Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unha nova fronte roza hoxe Galicia e déixanos ceo anubrado no oeste da comunidade, con chuvias na provincia da Coruña. En Ourense e no sur de Lugo gozan de tempo seco, con apertura de claros. 09/01/14

Prosegue na costa norte da provincia da Coruña a busca das dúas persoas que foron arrastradas polo mar na xornada de Reis. Esta tarde vai ser soterrado o outro familiar que tamén caera con eles. A lixería melloría no tempo permitiu hoxe buscalos tamén por mar // Confirman a coartada do home cuxo seme parece na camiseta de Asunta Basterra. Hoxe declararon por videoconferenica varios familiares seus e os dependientes do comercio no que asegurou estar en Madrid o que día que asasinaron a nena. Testemuños convicentes para a acusación popular mentres que o avogado de Rosario Porto cuestionaos // A Brilat tén novo xeneral xefe. É Luis Cebrián Carbonell que tomou posesión en Pontevedra. 08/01/14

En el caso Asunta, han declarado nuevos testigos. Entre ellos la novia del hombre cuyo semen apareció en la ropa de la menor. La mujer apoya la tesis de que no estaba en Galicia el día del crimen.

A mellora nas condicións do mar permite que as embarcacións de salvamento se sumen hoxe á busca dos dous desaparecidos en Valdoviño, un home de 50 anos e a súa filla de 25. Desde primeira hora da mañá reanudouse tamén, por segundo día, o dispositivo por terra e aire // Os familiares do home cuxo ADN coincide co seme atopado na camiseta de Asunta Basterra e mailos dependientes do comercio no que supostamente pasou a tarde confirman a súa coartada de que estaba en Madrid o día do asasinato // A fortuna sorrílle de novo a Galicia. Trala chuvia de millóns do sorteo do Neno en Monforte, agora un boleto do euromillón validado nesta administración de Noia resulta agraciado con máis de 65 millóns de euros. 08/01/14

A mellora nas condicións do mar permite que as embarcacións de salvamento se sumen hoxe á busca dos dous desaparecidos en Valdoviño // Os familiares do home cuxo ADN coincide co seme atopado na camiseta de Asunta Basterra confirman a súa coartada // Trala chuvia de millóns do sorteo do Neno en Monforte, agora un boleto do euromillón validado nesta administración de Noia resulta agraciado con máis de 65 millóns de euros. 08/01/14

Hoxe chega a Galicia unha nova borrasca, máis débil que a destes días pasados. Deixará ceos nubosos, con chubascos intermitentes, máis probables na metade oeste. Os ventos do sur serán moderados. 08/01/14

Segue, na costa de Valdoviño, próxima a Ferrol, a busca dos dous desaparecidos ao engulilos unha impresionante onda que remontou o cantil dende o que observaban a oleaxe // O corpo do outro desaparecido, membro da mesma familia, foi recuperado a pasada madrugada // Nunha estrada local de Mondaríz, en Pontevedra, o temporal abriu un fochanco de 25 metros. Entre os numerosos danos que causou o mar, figura tamén a destrucción do valo que rodea o Santuario da Virxe da Barca en Muxia, e unha nova rotura da pedra de Abalar, no mesmo santuario // Colas hoxe, na administración de lotería de Monforte onde se venderon as 40 series do número ao que lle tocou o Primeiro Premio no sorteo do Neno. Repartiu 120 millóns de euros incluídos os 40 millóns que levou o dono do premio especial. 07/01/14

Segue, na costa de Valdoviño, próxima a Ferrol, a busca dos dous desaparecidos .

Nunha estrada local de Mondaríz, en Pontevedra, o temporal abriu un fochanco de 25 metros // Colas hoxe, na administración de lotería de Monforte onde se venderon as 40 series do número ao que lle tocou o Primeiro Premio no sorteo do Neno. 07/01/14

Los equipos de emergencias buscan a tres personas arrolladas por una ola cuando paseaban en San Vicente de Meiras, en A Coruña. Máxima alerta en Galicia por oleaje, y en todo el Cantábrico que está en alerta naranja.