Pouco a pouco imos quedar baixo os efectos dunha vaga de calor. 15/07/14
O concello da Coruña estuda a sentenza do tribunal supremo que obriga a derrubar o edificio de vivendas, locais e despachos Conde de Fenosa. De executarse custaríalle ás arcas municipais da Coruña 45 millóns de euros // 35 días de folga na recollida do lixo en Lugo hoxe coa cidade algo máis limpa // O Deportivo comezou a preparar a pretemporada coas análises medicas e primeiros contactos entre os 19 xogadores e o novo adestrador Víctor Fernández. 14/07/14
35 días de folga na recollida do lixo en Lugo, hoxe coa cidade algo máis limpa. Durante a fin de semana Urbaser desprazou traballadores seus doutras localidades para retirar máis 200 toneladas de refugalllos e limpar e así evitar que o concello intervira a concesión do servizo // O candidato máis votado para liderar o PSOE nacional, Pedro Sánchez, tamén gañou en Galicia // O concello da Coruña estuda a sentenza que obriga a derrubar o edificio Conde de Fenosa, que lle custaría ás arcas municipais 45 millóns de euros // Tráfico intensifica desde hoxe os controis de alcohol e drogas nas estradas // O Deportivo comezou a preparar a pretemporada da súa volta á Primeira coas análises medicas. Foi a toma de contacto entre os 19 xogadores e o novo adestrador Víctor Fernández // A antiga estación de tren de Santa Cruz de Arrabaldo acolle o museo do traxe tradicional e o museo de automobilismo de Estanislao Reverter. 14/07/14
35 días de folga na recollida do lixo en Lugo, hoxe coa cidade algo máis limpa.
O candidato máis votado para liderar o PSOE. Pedro Sánchez, tamén gañou en Galicia // O concello da Coruña estuda a sentenza que obriga a derrubar o edificio Conde de Fenosa, que lle custaría ás arcas municipais 45 millóns de euros // Tráfico intensifica desde hoxe os controis de alcohol e drogas nas estradas. Ata o domingo, os axentes van multiplicar as probas de alcoholemia aos condutores, especialmente en zonas de lecer nocturno ou de festas // O Deportivo comezou a preparar a pretemporada da súa volta á Primeira coas análises medicas. Foi a toma de contacto entre os 19 xogadores e o novo adestrador Víctor Fernández. 14/07/14
La huelga de basuras en Lugo cumple ya 33 días y las negociaciones entre los trabajadores y la empresa concesionaria siguen bloqueadas. El ayuntamiento ha dicho que asumirá temporalmente la recogida si no llegan a un acuerdo antes del lunes.
Os pais de Asunta víronse hoxe no xulgado, nun encontro tenso e sen palabras entre eles, debido a que Alfonso Basterra descarga na súa exmuller o control dos medicamentos cos que presuntamente foi asasinada a súa filla // O concello de Lugo intervén o servizo de recollida de lixo a partir do luns, ante a falta de acordo entre empresa e traballadores // Abre ao tráfico mañá o vial Goián-A Guarda, de 10 kms, que aliviará o trafico denso nese traxecto do Baixo Miño. 11/07/14
Os pais da nena Asunta víronse hoxe no xulgado, nun encontro tenso e sen palabras entre eles, debido a que Alfonso Basterra descarga na súa exmuller o control dos medicamentos cos que presuntamente foi asasinada a súa filla // O concello de Lugo decreta a intervención temporal do servizo de recollida de lixo a partir do luns con técnicos municipal e a empresa pública Tragsa // Abre ao tráfico mañá o vial Goián-A Guarda, de 10 kms, que aliviará o trafico denso nese traxecto do Baixo Miño // Unha parella de Ourense recibe os 130 mil euros que encontraran á porta da casa, despois de que algún descoñecido lles tocase o timbre // Víctor Fernández, novo adestrador do Deportivo, conta xa con dúas novas fichaxes. O ex do Barça Isaac Cuenca e o lateral do Sporting Roberto Canella // O Circo do Sol fai parada días en Santiago co espectáculo Dralion, que leva quince anos de representación por todo o mundo.
Os pais de Asunta víronse hoxe no xulgado, nun encontro tenso e sen palabras entre eles, debido a que Alfonso Basterra descarga na súa exmuller o control dos medicamentos cos que presuntamente foi asasinada a súa filla // O concello de Lugo decreta a intervención temporal do servizo de recollida de lixo a partir do luns con técnicos municipal e a empresa pública Tragsa // Abre ao tráfico mañá o vial Goián-A Guarda, de 10 kms, que aliviará o trafico denso nese traxecto do Baixo Miño // Unha parella de Ourense recibe os 130 mil euros que encontraran á porta da casa hai catro anos. Entregáronllelos á policía, pero anos despois ninguén os reclamou // Víctor Fernández, novo adestrador do Deportivo, conta xa con dúas novas fichaxes. O ex do Barça Isaac Cuenca e o lateral do Sporting Roberto Canella. 11/07/14
A folga de recollida de lixo en Lugo parece encamiñarse cara unha próxima solución, ao retomárense esta tarde as negociacións entre traballadores e empresa e sobre un principio de acordo // A Xunta concédelle a Medalla de Ouro de Galicia ás vítimas do accidente de tren de Santiago e aos voluntarios que colaboraron no seu auxilio. Serálles entregada o 24 de xullo, no cabodano da traxedia // Víctor Fernández negocia na Coruña a súa posible fichaxe polo Deportivo como adestrador, en substitución de Fernando Vázquez, destituído hai dous días. 10/07/14
Optimismo en Lugo ante a probable e próxima fin da folga da recollida de lixo. Empresa e traballadores negocian sobre un principio de acordo para consolidarlles unha paga anual de 600 euros. A dise disposta a readmitir aos 11 traballadores // A asociación de usuarios de banca Adicae piden que se afonde na xestión dos exdirectivos de NGB e as indemnización millonarias que recibiron. Dino ante o anuncio de apertura de xuízo oral a cinco deles que cobraron dezaoito millóns de íeuros // 1 de cada 6 alumnos ten problemas para interpretar unha factura, e non acada o nivel básico de rendemento en cuestións de economía doméstica. Así o indica o último informe PISA, sobre formación // O adestrador Víctor Fernández está na Coruña para negociar co Deportivo a súa posible fichaxe polo clube // Na illa de San Simón un cento de rapaces participan nun curso de verán de música folk para instrumentos de corda. 10/07/14
Segunda reunión negociadora entre traballadores e empresa de recollida de lixo de Lugo co ánimo de por fin a 31 días de folga // Adicae pide afondar na xestión dos exdirectivos de NGB e as indemnización millonarias que recibiron // 1 de cada 6 alumnos ten problemas para interpretar unha factura, e non acada o nivel básico de rendemento en cuestións de economía doméstica // O adestrador Víctor Fernández está na Coruña para negociar co Deportivo a súa posible fichaxe polo clube. 10/07/14