A folga na recollida de lixo en Lugo cumpre hoxe un mes, sen avances na negociación cos traballadores // Filipe VI realizará a ofrenda ao Apóstolo en Santiago o 25 de xullo // Os afeccionados do Deportivo seguen sorprendidos pola destitución de Fernando Vázquez como adestrador. 09/07/14
A folga na recollida de lixo en Lugo cumpre hoxe un mes, con 400 toneladas acumuladas nas rúas. As negociacións entre a empresa concesionaria da limpeza e os traballadores están paradas // O novo goberno de Santiago terá nove concellerías, dúas menos que o anterior, que dependerán directamente do alcalde, Agustín Hernández, que asume a portavocía. O alcalde saínte Ángel Currás ocupará a concellería de relacións institucionais // Os novos Reis asistirán este ano a ofrenda ao Apóstolo en Santiago o 25 de xullo // Aumenta a practica deportiva entre os galegos, sobre todo en camiñar e correr. De media os galegos practicamos deporte catro veces á semana e de cada vez, unha hora e vinte minutos // A afección do segue sorprendida polo fulminante despido do adestrador Fernando Vázquez // Un histórico do fútbol, o Pontevedra, vai estar dirixido por unha muller, a empresaria Lupe Murillo,que é a máxima accionista do clube // A gastronomía galega volverá ser protagonista no programa Cocina2. 09/07/14
A folga na recollida de lixo en Lugo cumpre un mes, con 400 toneladas acumuladas nas rúas e sen avance nas negociacións // O novo goberno de Santiago terá nove concellerías, dúas menos que o anterior, que dependerán directamente do alcalde, Agustín Hernández, que tamén será o portavoz // O rei Filipe VI realizará a ofrenda ao Apóstolo en Santiago o 25 de xullo // Aumenta a prÁctica deportiva entre os galegos, sobre todo en camiñar e correr // A afección do segue sorprendida polo fulminante despido do adestrador Fernando Vázquez // Un histórico do fútbol, o Pontevedra, vai estar dirixido por unha muller, a empresaria Lupe Murillo,que é a máxima accionista do clube.
Pouco a poucos as nubes van deixando paso e as temperaturas comezan a subir. 09/07/14
El 'popular' Agustín Hernández, nuevo alcalde de Santiago de Compostela tras la renuncia de Ángel Currás y la dimisión de nueve concejales, siete de ellos condenados por prevaricación en el marco de la operación Pokemon, admite que "ha habido errores" en su partido por los que dice haber pedido disculpas, pero añade que también ha habido "circunstancias ajenas que no se han gestionado bien". "Respetamos pero no compartimos el auto que inhabilita a los siete concejales por un acuerdo con informes municipales a favor", subraya Hernández, que afirma que le hubiera gustado llegar a la alcaldía de la capital gallega "en otras circunstancias" (09/08/14).
Santiago ten novo alcalde. O ex conselleiro Agustín Hernández recibiu o bastón de mando da cidade de mans do anterior Ángel Currás que levaba en funcións dende hai un mes despois da demisión en bloque de nove concelleiros da corporación.
Destruída a casa na que vivía un matrimonio de anciáns en Parga, Lugo, a raíz dunha acumulación de gas.
Fernando Vázquez destituído coma adestrador do Deportivo logo dunhas declaracións deste sobre a política de fichaxes. (08/07/14)
Unha explosión destrúe a casa dun matrimonio de anciáns en Parga,Guitiriz, estando eles dentro. Unha acumulación de gas dentro da vivenda provocou a explosión. Os dous anciáns foron trasladados o hospital,un deles está grave.
O exconselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández tomou posesión da alcaldía de Santigo, en relevo de Ángel Currás, que renunciou a raíiz da crise aberta no seu goberno, do PP, por diversos
litixios xudiciais.
A nova lei de educación, a Lomce, vai facer legais as axudas da Xunta a centros privados que separan os alumnos segundo o sexo. Dese xeito, di a consellería de educación, quedará sen efecto a sentenza do Tribunal Supremo que anula eses concertos educativos. O sindicato CIG, que presentou a demanda, pide a demisión do conselleiro.
A rede wifi gratuía do concello de Ourense pendente do escándalo de Gowex. O concello vai estudar como lle pode afectar ao servizo a entrada en concurso de acredores da firma despois de que o máximo responsable afirmara que falseara as contas.
Destituído Fernando Vázquez coma adestrador do Deportivo, despois dunhas declaracións deste sobre a política de fichaxes. (08/07/14)
Santiago ten novo alcalde. O ex conselleiro Agustín Hernández recibiu o bastón de mando da cidade de mans do anterior Ángel Currás que levaba en funcións dende hai un mes despois da demisión en bloque de nove concelleiros da corporación.
Destruída a casa na que vivía un matrimonio de anciáns en Parga, Lugo, a raíz dunha acumulación de gas.
Algúns cidadáns xa se empezan a impacientar porque xullo de momento segue con temperaturas baixas para ser verán. Unha situación que empezará a mudar a partir de mañá con máis sol e calor.
Fernando Váazquez destituído coma adestrador do Deportivo logo dunhas declaracións deste sobre a política de fichaxes. (08/07/14)
Nas proximas horas entrará un anticiclón que vai traer calor ata principios da semana vindeira. (08/07/14)
- Estima el recurso de la Confederación Intersindical Galega de Ensino
- Sobre los centros Peñarredonda, Montespiño, Aloya, Las Acacias y Montecastelo
O Tribunal Supremo anula os concertos educativos da Xunta con cinco colexios da Coruña e Pontevedra que escolarizan alumnos dun único sexo. O Alto Tribunal anula a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirmara a validez desas axudas // O ex presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar declara no xulgado de Lugo coma imputado por aceptación de suborno dentro da operacion pokemon. Negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra dun informe acusatorio // Aumenta prostitución entre mulleres españolas por mor da crise. A Xunta incrementa a aportación ás ONGs que traballan con esas persoas. Este ano, medio millon de euros. 07/07/14
A Coruña é a primeira cidade galega a que se lle permite liberdade de horarios do comercio por ter gran afluencia de turistas. Nos próximos 6 meses, o concello acordará cos comerciantes que zona se delimita para esa liberdade horaria // José Luis Baltar declara no xulgado de Lugo coma imputado por aceptación de suborno, dentro da operación Pokémon. Baltar negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra do que afirma un informe de vixilancia aduaneira // O Concello de Pontevedra estuda recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza que obriga aos funcionarios a devolver a compensación da paga extra de 2012 // Aumentou a prostitución entre mulleres españolas nos dous anos ultimos anos por mor da crise. A Xunta renova a colaboracion coas 11 ONGs que traballan con esas persoas, coa aportacion de medio millon de euros, un 60% máis que en 2013 // Presentada a cuarta fichaxe do Celta. Carles Planas, lateral zurdo de 23 anos, chega a Vigo procedente do Barça B, para tres temporadas. 07/07/14
José Luis Baltar declara coma imputado por aceptación de suborno, dentro da operación Pokémon. Negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra do que afirma un informe de vixilancia aduaneira // O Concello de Pontevedra estuda recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza que obriga aos funcionarios a devolver a compensación da paga extra de 2012 // Aumentou a prostitución entre mulleres españolas nos dous anos ultimos anos por mor da crise. A Xunta apórtalle ás ONGs que traballan con esas persoas medio millon de euros, un 60% máis que en 2013 // Presentada a cuarta fichaxe do Celta, Carles Planas, lateral zurdo de 23 anos,que chega a Vigo procedente do Barça B. 07/07/14
Mellora pouco a pouco. O mércores chega un anticiclón, con ascenso xeral de temperaturas. 07/07/14
- El expresidente de la Diputación de Ourense está imputado por cohecho
- Supuestamente recibió 6.000 euros días antes de las municipales de 2011
- La semana pasada fue juzgado por prevaricación en unas contrataciones