Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta aprobou hoxe un código ético que prohibe regalos a responsables públicos, e limita os chamados de cortesía institucional a 90 euros. Tamén prohibe que os nomes dos cargos públicos figuren en placas inaugurais. Tamén aprobou o primeiro plan de artesanía que prevé investir 5 millóns de euros en fomentar a competitividade nun sector que lles da traballo a 5 mil persoas // Salvamento Marítimo busca fronte á ría de Arousa e máis ao norte, aos dous tripulantes do pesqueiro Mar de Marín que seguen desaparecidos. Namentres os equipos de mergulladores están preparados para baixar ata o pecio, que está a máis de 50 metros de profundidade, envolto en cabos e redes, o que vai dificultar o seu traballo. 03/04/14

Salvamento Marítimo busca fronte á ría de Arousa e máis ao norte, aos dous tripulantes do pesqueiro Mar de Marín que seguen desaparecidos. Namentres os equipos de mergulladores están preparados para baixar ata o pecio, que está a máis de 50 metros de profundidade, envolto en cabos e redes, o que vai dificultar o seu traballo // A Xunta aprobou hoxe un código ético que prohibe regalos a responsables públicos, e limita os chamados de cortesía institucional a 90 euros. Tamén prohibe que os nomes dos cargos públicos figuren en placas inaugurais // Algo máis de 2 millóns 711 mil electores poderán participar en Galicia, nas próximas eleccións europeas do 25 de maio, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística // Deles, 2 millóns 281 mil viven en Galicia e algo mais de 421 mil residen no estranxeiro. Tamén poderán votar aquí case 8 mil cidadáns doutros países europeos. 03/04/14

Salvamento Marítimo busca fronte á ría de Arousa e máis ao norte, aos dous tripulantes do pesqueiro Mar de Marín que seguen desaparecidos // A Xunta aprobou hoxe un código ético que prohibe regalos a responsables públicos, e limita os chamados de cortesía institucional a 90 euros // Algo máis de 2 millóns 711 mil electores poderán participar en Galicia, nas próximas eleccións europeas do 25 de maio. 03/04/14

Xa están no Porto de Vigo os medios que van permitir inspeccionar o casco do pesqueiro Mar de Marín, afundido a 57 metros de produndidade na entrada da Ría. Son un robot submariño e unha campa de inmersión para que os buzos traballen con seguridade // Baixou o paro en marzo en 3.608 persoas. Aquí seguen inscritos coma desempregadas 276.500 persoas. Galicia é a terceira comunidade na que máis se reduciu o paro rexistrado // O xuíz do Caso Asunta retiroulle a imputación ao home cuxo seme apareceu na camiseta que levaba posta a nena cando foi asasinada. Considera que hai indicios dabondo para concluir que houbo unha contaminación no laboratorio de ADN da garda civil. Agora os únicos imputados son os pais da pequena. 02/04/14

A busca dos dous mariñeiros que ainda seguen desaparecidos logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín" desprazouse cara ao norte, na costa, logo de que apareceran na zona da Lanzada obxectos que parecen pertencer ao arrastreiro sinistrado // Baixou o paro en marzo. As listas do desemprego diminuíron en 3.608 persoas co que a cifra do total de parados queda en 276.500. Galicia é a terceira comunidade na que máis se reduciu e encadea dous meses consecutivos de descensos // 3.000 galegos sofren de autismo. Un diagnótisco complexo no que é fundamental a detección precoz sobre todo para a súa integración no sistema educativo. 02/04/14

A busca dos dous mariñeiros que ainda seguen desaparecidos logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín" desprazouse cara ao norte // Baixou o paro en marzo. Diminuiu en 3.608 persoas co que a cifra do total de parados queda en 276.500 // 3.000 galegos sofren de autismo. Un diagnótisco complexo no que é fundamental a detección precoz sobre todo para a súa integración no sistema educativo. 02/04/14

Seguimos con tempo variable, como corresponde á època do ano na que estamos. Nas próximas horas seguirá a alternancia de nubes e claros e prevese un descenso das temperaturas mínimas. 02/04/14

Continúan na entrada da Ría de Vigo os labores de busca dos dous mariñeiros que seguen desaparecidos, logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín", embestido por un cargueiro de tranporte de coches. So cinco dos seus tripulantes lograron salvarse. Os restos do arrastreiro foron localizados a 57 metros de profundidade // Os mariñeiros falecidos dos que os corpos foron recuperados son dous galegos e un marroquí. Trátase de Alejandro García de Barro, segundo patrón do arrastreiro, Carlos Santos, mecánico de Cangas, e Hassan Boudra. Seguen desaparecidos un galego e un ghanés // Pasou hoxe a disposición xudicial en Betanzos o home de Sada detido o domingo tras agredir á súa muller e sogros cun coitelo e que despois tratou de prenderlle lume á casa dun veciño que auxiliara ás vítimas. 01/04/14

Continúan na entrada da Ría de Vigo os labores de busca dos dous mariñeiros que seguen desaparecidos, logo do afundimento do pesqueiro "Mar de Marín", embestido por un cargueiro. So cinco dos seus tripulantes lograron salvarse // Os mariñeiros falecidos dos que os corpos foron recuperados son dous galegos e un marroquí. Trátase de Alejandro García de Barro, segundo patrón do arrastreiro, Carlos Santos, mecánico de Cangas, e Hassan Boudra. Os seus corpos foron recuperados por otros pesqueiros e trasladados a Estación Marítima. Seguen desaparecidos un galego e un ghanés // Novagalicia Banco rematou 2013 cun beneficio de 18 millóns de euros superando as previsións do seu plan de recapitalización. Un saneamento acelerado no que reduciron un 36% os seus gastos de explotación. A entidade conta agora con 592 oficinas e un plantel de 4.362 traballadores. 01/04/14

De madrugada, el pesquero gallego Mar de Marín chocaba contra un carguero al sur de las islas Cies. En solo tres minutos el pesquero se hundía. Cinco tripulantes conseguían subirse a una balsa, tres han fallecido y dos siguen desaparecidos.

Continúan na entrada da Ría de Vigo os labores de busca dos dous mariñeiros que seguen desaparecidos no afundimento do pesqueiro "Mar de Marín". Os mariñeiros falecidos dos que os corpos foron recuperados son dous galegos e un marroquí // Pasou hoxe a disposición xudicial en Betanzos o home de Sada detido o domingo tras agredir á súa muller e sogros. 01/04/14

Seguimos baixo a influencia dunha borrasca, que trae a Galicia chuvascos e ventos de compoñente sur, que sopra con forza nas Rías Baixas e en zonas altas. Boa parte da provincia de Ourense está en alerta amarela por mor dese vento e da choiva. 01/04/14