de entrega ás fábricas de pasta de papel. Quéixanse de que empezaron a aplicarlles, todas ao mesmo tempo, unha rebaixa do prezo de 3 euros e medio por tonelada, o que lles pode causar perdas de millóns de euros // Na sesión de control do Parlamento, o presidente Núñez Feijóo negou que agora estean a emigran máis mozos ca o comezo do seu mandato. Dixo en resposta aos grupos da oposición  que lle reprocharon o aumento do paro e a perda de poboación. O presidente da Xunta dí que non é realista dicir que Galicia está mellor tras 5 anos de crise pero defende que pese as dificultades hai máis futuro ca cando gobernaba o bipartito. 23/04/14

O sector do libro celebra o seu día grande tratando de frear a caída das vendas, en torno a un 20% // Os productores e rematantes de madeira de eucalipto da Coruña e Lugo manteñen unha folga de entrega ás fábricas de pasta de papel // Na sesión de control do Parlamento, o presidente Núñez Feijóo negou que agora estean a emigran máis mozos ca o comezo do seu mandato. 23/04/14

A Xunta asegura que ningún estudante terá que abandonar a universidade por motivos económicos. Pideulles ás universidades información detallada para evaluar caso por caso logo das informacións sobre posibles baixas nas carreiras ao non poderen pagar os alumnos o importe das matrículas // Comeza a investigación polo afundimento, na costa de Asturias, do pesqueiro Mar Nosso, que causou a morte de cinco mariñeiros, dos que dous ainda seguen desaparecidos. Os sete superviventes empezan hoxe a prestar declaración ante a Capitanía Marítima de Avilés, mentres seguen os labores de busca con medios aéreos e marítimos // Continúa o proceso xudicial contra José Manuel García Adán, un dos principais imputados na Operación Carioca que investiga en Lugo delitos relativos á prostitución. Neste caso, a Audiencia  Provincial acúsao de mal trato e agresión sexual á súa exmuller. 22/04/14

A Xunta asegura que ningún estudante terá que abandonar a universidade por motivos económicos. Pediulles ás universidades información detallada para avaliar caso por caso logo das informacións sobre posibles baixas nas carreiras ao non poderen pagar os alumnos o importe das matrículas // Comeza  a investigación polo afundimento, na costa de Asturias, do pesqueiro Mar Nosso, que causou a morte de 5 mariñeiros, dos que dous ainda seguen desaparecidos. Os 7 superviventes empezan hoxe a prestar declaración ante a Capitanía Marítima de Avilés, mentres seguen os labores de busca con medios aéreos e marítimos // O Candidato socialista ás próximas eleccións europeas, José Blanco, acusou a Núñez Feijóo de pretender dar unha imaxe de bo xestor que calificou de falsa. Díxoo nunha conferencia na que foi presentado polo lider dos socialistas galegos Gómez Besteiro e na que tamén instou ao Presidente do Goberno a desactivar a ofensiva soberanista catalana. 22/04/14 

A Xunta asegura que ningún estudante terá que abandonar a universidade por motivos económicos // Comeza a investigación polo afundimento, na costa de Asturias, do pesqueiro Mar Nosso, que causou a morte de cinco mariñeiros // O Candidato socialista  ás próximas eleccións europeas, José Blanco, acusou a Núñez Feijóo de pretender dar unha imaxe de bo xestor que calificou de falsa. 22/04/14 

Galicia esta baixo a influencia das baixas presións que se situarán en xeral sobre as Illas Británicas. A probabilidade de choiva manterase alta e as temperaturas non experimentarán cambios significativos. 22/04/14